Crónica e vídeo do cuarto pleno extraordinario

Curto pleno o celebrado hoxe, no que estivemos dacordo sobre as correccións da acta do anterior pleno extraordinario e do proxecto do PAS 2016 “Melloras  de accesos á Polideportiva (Seoane) e Igresario (Ordoeste)”. Compromiso tamén apoiou o investimento do PAI 2016, que se destinará para a mellora da estrada Espesedo – Carballeira.