CRÓNICA DO PLENO ORDINARIO DE 28 DE AGOSTO DE 2019

A sesión dou comezo puntual coa asistencia de todos os concelleiros e concelleiras.

IMG_20190828_194708284César Ramos e David Gontán  antes do pleno
  1. Aprobación das actas anteriores.

Foron aprobadas as actas dos días 29/06/19, 15/07/10 e 5/08/19 co voto favorable de todos os presentes.

  1. Aprobación do réxime retributivo da alcaldía e 2ª tenente de alcaldía.

Pereira modifica, sen ningún tipo de explicación, a proposta que el mesmo defendera dous días antes en Comisión Informativa

Dende CxG emitimos unha queixa xa que a proposta que presentara o grupo de goberno dous días antes en Comisión Informativa, e da que o secretario interventor emitira o ditame, sen ningunha causa xustificada foi modificada informándonos o día anterior e só por conversa telefónica que o salario proposto pola alcaldía era de 34.000 euros e o da 2ª tenencia de alcaldía de 12.000 euros. César Ramos, concelleiro de CxG explicouno da seguinte maneira:

“Despois de presentar unha proposta na Comisión Informativa do luns (hai dous días), deciden onte cambiar a súa mesma proposta, que vostedes defenderon nesa comisión. Para que convocaron vostedes logo a Comisión Informativa? Lémbrolles que cada Comisión Informativa válelle aos veciños e veciñas, 375 euros. Con esta actitude dan vostedes mostra dunha total improvisación continua e que actúan a bandazos” Como queren vostedes que vote a favor desta nova proposta sen ter o tempo suficiente para que sexa tratada pola xente de CxG?

O señor alcalde prefire volver ao seu posto de traballo que valorar unha proposta de Compromiso por Galicia.

“Pero este tema é mais sangrante aínda cando no anterior pleno ofrecémonos dende CxG a facerlles a vostedes unha proposta de salarios e non é que nola pediran vostedes senón que envíasenos por parte da alcaldía un informe redactado polo secretario que nos prohíbe presentar unha proposta no pleno. E dicir nós só podemos dicir se estamos a favor, en contra ou absternos do salario que vostede quere “autoimpoñerse”.

A única explicación que lle dou eu, persoalmente, é que vostedes están cómodos con esta situación, dan a entender tanto a través das redes sociais,como na prensa ou na súa vida diaria que están vostedes nunha situación “insostible”, que por culpa de CxG o Concello está “bloqueado” ou “atascado” que por culpa nosa terán vostedes que volver é “empresa privada”, para crispar á xente. Eu volvo repetir, vostede decidiu deixar o seu traballo, antes de que se aprobara o seu salario por vontade propia, lémbrolle de novo que tanto David coma eu podíamos estar na mesma situación que vostede se o acto de investidura fose diferente.

A nosa proposta xa e coñecida, é a mesma que explicamos en todos os mitins da campaña electora do 2015 e do 2019,  que o alcalde teña o mesmo salario que tiña no seu traballo cunha suba como máximo do 10 por cento. É a nosa proposta, non pretendemos convencer a ninguén, nin que vostedes estean de acordo con ela pero é a nosa. Non estamos votando en contra, estamos absténdonos.  Ademais vostede tamén dixo no pleno de organización do 2015 que o salario do alcalde tiña que ser acorde co salario dos traballadores e traballadoras municipais, debería telo en conta.

Se vostedes queren, falen con nós e eu garántolle que se vai aprobar a súa remuneración.

Agora vostedes están dicindo que prefiren volver ao seu posto de traballo que negociar unha proposta de CxG. Volvemos repetir, se vostedes queren unha proposta de CxG só teñen que pedila e garántolle que saímos xa deste impás e vostedes van cobrar. A nosa decisión é clara e non imos votar a favor dunhas cantidades que non se adapten a ela, por ilo o noso voto será abstención.

O punto non se aproba polo voto en contra do PP e a abstención de CxG.

1.- Ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo “A Baña madruga”

Dende CxG estamos moi de acordo de que se implante o servizo de madrugadores no CPI de S. Vicente e que este servizo mellore a conciliación da vida persoal e laboral dos veciños e veciñas da Baña, polo tanto imos votar a favor.

Así mesmo gustaríanos que se valorara crear un período de proba para coñecer se é viable para o Concello da Baña. Sabemos que é un proxecto custoso e que en centros educativos do rural como o noso decrece o número de usuarios interesados neste tipo de servizo. Aínda así consideramos que é positivo a súa creación e valoración.

Tamén que se faga unha selección de persoal transparente, que se soliciten varios presupostos e se elixa a mellor opción.

Con respecto á propia ordenanza queremos informar, igual que fixemos na comisión informativa, dalgunhas modificacións que propoñemos respecto á súa redacción para que o grupo de goberno as valore:

Erros lingüísticos: Artigo 3: di “padres”, artigo 5: “prodúzase”, disposición derradeira no segundo parágrafo: “examinar lo”.

Artigo 6 “bonificacións”: gustaríanos que se realizara unha bonificación conforme á renda e se dean facilidades ás familias con escasos recursos, seguramente sería interesante incluílo na propia ordenanza e que esa bonificación se realice a través dos servizos sociais, é dicir, dar facilidades para gozar deste servizo a familias desestruturadas ou con escasos recursos económicos.

Artigo 4: non consta a contía polo servizo a pagar por un día de só gardaría (sen almorzo), na comisión informativa comunicóusenos que non era un erro, se non que se vai cobrar o mesmo por un día de servizo sen importar se é con servizo de almorzo ou sen el, pedimos que o grupo de goberno valore esa modificación.

– Propoñemos crear dous tramos horarios con dous prezos distintos, de 7:30 h a 8:15 h. ou 8:30 (primeiro tramos con almorzo) e de 8:15 ou 8:30 h a 9:15 (sen almorzo).

Só especifica “servizo de gardería” (segundo a RAG é un local onde se gardan e coidan os nenos pequenos que aínda non están en idade escolar, durante determinadas horas) e “almorzo”. A ordenanza debería especificar qué tipo de actividades se desenvolverán durante ese tempo, qué programación educativa se levará á práctica, por exemplo: actividades relacionadas coa alimentación saudábel, exercicio físico, valores, actividades artísticas… Gardería é un termo que xa está entrando en desuso no ámbito educativo.

– Solicitamos, tamén que na ordenanza se especifique se se van ter en conta intolerancias/alerxias nos alimentos, ou modificación dos menús por cuestións relixiosas ou étnicas.

O punto é aprobado co voto favorable de toda a Corporación.

Rogos e preguntas de CxG formuladas por César Ramos e David Gontán.

  1. Queremos emitir unha queixa por recibir as respostas ás nosas preguntas do anterior pleno neste mesmo pleno. O feito de non recibir estas respostas coa antelación suficiente foi criticado reiteradamente polo PSOE na anterior lexislatura. Por que agora que están vostedes no grupo de goberno reproducen as mesmas condutas que antes criticaban? Solicitamos que as respostas ás nosas preguntas se nos entreguen por escrito con anterioridade.
  2. A beirarrúa no paso de peóns diante do CPI de S. Vicente está sen rebaixar para que poidan transitar persoas con mobilidade reducida ou para circular con carriños de bebé (o lado esquerdo subindo de S. Vicente). Solicitamos que se realice esta mellora antes de que comecen as clases.
  3. Relacionado co CPI de S. Vicente queremos saber cando van empezar as obras de acondicionamento do patio de infantil que xa estaba proxectado na anterior lexislatura e que nos interesamos polo seu estado varias veces na anterior lexislatura.
  4. En varios plenos da anterior lexislatura demandamos unha mellora na numeración das vivendas do noso municipio xa que están supoñendo un importante problema para que a veciñanza reciba a correspondencia no seu domicilio. Solicitamos unha actuación urxente para numerar as vivendas das nosas parroquias.
  5. A aula de informática estivo pechada varios días durante a tempada estival, solicitamos, ao igual que fixemos no seu momento co servizo de biblioteca que esta baixa sexa cuberta na medida do posible para que non se teña que interromper ese servizo. Así mesmo, pedimos que estes servizos se publiciten por todas as parroquias para que a veciñanza estea informada dos servizos municipais.
  6. Observamos a través das redes sociais que o PSOE da Baña ten unha lista de difusión de información veciñal a través de Watshapp. Este tipo de formas de información dos grupos políticos poden ser positivas (para informar sobre a actividade política do grupo político en cuestión) pero cando se está no grupo de goberno este tipo de medios de difusión poden ser canto menos, cuestionables. Dende CxG esiximos que non se transmita información municipal privilexiada por este medio antes de publicarse nos medios oficiais do Concello e solicitamos que se cree unha lista de información veciñal municipal a través de Watshapp e que sexa xestionada polo propio Concello á que teñan acceso todos os veciños e veciñas.
  7. Veciños do lugar da Castiñeira pídennos que solicitemos ao grupo de goberno unha mellor limpeza das cunetas e das beirarrúas, xa que a maleza chega incluso a cubrir os sinais informativos e ocupan parte das beirarrúas dificultando o paso de viandantes (ADXUNTAMOS FOTOS).
WhatsApp Image 2019-08-18 at 22.30.53Beirarrúa de S. Vicente
  1. No catálogo arqueolóxico do Concello da Baña aparecen moitos bens patrimoniais como mámoas, petróglifos ou xacementos medievais e romanos que son descoñecidos totalmente para a veciñanza e que presentando un mal estado de conservación son susceptibles de potencialos como reclamo turístico do noso Concello. En setembro de 2016 dende CxG presentamos unha moción para que o Concello da Baña traballara na posta en valor destas importante estruturas arqueolóxicas (moción que o PSOE votou a favor). Sabemos, tal como se informou no pleno de xaneiro deste ano que unha empresa en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación está realizando una traballo de catalogación pero gustaríanos saber se o grupo de goberno ten pensado realizar algún proxecto ou actuación para poñer en valor estes importantes xacementos.
  2. Solicitamos que se valore se é posible ampliar o horario do PAI para que mellore a conciliación no Concello da Baña, incluso valorando que este continúe a súa actividade no mes de agosto.
  3. Solicitamos que o Concello limpe e acondicione axeitadamente todas as marquesiñas e paradas escolares antes de que comece o curso escolar.
  4. Temos constancia de que o grupo de goberno tivo unha xuntanza coa empresa promotora do parque eólico de Troitomil e que na propia xuntanza existiron “discrepancias”. Xa que dende o seu grupo político sempre se demandou máis información veciñal sobre este tema. Por que non se informou desa reunión? Poden explicar cal foi a finalidade desa xuntanza e que puntos se trataron na mesma? Como dixo vostede en varias ocasións a veciñanza debe estar informada sobre este importante asunto.
  5. Varios veciños infórmannos que seguen a existir problemas coa recollida dos colectores de envases lixeiros (colectores amarelos), xa que levan máis dun mes sen recoller. ADXUNTAMOS FOTOS.
WhatsApp Image 2019-08-22 at 10.15.41 (3)Colector no lugar de Guende
  1. Relacionado con este tema queremos saber porque hai lugares onde os colectores seguen tirados nas cunetas sen ningún tipo de soporte. Así mesmo tamén solicitamos que cando se realice algún tipo de actuación o resultado estético final sexa acorde co espazo realizado, non sempre botar formigón é positivo, hai que ter en conta tamén a estética.
  2. Veciños e veciñas do Barro de Arriba con propiedades lindantes co Pazo de Leis coméntannos que teñen problemas coas árbores desa propiedade e que as pólas das mesmas métenselle nas súas fincas e nos camiños causando multitude de problemas, Por favor realicen as xestións oportunas referentes a este problema e comuníquennos cal é a forma de proceder da veciñanza que teña este tipo de problemas.
WhatsApp Image 2019-08-26 at 11.20.50Vial na parroquia do Barro
  1. O ano pasado o Concello da Baña sufragou os gastos de adquisición dunha carpa para as festas de Troitosende. A asociación organizadora deses eventos festivos solicítanos que preguntemos no pleno se de novo o Concello da Baña vai sufragar eses gastos.
  2. Hai veciños e veciñas que non están moi satisfeitos coas actuacións realizadas no lugar de Vilanova na parroquia de Corneira, dinnos que a obra non está rematada e que non é acorde ao que se lles prometeu. Solicitamos que nos informen da problemática existente, se as obras realizadas son acordes ao proxecto, e que busquen unha solución con celeridade á problemática da veciñanza. (ADXUNTAMOS FOTOS).
  3. Alumnos e alumnas do “Obradoiro de Turismo, Xallas, Barcala, Dubra IV” coméntannos que tiñan unha páxina de Facebook co nome “Viaxa con nós” na que ían facendo diferentes publicacións relacionadas co traballo desenvolvido e que, unha vez que finalizou o obradoiro de emprego lles interesaría continuar coa xestión da páxina e non se lles permitiu. Pídennos que solicitemos que a páxina a poidan seguir xestionando alumnos ou alumnas dos 4 concellos participantes, polo que solicitamos información de quen xestiona actualmente esta páxina e o motivo polo que non é xestionada polos 4 concellos participantes.
  4. Veciños e veciñas de diferentes lugares do municipio seguen indicándonos que teñen problemas coa recepción do sinal de TV. Na anterior lexislatura demandamos unha mellora nos servizos de telecomunicación do Concello e queremos saber se o grupo de goberno realizou algún tipo de xestión nese ámbito ou se teñen pensado realizar algún tipo de mellora.
  5. Na anterior lexislatura dende CxG criticamos en varios plenos o estado no que se atopaban as rutas BTT permanentes do noso municipio. Lembramos que para a súa creación o Concello da Baña cobrou unha subvención de 5.400 euros. Se antes estaban en mal estado agora están totalmente impracticables. Solicitamos que se arranxe e se recoloquen os letreiros indicadores, é necesario tela en bo estado para que a xente se anime a facer devanditas rutas (adxuntamos fotos).
  6. Queremos informar dalgunhas deficiencias que atopan os veciños e veciñas da parroquia de Monte no proxecto de Pavimentación da Vía Pública en Nantón e S. Mamede. No lugar de S. Mamede hai veciños e veciñas que teñen problemas coa canalización da auga e cando chove éntralles auga nas súas propiedades e nunha parte da rúa de S, Mamede o formigón novo remata na metade do vial (deixando dúas casas sen firme novo). Solicitamos que se revise esta actuación e se corrixan estas deficiencias (ADXUNTAMOS FOTOS).
WhatsApp Image 2019-08-19 at 21.05.26Actuación no lugar de S. Mamede
  1. No lugar de Nantón que chaman “Enriba do Río”, os veciños e veciñas dinnos que se lles prometeu unha actuación de mellora do firme, de feito en período preelectoral operarios pasaron polo lugar para marcar a zona con marcas vermellas. A veciñanza do lugar quere saber se o novo grupo de goberno ten pensado realizar algunha actuación nese lugar ou xa queda no estado actual.
  2. Cónstanos que mantiveron unha xuntanza coa persoa que os últimos anos foi coordinador da Escola de Música Municipal, queremos que explique vostede como pensan coordinar as clases de música, como anos anteriores ou modificar por completo a organización.
  3. Durante toda a anterior lexislatura dende CxG reclamamos máis interese polas personalidades do noso concello. O pasado 20 de agosto celebrouse o sétimo cabodano do falecemento do ilustre barcalés Avelino Pousa Antelo e dende o Concello da Baña non se fixo ningún tipo de homenaxe, nin sequera unha publicación na web municipal ou no Facebook oficial para conmemorar ou informar desa efeméride. Solicitamos de novo que o grupo de goberno homenaxee debidamente a Avelino Pousa Antelo e o faga Fillo Predilecto do Concello da Baña.
  4. Solicitamos unha mellor limpeza das beirarrúas de S. Vicente, xa que están todas cheas de herbas e dan unha mala imaxe á nosa vila, así mesmo solicitamos, de novo, que a fonte da praza do Concello se limpe máis regularmente (ADXUNTAMOS FOTOS)
WhatsApp Image 2019-08-03 at 18.06.09Fonte da praza do Concello
  1. Solicitamos, igual que fixeramos outros anos, que as clases da escola de Música e das escolas Deportivas comecen no mes de setembro e se oferten canto antes. En setembro é cando os pais e nais comezan a facer os seus horarios para conciliar a vida profesional e persoal e pensamos que se se tarda en dar comezo ás clases repercute nunha menor matriculación.
  2. O 12 de agosto publicouse no BOP a aprobación definitiva da modificación puntual camiño de Monelos. Queremos coñecer como vai ser o proceder do grupo de goberno respecto a este tema.