CxG solicita ao novo grupo de goberno máis atención pola Vía Mariana

O secretario local e concelleiro de Compromiso por Galicia, César Ramos, vén de entregar unha moción no rexistro municipal dirixida a José Antonio Pereira Gil, alcalde do Concello da Baña, solicitando que se adecente e sinale axeitadamente a Vía Mariana ao seu paso polo Concello da Baña.

DESCARGAR INSTANCIA

CxG é o único colectivo que representa á Baña na promoción do Camiño a Muxía e da Vía Mariana

CxG xa en outubro de 2016 defendeu unha moción no pleno municipal para recuperar e poñer en valor a ruta do Camiño a Santiago a Muxía e que pasa pola Baña. VER MOCIÓN Posteriormente colaboramos en todo este tempo cos demais colectivos doutros Concellos neste traballo de promoción até o punto de que xa existe publicada unha guía turística da ruta postxacobea do Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil.

presentacion camiño brandomilCésar Ramos (terceiro pola esquerda) xunta ao historiador Manuel Vilar e membros dos colectivos promotores na presentación da Ruta do Camiño en Brandomil

En maio de 2017 tamén publicamos un artigo nesta mesma páxina web dando información sobre esta ruta postxacobea que pode ser importante para o desenvolvemento turístico do Concello da Baña. VER ARTIGO

via marianaDESCARGAR PDF CON INFORMACIÓN SOBRE A VÍA MARIANA LUSO-GALAICA

A Vía Mariana é unha ruta a pé que vai dende o Santuario do Monte Sameiro (Braga) ata o santuario da Virxe da Barca en Muxía pasando por diferentes santuarios marianos do norte de Portugal e o sureste de Galicia.

mapa_via_marianaItinerario da Vía Mariana Luso-Galaica

En Compromiso por Galicia A Baña, que estamos asociados coa Vía Mariana, levamos tempo traballando na súa promoción e posta en valor ata o punto que o noso traballo fixo que a primeira parada no camiño cara Muxía sexa no lugar de Ceilán (A Baña) para despois pasar polas parroquias de Barcala,S. Cibrán, Ordoeste (visitando a igrexa de Sta. María), Corneira e A Riba.

IMG_20190321_121657407César Ramos xunto con Luis do Freixo e a súa dona acompañando á primeira peregrina da Vía Mariana ao seu paso por Ceilán (A Baña)

Nos últimos días vemos que está crecendo o número de peregrinos que están percorrendo a Vía Mariana pero atopámonos en que o tramo que vai dende a igrexa de Sta. María de Portor (Negreira) e atravesa o Concello da Baña ata o Concello de Santa Comba non está debidamente sinalizado e adaptado para o paso de camiñantes. Unha boa sinalización e unha boa indicación ás construccións que se poden visitar resulta esencial para que os camiñantes realicen ese tramo e non se desvíen polo Camiño a Fisterra.

Solicitamos ao Concello da Baña que faga xa traballos de sinalización e adecentamento de ambas rutas

Dende CxG levamos tempo reclamando ao anterior goberno municipal que prestara maior interese pola promoción do Camiño a Santiago por Muxía e a Vía Mariana, que adecentara os camiños e sinalara debidamente as rutas, ata o punto que solicitamos que se creara un albergue municipal para acadar un maior número de peregrinos e dese xeito atraer turismo ao noso Concello.

Agora tamén solicitamos ao novo grupo de goberno, encabezado polo señor Pereira Gil, que o Concello da Baña realice, canto antes, labores de sinalización e adecentamento do tramo da Vía Mariana ao seu paso polo noso municipio, para que os e as camiñantes teñan a indicación idónea da ruta a seguir e dese xeito a Vía funcione como un reclamo turístico para o noso Concello.