CxG SOLICITA PARTICIPAR NA CAMPAÑA “CONCELLOS EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2019″

Dende CxG queremos que o Concello da Baña participe na Campaña “En negro contra as violencias”, dea visibilidade e loite contra unha verdadeira lacra social como é a violencia de xénero. Por iso volvemos entregar a moción que fora rexeitada polo anterior goberno municipal no ano 2017.

COMPROMISO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO TODOS OS DÍAS DO ANO

 

rpt

MOCIÓN DE ADHESIÓN Á CAMPAÑA “CONCELLOS EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”

A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo feito mesmo de selo, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada. Segundo os datos da última macroenquisa de violencia contra as mulleres realizada no 2015 polo Ministerio de Sanidade, Servizos Socias e Igualdade, un 13% das mulleres residentes en España de mais de 16 anos declaran ter sufrido violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida por parte da parella ou exparella.

No que vai de ano e no estado español 42 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas (1017 se nos remontamos ao 2003), ademais 3 menores de idade foron asasinados en 2019, vítimas da violencia de xénero exercida contra as súas nais. En Galicia no que vai de ano xa son cinco as mulleres asasinadas este ano por violencia machista.

Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, no 2015, o Concello de Santiago puxo en marcha a campaña de sensibilización Compostela, en Negro, na que se implicaron arredor de 300 establecementos comerciais e axentes sociais do municipio, que se converteron en embaixadores da mesma.

A acción consistiu en tinguir de negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.

Partindo desta boa práctica, e coa finalidade de multiplicar e estender a incidencia social desta campaña, en anos seguintes uníronse máis entidades locais chegando a participar o pasado ano un total de 102 concellos e 3 deputacións provinciais.

Por todo o anterior Compromiso por Galicia A Baña PROPÓN AO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO:

  • Que o Concello da Baña se adhira á campaña “Concellos en negro contra a violencia de xénero” e fomente a participación e colaboración entre todos os colectivos e empresas do municipio.
21271209_1570280803028916_4588406062586099822_n