Crónica do pleno ordinario de 30 de outubro de 2019. O alcalde da Baña segue negándose a negociar o seu salario e rexeita os 30.000 euros de CxG.

A sesión comeza puntual coa asistencia de toda a Corporación e Francisco Pérez, novo concelleiro do PP que fará a a promesa do seu cargo en devandita sesión.

Imaxes da sesión ofrecidas polo Concelo da Baña na súa páxina oficial

A orde do día foi a seguinte:

74878872_2662135373843448_8251553888482623488_n

1.- Francisco Pérez Redondo, TOMA DE POSESIÓN COMO CONCELLEIRO DA CORPORACIÓN

O novo concelleiro promete o seu cargo e os tres grupos políticos danlle a benvida e felicítano polo novo cargo.

2.- APROBACIÓN DAS ACTAS ANTERIORES

Todos os grupos políticos votan a favor da aprobación das actas anteriores. César Ramos, manifesta que a acta do pleno extraordinario do sorteo das mesas electorais contén os datos persoais das persoas elixidas, xunto co seu domicilio e documento de identidade, polo que pregunta se respecta a Lei de Protección de Datos. O señor alcalde contesta que na acta que se vai publicar non constarán eses datos.

Todas as actas anteriores son aprobadas por unanimidade.

3.- APROBACIÓN SE PROCEDE DOS RÉXIMES RETRIBUTIVO DA ALCALDÍA E CONCELLEIRA.

O señor alcalde volve presentar a mesma proposta que foi rexeitada pola oposición na anterior sesión, 34.000 euros de retribución anual para o alcalde e 12.000 euros para a segunda tenencia de alcaldía.

“O señor alcalde segue sen querer negociar este punto e rexeita aprobar un soldo de 30.000 euros brutos anuais”

O señor Pereira segue sen querer negociar con CxG este punto e prefire continuar esixindo. Lembramos que dende CxG levamos meses ofrecéndonos a falar para chegar a un acordo referente a este punto e o alcalde rexeita esa posibilidade. Isto foi o que dixo o portavoz de CxG neste punto:

“Remitímonos ao dito en sesións anteriores, xa se falou moito sobre as remuneracións do grupo de goberno e penso que xa está todo falado e as posturas están claras. Dende CxG xa lle transmitimos a nosa proposta que foi aprobada en asemblea, se quere que as súas remuneracións sexan aprobadas rebaixe a cantidade da súa remuneración a 30.000 euros hoxe e CxG votará a favor. Se non é así, como xa mencionamos anteriormente, en CxG decidimos en asemblea, que calquera outra cantidade será votada en contra”.

PP e CxG votan en contra das remuneracións da alcaldía e segunda tenencia de alcadía e PSOE vota a favor, polo tanto non se aproban ambos os dous puntos.

4.- MOCIÓNS E ROGOS E PREGUNTAS

Ao non existir ningunha moción dos grupos políticos, pásase ás quendas de rogos e preguntas.

IMG_20191030_194928096
David Gontán e César Ramos momentos previos ao comezo da sesión

Dende CxG, César Ramos e David Gontán formulan as seguintes cuestións:

“O señor alcalde non nega que nunha reunión cos traballadores/as do Concello mencionara a expresión “se me joden, eu jodo”

  1. No pasado pleno deixáronnos un pouco sorprendidos (non só a nós senón tamén a moitos veciños e veciñas que nos piden que fagamos esta nova pregunta) as declaracións do señor alcalde, cando confirmou con total naturalidade que tivera unha conversa con traballadores ou traballadoras do Concello, na que deu unha charla sobre o “sixilo profesional” e na que recoñeceu que nesa conversa saeu o nome de CxG. Nós xa dixemos no anterior pleno que o alcalde non é ninguén para coartar a liberdade de expresión de ningún traballador/a e de impedir que estes se comuniquen con quen queiran, sempre que respecten a lei de protección de datos. Hai quen interpretou esa conversa como unha ameaza. A nosa pregunta é, vostede dixo textualmente nesa conversa (perdoen a expresión pero son palabras textuais) “se me joden, eu jodo”?
  2. Respecto ás ofertas de traballo que saen publicadas no Facebook do Concello. Solicitamos que se ofreza a publicación deste tipo de anuncios a toda a veciñanza, sempre e cando non sexan sexistas e cumpran uns principios básicos de tolerancia e respecto.

O Concello da Baña agora decide comentar por Facebook a veciños ou veciñas que eles consideran. Esiximos máis obxectividade.

  1. Relacionado co Facebook oficial do Concello da Baña anteriormente contestóusenos que só podían publicar 5 perfís (2 da empresa de comunicación ALICENTIS e tres traballadoras do Concello que fan labores de corrección lingüística). O 25 de outubro escribiuselle un comentario a unha persoa que fixo unha crítica a unha publicación. Nel dise, entre outras, comentarios tan pouco obxectivos como: “Dende o Concello traballamos a reo” “gustaríanos acometer estas obras con maior celeridade”, “lamentamos que te sintas deste xeito”. A pregunta é: quen é o responsable de escribir estes comentarios? Quen decide que se conteste a este comentario en concreto e non a outros? Dende CxG solicitamos máis obxectividade na xestión do Facebook municipal.
  2. Gustaríanos felicitar, igual que fixeramos anteriormente co grupo de goberno da anterior lexislatura pola organización do Trail Campagnolo, pensamos que a organización deste tipo de eventos deportivos a priori son positivos para a promoción de hábitos saudables ademais de promocionar o nome do noso Concello. Respecto a esta actividade queremos saber o orzamento final da actividade, o motivo polo que non se entregaron camisetas conmemorativas serigrafiadas co nome do noso Concello (son moi importantes para promocionar e incentivar a participación en futuras edicións) e o motivo polo que non hai ningún patrocinador do Concello da Baña (sempre falan vostedes de promocionar empresas e negocios do noso Concello e neste caso nin unha soa empresa, nin o speaker no propio evento, nin nas redes sociais, nin nos carteis).
  3. Queremos saber o motivo polo que se suspendeu a ruta BTT que se adiara para este mes de outubro.
  4. A pregunta nº 13 do anterior pleno que facemos referencia ao compromiso da alcaldía a que todos os grupos políticos formaran parte da “selección de persoal” foi un erro noso, referiámonos ás “mesas de contratación”. Nos antecedentes só vemos que convoca vostede a concelleiros do PSOE. Mentiunos vostede a comezos da lexislatura ou vai convocarnos nas seguintes?
  5. Solicitamos a limpeza dun camiño no lugar de Vigobó (parroquia da Riba) que nos comenta a veciñanza que se limpaba todos os veráns e que este ano non o fixeron (ADXUNTAMOS FOTOS PARA UBICAR O LUGAR).
  6. Solicitamos que se respecte a lei de protección de datos, xa que volveron enviar aos concelleiros e concelleiras os resultados do sorteo das mesas electorais cos DNIs e a dirección. Xa o comentáramos con anterioridade.

O grupo de goberno non cumpre nin as mocións aprobadas que eles mesmos defenderon na anterior lexislatura

  1. En xullo de 2018 foi aprobada unha moción defendida polo PSOE para INSTAR AO CONCELLO DA BAÑA A REALIZAR UNHA CAMPAÑA DE SINALIZACIÓN CON PICTOGRAMAS EN EDIFICIOS E INSTALACIÓNS PÚBLICAS. Volvemos solicitar, igual que fixeramos naquel momento, que se valore participar no proxecto de Accesibilidade nos Concellos Galegos da Federación de Autismo Galicia que conta co apoio da ONCE e da Xunta de Galicia e que xa se dedica a establecer criterios técnicos comúns sobre a accesibilidade, elaborar materiais informativos e controlar o desenvolvemento do proxecto. Neste proxecto xa están participando moitos concellos galegos”.
  2. Volver solicitar que se valore participar no programa “xantar na casa” xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e ao que están adheridos 164 Concellos. Esta mesma suxestión xa a fixeramos en febreiro de 2017.
  3. Solicitamos explicacións do grupo de goberno sobre a nova publicada estes días na prensa na que se informa de que o alcalde da Baña solicitou na Deputación, unha mellora da estrada de Ceilán a Lañas. De que trata esa mellora?