Cuestións sobre a sentenza a favor do recoñecemento da antigüidade do persoal laboral do Concello.

César Ramos Domínguez, concelleiro da actual Corporación Municipal e representante local de Compromiso por Galicia no Concello da Baña ao abeiro da lexislación vixente, presenta a seguinte

PREGUNTA ESCRITA PARA A SÚA RESPOSTA NO SEGUINTE PLENO ORDINARIO

O pasado mes de febreiro tivemos constancia a través da prensa e de comunicacións do sindicato CSI-CSIF de que o Xulgado do Social nº 3 de Santiago de Compostela condenaba ao Concello da Baña a recoñecer e pagar a antigüidade do persoal laboral que desempeña as súas funcións na sede consistorial, obrigando a este a restituír as cantidades anteriores á demanda e que non prescribiran, así como as que se deveñan ata a data da sentenza e, incrementadas nun 10 % de intereses. A denuncia foi interposta pola Central Sindical Independente e de Funcionarios tras fracasar a vía administrativa para que o convenio colectivo para oficinas e despachos a nivel provincial resultase de aplicación para os traballadores municipais.

Por esa razón, COMPROMISO POR GALICIA, quere ter resposta á seguintes cuestións:

  • O Concello da Baña interpuxo algún recurso ante esta sentenza?
  • Cantos traballadores e traballadoras do Concello se ven afectados?
  • Segundo o contido da sentenza qué cantidade se lle ten que aboar aos traballadores e traballadoras do Concello da Baña?
  • Cal é a valoración que fai o grupo de goberno referente á devandita sentenza?