David Gontán Varela, o noso nº 2.

Trillo

Naceu en Ceilán na parroquia de Monte fai 35 anos. Fillo de Elena e Manolo, é o mais novo de catro irmáns. Seus pais tiveron un negocio en Ceilán: unha ferretería e unha fontanería, que agora dirixen os seus fillos, .

É graduado en Traballo Social pola Universidade de Santiago de  Compostela, colexiado Nº 3761, ademais é técnico medio e superior en  actividades Físicas e Deportivas, asi como monitor titulado de Pilates e Hipopresivos.

Actualmente traballa no ximnasio municipal do Concello de Santiago de Compostela, como monitor deportivo e socorrista. Sempre traballou ligado o deporte, primeiro nunha empresa de ocio e tempo libre organizando actividades tales como escolas deportivas e campamentos, en contacto directo coa administración pública.

É desde o 2014 secretario de Organización da agrupación de Compromiso por Galicia A BAÑA. Foi despedido como traballador do ximnasio municipal de Santa Comba tras acceder ao goberno deste concello o PP tras unha moción de censura feita polo PP e Terra Galega ao PSOE, mais este despido foi cualificado como improcedente por unha sentenza do Xulgado do Social nº 3 de Santiago.