Información sobre as cláusulas chan e os gastos de formalización das hipotecas

INFORMACIÓN SOBRE AS CLÁUSULAS CHAN E OS GASTOS DE FORMALIZACIÓN DAS HIPOTECAS

Últimamente estamos a escoitar nos medios de comunicación aspectos relacionados coas hipotecas: cláusulas chan, reclamacións, tribunais, devolución de cartos, fraude, etc.

Son moi numerosos os termos que estamos a escoitar e a problemática relacionada coas nosas hipotecas é tan densa  e difícil de comprender para a cidadanía  en xeral, que dende “COMPROMISO POR GALICIA – A BAÑA” cremos necesario facer unha explicación a modo de resumo e tentar clarexar todo, para que cadaquén saiba se pode reclamar algo respecto á súa hipoteca e escolla, entre as formas existentes para reclamar, a que máis se acolla aos seus intereses persoais ou simplemente para obter información ao respecto.

Tamén poñemos ao servizo dos veciños e veciñas da Baña a nosa colaboración para solucionar as posibles dúbidas sobre este tema e poñer á disposición da veciñanza modelos de reclamación na nosa sede. Podedes contactar con nós a través dos medios de sempre:

– Correo electrónico: abanha@compromiso.gal

– Facebook: /cxgabana

– Teléfono: 654157713

CLÁUSULAS CHAN

Que son as cláusulas chan?

Trátase dun tipo de cláusulas establecidas nos contratos de préstamo hipotecario a interese variable (fundamentalmente Euribor), que prevén que, aínda que o tipo de interese baixe por baixo dun determinado limiar (“chan”), que se establece no propio contrato, a persoa consumidora seguirá aboando o correspondente a ese limiar e non á oportuna cantidade en virtude da baixada do interese variable.

              Como sei se a miña hipoteca ten una cláusula chan?

              O máis fácil para comprobar si unha hipoteca inclúe unha cláusula chan é consultar o contrato hipotecario, distinto da escritura de compraventa da vivenda. Nese documento, ese límite ao tipo de interese que lle cobra a entidade adoita aparecer no apartado de condicións financeiras.  Nas hipotecas é frecuente que  apareza na cláusula terceira ou terceira bis (aínda que pode parecer noutras) algo así:

“…o tipo de interese ordinario resultante do anteriormente pactado non poderá ser nunca inferior a TRES ENTEIROS POR CENTO ANUAL (3,00%)…”

“…fíxase o tipo de interese máximo no 9,750% nominal anual e o tipo de interese mínimo no 4,500% nominal anual.”

“…calquera que fora o que resultar da revisión do tipo de interese, o tipo aplicable de interese ordinario, así como o substitutivo, en ningún caso será superior ao 15,00% nin inferior ao 2,75%”.

“… Sen prexuízo do indicado anteriormente, o tipo de interese aplicable en cada período non poderá ser inferior ao 3% nominal anual nin superar o 12% nominal anual”.

             clausulas

clausulas 1

clausulas 2

Se ten dúbidas recomendamos sempre que se poña en contacto con persoal especializado para que revise a súa hipoteca, ao final desta páxina pode consultar ligazóns de interese .

Se ten dúbidas recomendamos sempre que se poña en contacto con persoal especializado para que revise a súa hipoteca, ao final desta páxina pode consultar ligazóns de interese .

Como teño que facer para reclamar se a miña hipoteca ten cláusula chan?

Na web do INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO recomendan seguir os seguintes pasos, de carácter gratuíto:

1.- Presente un escrito de reclamación ante o Servizo de Atención ao Cliente da entidade bancaria. A entidade dispón dun prazo de dous meses para contestar.

2.-Se transcorrido devandito prazo a entidade non contesta ou a contestación non é satisfactoria, débese presentar unha reclamación ao Banco de España, ben por vía telemática ou por escrito en modelo oficial, no Rexistro Xeral do Banco de España, en calquera das súas sucursais ou remitir por correo postal ao Departamento de Conduta de Mercados e Reclamacións. O Banco de España  dispón dun prazo de 4 meses para ditar resolución.

3.- Unha vez que o Banco de España se pronuncie de forma favorable ao consumidor, este poderá requirir á entidade o seu cumprimento. A entidade deberá dar cumprimento á resolución no prazo dun mes, en caso contrario poderá reclamar o seu cumprimento ante o Instituto Galego de Consumo.

Por outra banda, o afectado sempre poderá interpoñer a oportuna demanda xudicial.

GASTOS DE HIPOTECA

O Tribunal Supremo por sentenza de 23 de decembro de 2015 confirmaba a nulidade da imposición ao prestatario da obriga no pago das tarifas de Notario e Rexistrador así como do Imposto de Actos Xurídicos Documentados, derivados da escritura.

É dicir, unha cláusula da nosa hipoteca que nos obrigaba a pagar os gastos derivados de formalizar a hipoteca é declarada abusiva.

Estas cantidades correspondentes aos gastos da  hipoteca e que as entidades bancarias cobran ao formalizarse a mesma poden ser, segundo esta sentenza, reclamadas ás entidades bancarias.

Para facernos unha idea das cantidades que pagamos ao formalizar a hipoteca para unha de 100.000 euros poderíamos pagar sobre 1.700 euros  aproximadamente en conceptos de Rexistro, Notaría e Impostos, estas cantidades poderían variar e incrementaríanse segundo o capital da hipoteca.

Como teño que facer para reclamar os gastos da hipoteca?

Como punto de partida recoméndase presentar unha  reclamación no servizo de atención ao cliente da entidade bancaria presentando a seguinte documentación:

  • ESCRITURA DA HIPOTECA
  • AMPLIACIÓNS OU NOVACIÓNS POSTERIORES
  • RECIBO DE PAGO DE HIPOTECA (se segue vixente)
  • FACTURA DA XESTORÍA TRAMITADORA
  • FACTURA DO NOTARIO
  • FACTURA DO REGISTRO
  • CARTA DE PAGO DE IMPOSTO ACTOS XURÍDICOS DOCUMENTADOS
  • CERTIFICADO DE EMPADRONAMIENTO (só se é vivienda habitual)
  • ESCRITURA DE CANCELACIÓN DE HIPOTECA (se xa está cancelada)

*Normalmente esta documentación é entregada na notaría ou una xestoría onde formalizamos a hipoteca.

As entidades bancarias teñen un prazo de 2 meses para contestar á reclamación, e posteriormente o afectado poderá interpoñer a oportuna demanda xudicial..

LIGAZÓNS DE INTERESE:

WEB DO INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO ONDE SE PODEN DESCARGAR MODELOS DE RECLAMACIÓN ÁS CLÁUSULAS CHAN.

LIGAZÓNS PARA DESCARGAR MODELOS DE RECLAMACIÓN DOS GASTOS DA HIPOTECA:

https://www.dropbox.com/s/qgo8pq81k82b1m2/modelo_reclamacion_gastos_hipoteca.docx?dl=0

 

ASOCIACIÓN DE BANCOS, CAIXAS E SEGUROS DE GALICIA

ASOCIACION GALEGA DE CONSUMIDORES E USUARIOS

UNIÓN DE CONSUMIDORES DE GALICIA – Oficina de atención ao cliente en Bertamiráns e Milladoiro. Cita Previa no: 662 13 03 12

ORGANIZACIÓN DE CONSUMIDORES Y USUARIOS

ASOCIACIÓN DE CONSUMIDORES Y USUARIOS EN ACCIÓN

 

Fontes consultadas para a elaboración deste artigo:

http://consumo.xunta.gal/gl/informacion-sobre-clausulas-chan

http://www.abogadoszambrano.com

http://reclamarbanco.es/recuperar-los-gastos-de-escritura-y-notario-te-los-deben/

https://www.idealista.com/hipotecas/gastos-firma-hipoteca