Información sobre a ruta do Camiño de Santiago que pasa pola Baña.

A asociación Grandimirum de Zas comezou o ano pasado a traballar na reivindicación desta antiga ruta posxacobea ata Muxía co obxectivo de recuperar un anaco de historia do lugar.

No mes de setembro de 2016 esta asociación co apoio de outros colectivos e da veciñanza da Pereira, Santa Comba, San Cosme, Mazaricos, Baíñas e Berdoias, organizan unha camiñata dividida en catro etapas coa finalidade do recoñecemento do Camiño que antigamente pasaba por estes lugares.

INFORMATIVOS DA TVG SOBRE ESTA NOVA

Unha vez finalizado o camiño as Asociacións implicadas pretenden definir a ruta óptima para facer a marcaxe definitiva para futuros peregrinos e peregrinas, e empezar a facer os trámites pertinentes para conseguir o recoñecemento administrativo deste camiño. Cando a ruta estea definida tamén se dará a coñecer nos medios de interese de peregrinación.

Compromiso por Galicia ao enterarse desta iniciativa de reivindicación histórica ponse en contacto coa asociación Grandimirum para interesarse sobre este importante proxecto  e ofrecer a súa colaboración.

A asociación Grandimirum cóntanos que xa contactaran co Concello da Baña pero ata ese momento este non colaborara no proxecto, así que o 27 de outubro de 2016 presentamos unha moción, que foi defendida polo noso concelleiro César Ramos, e aprobada por unanimidade de todos os presentes co conseguinte compromiso do Concello da Baña de apoiar e colaborar en todo o necesario na promoción do proxecto.

Solicitamos no Concello da Baña información documental referente aos lugares do noso Concello que pasa a antiga ruta cara Muxía, xunto cun estudo histórico sobre esta ruta do Camiño de Santiago que nós ampliamos coa colaboración dun historiador e facemos chegar á asociación Grandimirum de Brandomil.

Posteriormente outros concellos por onde pasa esta ruta, como o de Santa Comba, Mazaricos ou Vimianzo foron aprobando sendas mocións de apoio á iniciativa.

Membros de Compromiso por Galicia asistimos a varias reunións cos colectivos que reivindican esta ruta posxacobea e comezamos a traballar na delimitación e posta en valor da mesma.

O Concello de Zas acorda, do mesmo xeito que o pasado ano, organizar unha andaina de catro etapas a realizar en sábados consecutivos percorrendo toda a ruta cara a Muxía coa finalidade de visibilizar e promocionar esta importante ruta posxacobea da cal xa hai documentación que data do século XIII.

CARTEL CAMIÑO 2017

Compromiso por Galicia A Baña quere sumar apoios a esta iniciativa e tamén promociona a etapa que pasa polo Concello da Baña a través das redes sociais e coa colocación de carteis informativos:

montaxe_cartel_ruta_muxia

Poñémonos, ademais, en contacto co alcalde da Baña para solicitar que o Concello  limpe axeitadamente as pistas polas que pasa o Camiño e marcar as mesmas cuns letreiros de cor azul (iguais aos de todos os Concellos polos que pasa esta vía). Este traballo é realizado pola cuadrilla municipal e a pista é acondicionada e está en perfectas condicións para ser transitada a partir do sábado 13 de maio, sendo todo un éxito a 2ª etapa do Camiño, aínda que botamos en falta a participación dos demais grupos políticos do Concello da Baña.

IMG_20170513_084613830

A continuación expoñemos a información elaborada polo Concello da Zas e os colectivos colaboradores sobre a 2ª etapa da ruta cara Muxía por Brandomil con información sobre os puntos que pasa do Concello da Baña.

delimitacion_etapa_bañaDende Compromiso por Galicia a Baña cremos que a promoción desta ruta do Camiño de Santiago cara Muxía é moi importante para o desenvolvemento do Concello da Baña, polo que seguiremos traballando todo o que poidamos na posta en valor desta antiga ruta e animamos a todos os colectivos da Baña a que tamén aporten o seu gran de area para que este proxecto, en pouco tempo, se convirta nunha realidade.

Máis información nas seguintes ligazóns:

http://xornalgalicia.com/galicia/2026-a-asociacion-grandimirum-finaliza-o-camino-santiago-muxia-pasando-por-brandomil

https://www.adiantegalicia.es/reportaxes/2016/03/10/el-olvidado-camino-a-muxia-por-brandomil-y-bainas.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/zas/2016/09/04/grandimirum-completo-segunda-etapa-camino-santiago-muxia/00031472930383833518962.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/zas/2017/05/14/pie-santiago-muxia-brandomil/0003_201705C14C11992.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/a-bana/2016/12/02/bana-ofrecen-apoyo-reconocimiento-camino-brandomil/0003_201612S2C6996.htm

http://www.lavozdegalicia.es/m/noticia/carballo/muxia/2017/04/03/vitalidad-turistica-camino-anima-investigar-rutas-olvidadas/0003_201704C3C1996.htm