CRÓNICA DO PLENO ORDINARIO E URXENTE DE 5 DE FEBREIRO DE 2020

A sesión dá comezo puntual ás 10:00 horas coa ausencia do concelleiro do Partido Popular, Manuel Landeira.

IMG_20190925_194810986David Gontán e César Ramos, concelleiros de CxG

A orde do día é a seguinte:

WhatsApp Image 2020-02-04 at 16.04.16

Imaxes íntegras da sesión da canle de Youtube do Concello da Baña
  1. Carácter Urxente do pleno

Isto foi o que dixo, César Ramos, neste pleno: “Non nos parece urxente, xa que o grupo de goberno debería prever que podían existir reclamacións en prazo. Pensamos que non era necesario convocar este pleno con carácter urxente. É so una mostra máis do descontrol e a improvisación que goza este grupo de goberno”.

Este punto apróbase co voto a favor de PP e PSOE e a abstención de CxG.

  1. Resolución dos recursos de reposición ao expediente de contratación do IDAE.

O concelleiro de CxG, César Ramos, toma a palabra e di o seguinte: “Estamos no terceiro pleno urxente convocado por este grupo de goberno. O 3º en escasos 7 meses de lexislatura, cando na anterior lexislatura coido que só houbo 4 plenos urxentes (en 4 anos). Convócase este pleno debido a dúas reclamacións que entraron en tempo en forma e que solicitan a impugnación da contratación.

Consciente ou inconscientemente vostedes mentiron no pleno anterior.

O mércores pasado dende CxG preguntamos se había algunha reclamación a maiores da que nos entregara documentación o secretario e vostedes contestaron por dúas veces que non. Pois despois decatámonos que había dúas. Agora explícannos que foi un erro, pero o certo é que vostedes mentiron no pleno. Fora consciente ou inconscientemente, pero mentiron.

E so hai dúas posibilidades: que mentiron sendo conscientes ou que nesta entidade local hai algo que non funciona. Non é posible que entre unha reclamación en prazo e que se traspapele ou que non se atope. Iso que foi unha reclamación entregada telematicamente. Din vostedes que foi un erro… (como quen tropeza pedra) e é algo inadmisible. Sexa unha ou outra posibilidade, poñan vostedes un remedio a esta situación ilóxica.

Unha vez que atopan a reclamación, vostedes xa encargan ao secretario un informe (no que se desestiman estes recursos) para aprobar nun pleno urxente. Non esperan vostedes nin a que o IDAE conteste á solicitude de prórroga que solicitou este Concello.

E convocan este pleno, ás 10.00 horas, dándonos incluso menos tempo á oposición para estudar toda a documentación, cando o luns informei nunha reunión que necesitabamos máis tempo para estudar a documentación. Vostedes estiveron os últimos 24 anos na oposición, deberían saber que a oposición necesita tempo para mirar e estudar todo (nós non somos enxeñeiros e necesitamos consultar). Pero ese é outro tema.

Poden comprobar que a luminaria que indica este proxecto non aparece por ningún lado, nin aparecen as súas prescricións técnicas.

A reclamación da empresa LUG di que o proxecto redactado por PROINGAL fala dun tipo de luminaria concreta. A LEDISSON SHARK, que poden comprobar vostedes que non aparece en nigún sitio, poden buscar en internet. Nin incluso no catálogo desta empresa.

Cando mercas un coche tes que saber con antelación que prestacións ten. Aquí estamos falando de algo que ninguén coñece. A única opción sería mirar a farola e comprobar as características técnicas da luminaria, pero esa luminaria non aparece por ningún lado. Dadas as deficiencias deste proxecto non podemos votar a favor.

O punto é aprobado co voto favorable de PP e PSOE e a abstención de CxG.