Falta de claridade e escurantismo por parte do Concello no proxecto da reitoral de Monte

montaxe_reitoral_noticias

O pasado mes de abril saltou á prensa, en concreto a “El Correo Gallego”, de forma sorpresiva a nova de que Rocío Mosquera (exconselleira de sanidade do PP) aseguraba que a Casa Reitoral de S. Mamede será unha casa fogar para nenos discapacitados, e tal como especifica a propia nova, di textualmente “ya está prácticamente cedida, después de hablar con el Arzobispado y el Concello de A Baña, la rectoral de San Mamede de Monte, donde tendremos espacio para ocho chavales”.

Lembremos que no proxecto da casa reitoral de S.Mamede investiuse dende o ano 2009 máis de 500.000 euros en subvencións públicas e foi un punto principal do programa electoral do Partido Popular da Baña en todas as eleccións municipais dende ese ano (incluso nas últimas eleccións de 2015), continuamente incumprido. O alcalde prometeu lexislatura tras lexislatura que nestas instalacións se ía crear unha vivenda comunitaria (máis tarde fogar residencial) para acoller persoas maiores desfavorecidas do Concello da Baña.

No momento de saír esta nova, Compromiso por Galicia pide explicacións ao executivo de Andrés García Cardeso e solicita que aclare esta situación pedindo responsabilidades políticas por ocultar a información respecto a este proxecto, mentir reiteradamente á veciñanza e investir unha enorme cantidade de cartos nunhas instalacións que son propiedade da igrexa (o Concello ten unha concesión de 20 anos para a utilización destas instalacións). Na nosa páxina web tamén publicamos un artigo documentado con toda a información sobre este proxecto.

VER ARTIGO SOBRE A REITORAL

En todos os plenos ordinarios dende que houbo movementos respecto a este proxecto, Compromiso por Galicia interesouse polo proxecto da Reitoral e foi moi crítico coa actitude do alcalde e coa  incompentencia do seu grupo político ao respecto, sendo Compromiso o único grupo político interesado por este tema en moitos destes plenos. Remarcando que Compromiso apoiaría o proxecto da Asociación Anxiños, sempre e cando se explique a razón de mentir reiteradamente á veciñanza, o porqué de non seguir adiante o proxecto da creación dunha vivenda comunitaria e que se adopten responsabilidades políticas.

Este é un fragmento do que dixo o señor alcalde no último pleno ordinario de 29 de novembro sobre o proxecto da reitoral:

Nas seguintes ligazóns podemos ver as intervencións do noso concelleiro, César Ramos sobre este tema noutros plenos ordinarios:

PLENO DE 31 DE MAIO

PLENO DE 1 DE AGOSTO

PLENO DE 27 DE SETEMBRO

Así mesmo en Radio Negreira, César Ramos, tamén partillou varias veces sobre o proxecto da Reitoral de S. Mamede e mostrou a indignación veciñal e de Compromiso por Galicia respecto a este proxecto. A continuación podemos escoitar unha entrevista que lle fixeron a César Ramos sobre o proxecto da reitoral de S. Mamede.

ENTREVISTA EN RADIO NEGREIRA SOBRE A REITORAL

Dende o mes de abril, a semana antes dos plenos de setembro e novembro Compromiso por Galicia tamén entrega unha pregunta escrita no Concello da Baña (que o rexedor ten a obriga de contestala no pleno ordinario), para que se avancen os movementos realizados polo Concello da Baña.

PREGUNTA ESCRITA DE 24 DE NOVEMBRO

PREGUNTA ESCRITA 25 DE SETEMBRO

Aínda que, como se pode observar as respostas que dá o señor alcalde son moi ambiguas e pouco clarificadoras, incluso desminte publicacións realizadas do propio Concello da Baña e non ofrece información concreta:

respostas_alcalde_cxg_pleno_setembro_2017-4 preguntas_de_Compromiso_por_Galicia_pleno1_agosto-1

Compromiso por Galicia tamén mantivo conversas e reunións coa presidenta da Asociación Anxiños coa finalidade de obter máis datos e coñecer de primeira man os movementos realizados, xa que dende o Concello da Baña como dicimos, a información trasmitida é insuficuente e non clarificadora.

Moitos veciños e veciñas se puxeron en contacto con nós para interesarse polo proxecto, de feito foi un asunto principal da Asemblea Veciñal celebrada na nosa sede o pasado 7 de outubro, e nós ofrecémonos a continuar escoitando opinións e/ou consellos e comprometéndonos como até agora a ser a voz da veciñanza nos plenos municipais levando calquera pregunta ou iniciativa que nos propoñan.

Con todo, rematamos este artigo anunciando que seguiremos traballando sempre en beneficio dos veciños e veciñas da Baña, na mellora da trasparencia e participación veciñal e esixindo información e responsabilidades políticas.

NON PODEMOS PERMITIR QUE SE SIGA ENGANANDO DESTE XEITO Á VECIÑANZA!