Felicitación de Nadal de César Ramos

postal_compromiso_2018

Aproveito estas datas tan entrañables, cheas de maxia e tradición familiar, de tantos momentos rodeados de familiares, amigos e amigas, para desexarvos a todos e todas un bo Nadal cargado de paz e ledicia. Que o tempo de Nadal leve aos vosos fogares a farura do amor familiar e a ledicia de vivir en paz nun mundo máis solidario. Desexo que para o 2019 gocedes dos mellores éxitos persoais e profesionais e que este novo ano sexa magnífico para o noso Concello e veña cargado de felicidade e prosperidade para todos e todas.

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!!

“Hai un vento cheo de frío
apousado nos camiños.
E no ar un asubío
todo cheo de aloumiños.
pero un vento milagreiro
nascerá pol-o Nadal.
Brilará coma un luceiro
pra alomear o portal”.
Manuel María (1951).

foto_logo_negroCésar Ramos, secretario local e concelleiro de Compromiso por Galicia A Baña.