Hai futuro no sector gandeiro

Si o hai, pero non debemos abandonalo a súa sorte. As verbas de Xan Ramos, Mariano Pazos e o homenaxeado Amador Rodríguez Troncoso ilustraronnos cales son os problemas que sofre este sector tan importante para Galicia tratando as causas e as consecuencias. Pero non só falaron dos problemas, senon tamén de posibles solucións: Unha maior implicación das administracións, con políticas eficaces, que realmente sexa un apoio para os gandeiros. Tamén a falta de industrias que procesen o producto aquí, pois iso produciría moitos postos de traballo no país. Apostar polo  i+d+i neste sector, buscando melloras e novos productos para a súa comercialización. A gran importancia da cooperación entre os gandeiros, que se vexan entre eles como un apoio e non como o inimigo a bater. E sobre todo, a concienciación da sociedade dándolle valor ao noso.

Con anabel

Abreu o acto a nosa compañeira Anabel Pereira, que presentou aos convidados. Amador fixo unha retrospectiva da historia deste sector na nosa comarca. Puntualizou que visto o visto agora, foi el un dos culpables de estar agora nesta situación, xa que el, axente da 1ª oficina de Extensión Agraria en Negreira, foi un dos promotores en introducir a vaca frisoa na comarca. Non lle falta humor, bo indicativo da súa forte saúde aos seus 93 anos.

Foto dos tres expoñentes

Continuo Mariano Pazos comentando as causas polas que se chegou a este punto e no que as explotacións galegas son tan rendibles como as holandesas, alemanas ou francesas. O que hai alí é un forte apoio dos seus gobernos a este sector. E falou do incumprimento da industria do pacto para obter prezos no leite en orixe sostible. E da cooperación, eliminando a idea de que a explotación veciña é o inimigo a bater.

Remataba Xan Ramos esta exposición falando sobre a súa experiencia. Veu incidindo na necesidade de crear cooperativas fortes, poñendo o exemplo de Coren, e que a xente que se poña a fronte debe coñecer o sector, deixando os personalismos e pensar no ben das cooperativas. Contounos un par de anécdotas, como cando lles mostrou a súa explotación a unhas persoas de fóra e lle preguntaron qué canta auga precisaba para regar o millo.

Tralas súas amenas e interesantes disertacións deuse paso a un debate entre o público e os expoñentes. Onde se tratou outros problemas como é o abandono do rural, a falta de políticas eficaces en defensa deste, ou da comparación entre a situación en Francia e aquí.debate do publico

Rematou o acto coa intervención de César Ramos, na que agradeceu a asistencia do público e anunciou a entrega dunha placa a Amador Rodríguez Troncoso, que recibiu de mans do secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas. Unha homenaxe pola súa labor como Axente de Extensión Agraria, 1ª axencia do país, e ao seu apoio ao desenvolvemento do sector agrario no Val de Barcala.Entrega placaEntrega 2