CRÓNICA DO PLENO ORDINARIO DE 29 DE XANEIRO – COMPROMISO ESIXE IMPARCIALIDADE NAS COMUNICACIÓNS MUNICIPAIS

A sesión comeza puntual coa asistencia de todos os concelleiros e concelleiras da Corporación, agás a concelleira Alicia Blanco (PP). A orde do día foi a seguinte:

convocatoriaPódense ver as imaxes íntegras da sesión na seguinte ligazón á canle de Youtube municipal:

1.- As actas son aprobadas co voto favorable de todos e todas.

2.- Respecto ao Proxecto Cidades Amigas da Infancia de UNICEF, todos os e as presentes votan a favor e o punto é aprobado. Máis información sobre este proxecto, na seguinte ligazón:

https://ciudadesamigas.org/

Antes da quenda de Rogos e Preguntas o alcalde informa de que existe un informe da empresa que realizou medicións do gas radon en dependencias municipais con datos preocupantes para a saúde dos traballadores e traballadoras.

César Ramos, concelleiro de CxG, lembrou que esas medicións realizaronse no ano 2017 debido a unha moción presentada por CxG e xa naquel momento solicitabamos que o Concello tomara as medidas oportunas para minimizar os riscos de enfermidae por exposición ao gas radon. Non só en dependencias municipais senón tamén informar a particulares. Tendo en conta o mapa do radon de Galicia, o Concello da Baña é unha zona de alto risco por presentar  as maiores medidas de exposición ao radon (o 26,3 % das vivendas medidas teñen unha concentración maior de 300 bq/m3). Algo que dende CxG xa alertamos hai máis de dous anos.

VER ARTIGO CXG PREOCÚPASE POLOS ALTOS ÍNDICES DE RADON NA BAÑA

83666310_10221716986824327_1997370937527238656_nDavid Gontán e César Ramos, concelleiros de CxG

ROGOS E PREGUNTAS DE CXG

  1. Na resposta á pregunta nº 7, sobre a ausencia do grupo de goberno na denominada Troula de Nadal seguen sen contestarme á pregunta formulada. Nas súas respostas, descúlpase Mónica González por non asistir, algo que, aínda que agradezo, xa comentei no anterior pleno que non era necesario, xa que é difícil asistir a todas as actividades e é normal a ausencia a algunhas delas. A pregunta que fago é ao señor alcalde que no pleno de 30 de xullo de 2018, dende a oposición fixera unha crítica argumentando que non entendía como non asistira ninguén do grupo de goberno a un acto na Casa de Cultura. A miña pregunta é: agora que están vostedes no goberno seguen pensando que é unha falta de seriedade que non asista ninguén do grupo de goberno a algunha actividade municipal?
  1. Non responde á pregunta nº 8. No pleno de maio de 2016 vostede dende a oposición facía unha crítica polo gasto de 3.500 euros máis IVA no Trail Galaica, argumentando textualmente que na Baña hai “outros deportes que son máis maioritarios” e que se valorara “outro tipo de actividades que ao mellor teñen aquí mais seguimento no Concello da Baña” e agora o seu grupo gasta mais do dobre nunha actividade similar. Seguen pensando o mesmo que no 2016, o trail debe cambiarse por outra actividade?

“Agora vostedes desculpan que mercan produtos en comercios de fora do Concello da Baña argumentando que neses establecementos traballan veciños e no 2018 criticábano”

  1. Respecto as súas respostas á pregunta nº 9 xustifican en parte o feito de mercar no supermercado GADIS, textualmente: “Tamén deixar constancia de que no GADIS moitos dos traballadores e traballadoras son da Baña e eles mesmos/ e/ou os seus familiares participan activamente nas actividades municipais”. Lembrar que no 2018 tamén había veciños/as traballando para esa mesma marca e vostedes criticábano de igual forma. Incluso nós tanén temos constancia de que hai veciños/as da Baña traballando noutros moitos supermercados de Concellos cercanos (Mercadona, Alcampo, Froiz, etc). poden explicar mellor a que se refiren cando din “eles mesmos e os seus familiares participan activamente nas actividades municipais”?

 

  1. Na pregunta nº 12 sobre o festival de Entroido non responden vostedes á totalidade das cuestións formuladas. Que local que cubra as necesidades básicas van poñer a disposición de todos os colectivos interesados? Que criterios terán que cumprir eses colectivos? Van esixir que sexan asociacións?

“Dende CxG nunca dixemos que estamos en contra de subvencionar colectivos que participen no concurso de carrozas pero si estamos a favor da xustiza e igualdade de oportunidades para todos e todas. O grupo de goberno está realizando un trato de favor e dando ventaxas a determinados colectivos”.

  1. Respecto ao Entroido, coméntannos que o Concello previamente a facer públicas as subvencións na páxina web municipal (23 de xaneiro), xa subvencionara a un colectivo da Baña previamente, cedéndolle un local para traballar. E certo? Solicitamos copia do contrato de aluguer e da solicitude deste colectivo. Por que non se anunciaron as axudas con máis antelación a todos os colectivos interesados? Non cre vostede que é dar trato de favor a un colectivo e vantaxa respecto aos demais? Respecto a isto, queremos recalcar que dende CxG estamos a favor de que o Concello colabore cos colectivos que participan con carrozas e comparsas, con este e con todos os interesados. Nunca dixemos que estabamos en contra destas axudas pero tamén estamos a favor da xustiza e igualdade de oportunidades para todos e todas.

“Tardou vostede máis de dous meses e tres plenos en recoñecer que cometeu unha irresponsabilidade e unha neglixencia como alcalde, ao utilizar unha parcela privada como aparcadoiro público sen consentemento”.

  1. No pleno de novembro preguntando por se había permiso para a utilización dunha parcela dun particular como aparcadoiro público vostede contéstanos “entendo que si” aínda que admite que non pode darnos copia xa que non hai permiso por escrito, no pleno de decembro, vostede dinos que “houbo unha chamada telefónica dun funcionario a un veciño” (escribe o nome do veciño e dende CxG dicímoslle que ese señor non é o propietario da parcela) e agora, por fin e despois de varias preguntas e de mais de dous meses de espera, recoñecen que utilizaron unha parcela dun particular como aparcadoiro público sen solicitar ningún tipo de permiso á propietaria, contestándonos textualmente: “En canto á parcela usada como aparcadoiro o día do trail á que vostede fai referencia, despois de preguntar á organización, detectamos que non se consultou ao propietario ao cal a día de hoxe xa se lle deron as pertinentes explicacións e desculpas” Para que chamaron logo ao veciño que nomean vostedes nesa resposta? Desde CxG volvemos esixir seriedade ao grupo de goberno, estes permisos deben ser tramitados por escrito por se sucede algún accidente e ter os seguros pertinentes, tampouco se poden solicitar a través dunha chamada telefónica e moito menos utilizar parcelas privadas sen consentimento do propietario ou propietaria.

“Teño que darlles unha mala noticia: a web e o Facebook municipais non son propiedade do PSOE. Como non saben utilizar os medios de comunicación de forma imparcial imos ter que entregar unha moción para crear unha comisión de comunicación imparcial. Por favor, deixen de politizar A Baña”.

  1. Volvemos esixir que se utilicen os medios de comunicación oficiais do Concello de forma seria e imparcial Non poden existir titulares tan partidistas como: “Compromiso vota en contra de asignarlle o soldo ao alcalde” cando nesa votación concreta houbo dous partidos que votaron en contra e só se nomea a CxG e por exemplo, no titular do anterior pleno ordinario non dicía “O PSOE vota en contra de maior participación nas Mesas de Contratación”, nese mesmo artigo eludiuse falar dun punto da orde do día sobre a “Revista Municipal” nin se fai alusión ás preguntas formuladas pola oposición. O colmo foi xa a publicación que fixeron vostedes sobre a concentración fronte o Centro de Saúde onde se cita ao PSOE textualmente ata 4 veces (non sae ningún outro partido de forma textual) e se cita tamén aos alcaldes do PSOE de Oroso, Negreira, coordinador comarcal, deputado provincial, etc. etc. Pedimos, por favor, que non se politicen máis as reivindicacións dunha sanidade pública de calidade e que non se converta isto nunha guerra preelectoral PP-PSOE. Por outra banda non pedimos, esiximos que nunca máis se utilice a web municipal e o Facebook oficial de forma parcial e partidista.
  1. Relacionado coa anterior pregunta a comezo da lexislatura comentáronme que ían vostedes mercar un equipo de gravación para gravar os plenos, que de forma provisional ía encargarse a empresa de comunicación ALICENTIS pero despois ía encargarse a entidade local. Seguen vostedes con esa idea ou cambiaron?
  1. Nunha reunión cos tres grupos políticos na que se nos comunicou que a Festa da Filloa ía ser o 15 e 16 de febreiro, indicóusenos que non ía haber pregoeiro na Festa da Filloa. Días despois, e sen aviso previo, desdixéronse vostedes e anunciaron a través da web municipal un pregoeiro. Hoxe tamén nos decatamos a dúas semanas da celebración que van organizar unha feira de caza. Volvemos pedir máis seriedade ao grupo de goberno, non é normal que os concelleiros e concelleiras nos decatemos destas informacións pola prensa máis aínda cando é o contrario que se nos informou con anterioridade. Tamén se nos dixo que non ía haber nada relacionado coa política. Agora tamén cambiaron  votedes de opinión? Van invitar vostedes a autoridades do seu partido? Solicitamos que non se politice tamén este evento festivo.
  1. Solicitamos a limpeza da parcela que linda co CPI de S. Vicente que está completamente chea de lixo. Coméntannos que é unha parcela de titularidade municipal. Adxuntamos imaxes.
3Imaxe da parcela situada a carón do CPI de S. Vicente
  1. Sobre a reclamación do proxecto do IDAE vostedes déronnos documentación sobre unha reclamación con relación á valoración ás unidades de man de obra de oficial electricista e axudante electricista supoñendo un desaxuste coas táboas salariais por categoría profesional do convenio colectivo. Hai algunha reclamación a maiores desta? Como vai ser o proceder agora para a adxudicación deste proxecto?
  1. No pasado pleno o señor alcalde en resposta a unha pregunta de CxG confirmou que tanto el como a concelleira de cultura, a señora Mónica González, cobraran todas as cantidades adebedadas. Agora entrégannos un certificado de asistencia ás sesións do último trimestre do 2019. Nun pleno anterior o señor alcalde comentara que unha vez que se lle aprobaran as remuneracións debía devolver ás arcas públicas as cantidades cobradas en concento de asistencia a plenos e comisións. Xa fixeron efectiva esa devolución? Con miras de ofrecer transparencia á nosa veciñanza solicitamos un informe de tesourería de todas as cantidades cobradas polo grupo de goberno e as pertinentes devolucións. Consecuentemente con isto, volvemos solicitar que se suba ao portal de transparencia as declaracións de bens e actividades dos concelleiros e concelleiras de acordo coa lei 1/2016 de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
  1. Como saben vostedes acaban de saír publicadas no DOG (21 e 22 de xaneiro) as convocatorias para solicitar obradoiros duais de emprego e Programas de Emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia. Vanse solicitar? Gustaríanos que se consensuase, se é posible, (xa que supoño que se organizarán conxuntamente con outros Concellos) a temática dos obradoiros que se van solicitar para que o alumnado teña oportunidades reais de inserción laboral.
  1. O pasado 17 de xaneiro a Xunta e a Empresa Pública de Servizos Agrarios (SEAGA) para que esta asuma a retirada e eliminación de niños, incluída no programa galego de vixilancia e control fronte a vespa asiática, asinado tamén pola FEGAMP. As actuacións comezaron o pasado 15 de xaneiro e hai 275 concellos adheridos. Queremos saber se o Concello da Baña está adherido a devandito programa. Foi retirado algún niño máis como por exemplo o de Vigoboo que xa informamos en anteriores plenos?
  1. Pasousenos unha especie de informe de servizos sociais sobre a valoración de adherirse ao programa do Xantar na Casa. Varias cuestións respecto a este tema:

a- Queremos coñecer o custo do programa comedor sobre rodas para os 12 usuarios. (especificando os prezos de custo, menús, transporte, etc)

b- O informe fala de limitacións de autonomía pero non de valoracións de dependencia, pero se é tal esa limitación, so se dá xantar ao mediodía?, que pasa co almorzo e ca cea?

c- O programa do concello ten a maiores cubrir o sábado, única diferencia con respecto ao do Consorcio, que pasa os domingos e festivos?

d- ¿Quen fai o seguemento a estes usuarios?, no do Consorcio garántese o acompañamento dos profesionais que acoden aos domicilios.

Como aclaracións comentar o seguinte:

  • O programa do Consorcio tamén é elaborado por dietistas, do mesmo xeito que menciona o informe.
  • Se algún usuario non ten frigorífico (como menciona o informe da traballadora social) deberase mirar algunha prestación ou programa para poñerlla, se non, onde gardan os seus alimentos os usuarios? E a medicación?
  • En caso de non ten microondas o programa do Consorcio XANTAR NA CASA provén del o usuario. Pol que tamén é unha vantaxa.

Con todo solicitamos de novo, que se valore participar no Programa do Consorcio que sería moito máis económico e pensamos que tamén beneficioso para a veciñanza da Baña.

  1. ¿Existe algún tipo de relación contractual coa empresa ATENDO CALIDADE SL?; de ser afirmativo queremos ver o contrato, se é negativo preguntamos se é legal esta situación, ou se se debería convocar un concurso público.

A sesión finalízase ás 22:00 horas.