INFORMACIÓN SOBRE COMO RECLAMAR POLOS CORTES DE SUBMINISTRACIÓN DE ELECTRICIDADE

Debido aos cortes de subministración de electricidade que sufriron os nosos veciños e veciñas nos últimos días cómpre informar á veciñanza de qué dereitos temos como consumidores e qué formas temos para reclamar por danos e prexuízos e esixir á empresa subministradora a pertinente indemnización.

Lembrar que debemos reclamar non só o feito de non dispoñer de electricidade nun período determinado, tamén todas as perdas derivadas polos cortes de subministro eléctrico: avarías en electrodomésticos, aparatos informáticos, alimentos que estaban refrixerados, perdas en explotacións gandeiras ou agrícolas, medicamentos, etc.

Tamén poñemos ao servizo dos veciños e veciñas da Baña a nosa colaboración para solucionar as posibles dúbidas sobre este tema e, se tedes dificultade para descargar os modelos de reclamación, poñer á disposición da veciñanza copias deses modelos na nosa sede. Podedes contactar con nós a través dos medios de sempre:

– Correo electrónico: abanha@compromiso.gal

– Facebook: /cxgabana

– Teléfono: 654157713

Cando tes un problema relativo á túa subministracion de luz, poderás dirixirte á túa comercializadora, a cuxos efectos a compañía ven obrigada a pór á túa disposición unha dirección postal, un servizo de atención telefónica con un número gratuíto, un número de fax o unha dirección de correo electrónico á que te poidas dirixir directamente.

UNIÓN FENOSA:

TELÉFONO DE AVARÍAS:  900 333 999

CORREO ELCTRÓNICO: csdistribucionelectricidad@gasnatural.com

CORREO POSTAL: Apartado de Correos nº 622 15080 – A Coruña

 

IBERDROLA:

TELÉFONO DE AVARÍAS: 900 224 522

RECLAMACIÓNS: 900 225 235

CORREO ELECTRÓNICO: clientes@iberdrola.es

CORREO POSTAL: Apartado de Correos nº 61090, 28080 – Madrid

 

Lembra, se presentas a reclamación vía telefónica, solicitar sempre o número de incidencia (recomendamos facer a reclamación por escrito).

Recorda que a normativa galega establece un prazo máximo dun mes para dar resposta ás reclamación de calquera consumidor, contado dende a súa presentación.

Asemade, cando se trata de reclamación relacionadas coa continuidade do subministro, a compañía debe darche unha resposta no prazo de 2 horas.

Así mesmo, a normativa específica do sector eléctrico establece un prazo de 5 días hábiles, para dar resposta ás reclamacións que presentes relativas a medida do consumo, ás facturas emitidas ou sobre os cortes indebidos, cando se trate de subministros con potencia inferior a 15 kw. No seu defecto, deberá indemnizarte con 30 euros por reclamación.

Tamén poderás dirixirte ante unha Organización de consumidores, onde poderán asesorar e tramitar a reclamación no teu nome.

https://www.ocu.org/

http://consumidores.gal/

http://www.acouga.eu/

Se presentada a túa reclamación ante a compañía e transcorrido un mes dende a presentación, esta non remitiu unha resposta ou fose desfavorable, poderás dirixirte ao  Instituto Galego de Consumo, quen fará de mediador entre ti e a empresa.

MODELO DE RECLAMACIÓN Á EMPRESA SUBMINISTRADORA

Neste modelo deberás escribir o nome da empresa subministradora á que te dirixes, a dirección, os días e horas que tiveches cortado o subministro e contía que lle reclamas (resultante da suma de todos os gastos: de ordenadores, electrodomésticos, produtos alimentarios ou perecedoiros, medicamentos, etc.  que sufriran desperfectos debido ao corte de subministración).

Debes saber que a controversia tamén poderá ser resolta a través do Sistema Arbitral de Consumo, mediante o que se poden resolver calquera conflito que afecte aos teus dereitos como consumidor, con independencia da contía. Este é un procedemento voluntario e gratuíto para ambas as partes mediante o cal un órgano arbitral emite unha resolución sobre a controversia plantexada (laudo). En todo caso, se ambas partes decidides sometervos a este procedemento debes saber que a resolución é vinculante e ten carácter executivo para ambos.

Actualmente, atópanse adheridas a arbitraxe de consumo en dereito as compañías eléctricas do grupo GAS NATURAL FENOSA (Gas Natural S.U.R., SDG, S.A.; Gas Natural Servicios, SDG, S.A. e Unión Fenosa Distribución) e as compañías IBERDROLA COMERCIALIZACIÓN DE ÚLTIMO RECURSO, S.A.U. e IBERDROLA CLIENTES S.A.U.

MODELO DE RECLAMACIÓN INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

Finalmente, tamén poderás dirixirte á DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA, que se atopa integrada dentro da Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia, que dispón dun servizo de atención aos consumidores de enerxía e no caso de que non sexa competente para a tramitación da consulta, queixa ou reclamación formulada dará traslado da mesma ao órgano competente e informaráseche tanto a ti como á empresa reclamada. Ou a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, integrada dentro da Consellería de Economía e Industria.

DIRECCIÓN XERAL DE INDUSTRIA, ENERXÍA E MINAS

FONTES DESTA INFORMACIÓN:

https://www.ocu.org

https://consumo.xunta.gal/