David Gontán Varela, nº 3 de Compromiso por Galicia

Ten 31 anos, veciño de Seilán. É graduado en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é Técnico Superior de Actividades Físico-deportivas, o que se leva dedicando máis de 10 anos.
Actualmente traballa nunha empresa de xestión deportiva, onde desenvolve os cargos de coordinador de empresa, socorrista e monitor de pilates. Traballa de forma directa para concellos, e desenvolve proxectos tales como campamentos, escolas deportivas, organización de eventos…
http://www.lavozdegalicia.es/…/07/27/0003_201107B27C2995.htm

Ocupou postos na directiva do equipo da SD A Baña, onde tamén foi xogador. Ademais colabora na organización das festas de Seilán.

Por primeira vez forma parte dunha lista electoral. Decide dar o paso porque pensa que o concello necesita un cambio, cambio que ten que levar a cabo a xente nova, e cre que pode aportar a súa experiencia persoal no traballo cos concellos.

“Se facemos as cousas doutra maneira, teremos resultados diferentes”

trillo 2