Información sobre o novo bono social eléctrico (ACTUALIZADO – SETEMBRO 2018)

bono-social-electrico

PRAZO PARA RENOVAR O BONO SOCIAL ELÉCTRICO ATA O 8 DE OUTUBRO DE 2018

O  Bono Social naceu como unha solución para rematar coa pobreza enerxética e está claro que é a mellor alternativa para evitar que o elevado e cambiante prezo da luz desestabilice aínda máis as minguadas economías domésticas, como está sucedendo nesta costa de xaneiro que vai rematarse coas facturas eléctricas en máximos históricos.

O novo Bono Social Eléctrico, que entrou en vigor o pasado 8 de outubro, pode paliar os efectos das recentes subidas nas facturas da luz, cun sistema de descontos para determinados colectivos que a continuación resumimos.

Que é o bono social?

Esta tarifa permite aforrar ata 180 euros ao ano, e por iso é a mellor tarifa que pode conseguir quen ten dereito a ela. Co Bono Social conséguese un desconto na tarifa regulada do PVPC do 25 %, está limitada a clientes con menos de 10 KW de potencia contratada e é compatible coa discriminación horaria. Pero unicamente pode solicitarse para a residencia habitual, polo que un mesmo titular non pode ter activada esta tarifa en dúas vivendas.

Quen pode acceder ao bono social?

Creáronse tres categorías de beneficiarios do bono social, con diferentes requisitos de acceso:

  • Os consumidores vulnerables. Considéranse así as unidades familiares sen menores que teñan unha renda anual inferior ou igual a 1,5 veces o IPREM (Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples). Tamén as unidades familiares onde haxa un menor e cuxos ingresos non superen dúas veces o IPREM. No caso de fogares con dous menores, o límite fíxase en 2,5 veces o IPREM. Esta categoría terá un desconto do 25% na súa factura.
  • Créase unha categoría de fogares vulnerables severos que teñen uns niveis de renda inferiores, que se establecen no 50% dos límites establecidos para cada categoría de consumidor vulnerable (ou sexa, 0,75 veces o IPREM se non hai menores, o IPREM en caso de que haxa un menor e 1,25 veces o IPREM con dous ou máis menores). Esta categoría terá un desconto do 40%.
  • Créase unha categoría de fogares vulnerables severos en risco de exclusión social. Son fogares nos que a administración local ou autonómica decide intervir contribuíndo co 50% do custe do subministro.

CONSULTA NESTA LIGAZÓN MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O IPREM

Ademais seguen sendo beneficiarios do Bono Social:

  • As familias numerosas, como ata agora, sen límite de renda, aínda que serán considerados consumidores vulnerables severos só se a súa renda anual é menor ou igual a 2 veces o IPREM.
  • Fogares con todos os integrantes pensionistas que perciban a contía mínima vixente. Se non superan o IPREM serán considerados fogares vulnerables severos.

En todos os casos, en fogares con colectivos especiais (discapacidade superior ao 33%, vítimas do terrorismo ou violencia de xénero), o punto de corte amplíase en 0,5 veces o IPREM.

CONSULTAR TÁBOA- RESUMO DE RENDAS

Consulta nesta aplicación se podes acceder ao bono social.

APLICACIÓN CIVIO

Subvenciónase todo o consumo?

Non. Agora póñense topes anuais, correspondentes a una gasto mensual de enerxía básico para cada tipo de fogar.

Como se solicita?

A aplicación do Bono Social non é automática. Hai que solicitalo por teléfono, fax, correo postal ou correo electrónico ao comercializador de referencia (COR), ou nas oficinas ou webs destas empresas. Salvo no caso das familias numerosas (namentres conten co título de familia numerosa) o Bono Social é necesario renovalo cada dous anos (como mínimo 15 días antes de que se cumpran os dous anos dende a aplicación do bono).

Para solicitar o bono social terás que contactar cunha comercializadora das que o ofrecen e presentar a seguinte documentación:

  1. Formulario do bono social cuberto e asinado.
  2. Fotocopia do DI ou NIE do titular e de todos los membros da familia maiores de 14 anos.
  3. Fotocopia do libro de familia ou a documentación individual do Rexistro Civil de cada membro da familia. Só en caso de Unidade Familiar.
  4. Certificado do empadronamento de cada membro familiar.
  5. Fotocopia do carné de familia numerosa (Caso de familias numerosas)
  6. Certificado dos servicios sociais ou cualquera organismo competente que certifique circunstancias como discapacidade igual ou maior ao 33%, vítima de violencia de xénero ou vítima de terrorismo.
img_45841

Dende Compromiso por Galicia A Baña queremos que a veciñanza estea ben informada sobre este tipo de Bono Social e animamos a todos os veciños e veciñas que poidan ser beneficiarios do mesmo que se poñen en contacto cos Servizos Sociais do Concello da Baña, que debe ser o organismo que resolva da maneira máis eficaz a xestión do Bono Social de todos os vecinos e veciñas. Así mesmo, tamén ofrecemos a nosa colaboración para aclarar, dentro das nosas posibilidades, posibles dúbidas ao respecto relacionadas coa información ou tramitación do mesmo.

Cremos que é necesaria unha implicación de todas as institucións para que a enerxía deixe de ser un negocio de grandes empresas e se converta nun dereito de todos e todas.

A enerxía é un dereito e non un privilexio.

Fontes:

www.ocu.es

http://www.iprem.com.es/

www.dicoruna.es

https://www.endesaclientes.com/preguntas-frecuentes/productos/solicitar-bono-social.html

http://www.productos.gasnaturalfenosa.es/hogar/pdfs/es/bono_social/Tabla_resumen_de_rentas.pdf?_ga=2.212511441.476194457.1515676341-2097284290.1515676340

https://www.iberdrolacur.es/webclipb/gc/prod/es_ES/estaticos/te-interesa/tarifas-reguladas/bono-social/docs/BOE-RD_897_2017-11505.pdf