Homenaxe á SD A Baña no seu 40 aniversario

cratel_40_aniversario_sd_baña

A agrupación local de CxG A Baña o día 29 de decembro  organizará un acto-homenaxe á “Sociedade Deportiva A Baña” para celebrar o 40 aniversario da súa fundación. O evento que comezará ás 16:30 horas, consistirá nun partido de fútbol amigable que enfrontará aos equipos de veteranos da Baña e Negreira.

33653657_10216537582622459_9206836949636087808_nA BAÑA VETERANOS
negreira veteranosNEGREIRA VETERANOS

No descanso do encontro o secretario local e concelleiro de CxG, César Ramos, fará entrega dun galardón a todos os presidentes da historia da SD, como recoñecemento a todas as directivas da Baña e o seu importante labor no desenvolvemento cultural e deportivo do noso Concello. Os homenaxeados serán:

– Sergio Vieites Andrade (actual presidente).

– Raúl Mayo García.

– José Teodoro Paredes Barcia.

– José Manuel Ramos Freita.

– Constantino Tourís Fernández.

– Victorino García Pazos.

– Antonio Negreira Ramos.

– José Manuel García Barreiro (Bernabeu).

– Francisco Villaverde Marcos.

– Antonio Martínez Fernández (O Cubano) homenaxe póstuma.

– José Manuel Estévez Vázquez (Casaleto), por ser o eterno colaborador e traballador incansable da SD A Baña.

Ao finalizar o encontro, na cantina do campo municipal degustaranse uns petiscos.

finalista_copa_sar

foto_sd_paco  foto_sd_paco_001img-20140917-wa0013DIFERENTES PLANTEIS DA HISTORIA DA SD