Crónica do pleno ordinario do 27 de setembro de 2017

O secretario antes de dar comezo a sesión entrega aos concelleiros da oposición as actas das Xuntas de Goberno de maio, xuño, xullo e agosto.

Comeza a sesión ás 14:05 h. coa asistencia de todos os concelleiros e concelleiras excepto Manuel Tourís (PP) coa seguinte orde do día:

orde_do_dia pleno ordinario de setembro
  1. Aprobación das actas das sesións anteriores

As dúas actas (pleno extraordinario de 24 de maio de 2017 e pleno ordinario de 31 de maio de 2017) son aprobadas  por unanimidade aínda que o portavoz do PSOE fai unha aclaración no punto 5º da acta da sesión extraordinaria.

  1. Dar conta das resolucións do alcalde

O alcalde menciona que as resolucións xa figuraban nos antecedentes do pleno.

  1. Arranxo e reforma do muíño da Calexa.

O alcalde explica que en concreto é unha mellora no “Muíño de Arriba” aínda que no proxecto figura como “Muíño da Calexa” por un total de 14.122,99.

O noso concelleiro, César Ramos, afirma que é positivo recuperar ese muíño que aínda pode moer pero que lle gustaría que se restauraran outros para utilizalos como reclamo turístico para o Concello.

RESUMO DO PROXECTO:

portada_proxecto_muiño_calexa resumo_muiño_calexa

Toda a corporación vota a favor.

  1. Información do alcalde e acordo que procede sobre a cesión do Centro de Saúde ao SERGAS.

O alcalde explica que se queren ceder ao Sergas estas instalacións para que eles se fagan cargo dos gastos das mesmas (calefacción, limpeza, etc.) remítese a un acordo adoptado no pleno de 28 de xullo de 2010 que non se levou á práctica por trabas legais. A día de hoxe a normativa cambiou e quérense axilizar os trámites.

Toda a Corporación vota a favor.

  1. Festivos locais 2018.

A proposta para escoller os dous festivos locais do grupo de goberno (PP) foi do 22 de xaneiro (festividade de S. Vicente) e luns 2 de abril (luns de Pascua).

A proposta do PSOE foi do 22 de xaneiro (festividade de S. Vicente) e o 13 de febreiro (martes de entroido).

O noso concelleiro comenta que Compromiso fixo unha enquisa á veciñanza para escoller os festivos e deu como resultado final: 41,6 % o 22 de xaneiro e 41,6 % venres 18 de maio (día posterior ao día das Letras Galegas) e que consecuentemente esta será a súa proposta.

Realízase a votación e gaña a opción do grupo de goberno (PP), os festivos locais para o 2018 serán o 22 de xaneiro e 2 de abril.

  1. Mocións

A única moción entregada foi a de Compromiso por Galicia sobre a adhesión do Concello da Baña á campaña “En negro contra as violencias”.

César Ramos fai unha exposición da mesma e o alcalde (PP) comenta que é algo no que todos e todas temos que remar na mesma dirección pero que esa é unha campaña puntual. Acusa a Compromiso por Galicia de querer buscar o seu espazo e de, aínda que participan Concellos de todas as cores políticas que a maioría son partidos populistas.

O noso Concelleiro di que tamén participará a Deputación da Coruña e tres dos catro concellos limítrofes (Santa Comba, Val do Dubra e Ames) e que Compromiso por Galicia xa entregara unha moción  en contra da “violencia de xénero” que incluía realizar unha campaña de concienciación desta lacra social, que finalmente foi aprobada e non se cumpriron os seus acordos.

A concelleira de Cultura (Alicia Sande) di que se fan moitos traballos en contra da violencia de xénero pero que non fai falta facer unha campaña mediática.

César di non estar de acordo coas afirmacións da concelleira de cultura e que é necesario realizar unha boa campaña de concienciación.

Finalmente sométese a votación e non é aprobada por 5 votos en contra do PP e 5 a favor de PSOE e CxG (prevalece o voto de honra do alcalde en caso de empate).

  1. Rogos e preguntas

AQUÍ ESTÁN AS RESPOSTAS DO ALCALDE ÁS PREGUNTAS DE COMPROMISO NO ANTERIOR PLENO ORDINARIO

Isto é o que di o noso concelleiro, César Ramos, na súa quenda de rogos e preguntas:

Con respecto ás respostas as nosas preguntas do anterior pleno:

– Responder á primeira pregunta sobre a reitoral con: O que sae na prensa non o atribúas á realidade pois ás veces din cousas que non saen de min. Respecto á publicación de Facebook é unha reprodución e copiaron o que saíu na prensa (en concreto en O Correo Gallego).

Di moito da seriedade que ten este Concello, é dicir que se copia e se publica no Facebook algo que segundo o alcalde non é certo, totalmente surrealista.

– Entregamos unha pregunta escrita con máis de 24 horas de antelación á celebración deste pleno e é de obrigada resposta ou explicar o motivo polo que non se contesta(segundo o Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales).

“As preguntas formuladas por escrito con vintecatro horas de antelación, serán contestadas ordinariamente na sesión ou, por causas debidamente motivadas, na seguinte”.

O alcalde di que se remite a una resposta do anterior pleno: O Concello leva insistindo na urxencia deses informes e, en consecuencia, estivo facendo xestións na Xunta (C. de Sanidade, C. Política Social) tanto co secretario da Consellería como coa directora de Familia os días 21.09 e 25.09 para que dunha vez axilicen todo este tema.

E repito, despois de recibir todos os informes, trataranse no Pleno da Corporación.

– Con respecto á pregunta 4 sobre a numeración das casas comentades: . Queremos que nos entreguen para finais de setembro aquelas que teñan o traballo de campo feito. Se para finais non o entregaron, tomaremos as medidas oportunas. Xa estamos a finais de setembro Entregaron algo? No caso contrario que medidas oportunas tomáchedes?

A empresa PROCAR aínda non entregou nada polo que van cambiar de empresa para que realice o traballo.

– Na pregunta 8, preguntamos pola homenaxe a Pousa Antelo e só se nos responde polo cambio de denominación no CPI de S. Vicente, o asunto para facelo fillo predilecto que en setembro do ano pasado dixéchedes que nos vindeiros días se ían comezar os trámites e en maio deste ano que “hai que facer as cousas sen precipitacións e, sobre todo, hai que realizar e valorar os trámites oportunos” . Está claro que con precipitación non o estades a facer pero fixestes  algo respecto a esta homenaxe que prometéchedes?

O alcalde volve dicir que son os mestres e mestras os que teñen que asinar a acta na que se adoptou o cambio de denominación do centro educativo.

De facelo fillo predilecto di que aínda non fixeron nada.

(Lembramos que en setembro do ano pasado o alcalde prometeu que se ían comezar os trámites).

 

As preguntas de CxG que serán contestadas no seguinte pleno ordinario son as seguintes:

1) O pasado 25 de agosto entreguei una instancia no rexistro do Concello para solicitar que se as Xuntas de Goberno se convocaran coa antelación pertinente e que gozaran de carácter público para que a cidadanía poida asistir, consecuente coa sentenza do Tribunal Constitucional Sentencia 161/2013, de 26 de setembro de 2013. Recibimos a resposta onte, xunto coas demais preguntas e estamos á espera, xa que logo, do devandito informe. Con respecto a iso solicitamos que se publiquen polo menos a orde do día das xuntas e o di/hora das mesmas na páxina web e no taboleiro do concello.

2)  Queremos saber que problema houbo co servizo de autobuses na festa dos maiores xa que recibimos a queixa de moitos asistentes á mesma por non haber un servizo de transporte igual ao de anos anteriores.

3) Solicitamos que o Concello faga unha campaña informativa para explicar á veciñanza como se poden utilizar os “buses escolares compartidos”, as rutas e horarios.

4) Relacionado co transporte queremos saber qué servizo realiza a furgoneta do Concello, ademais de transportar aos alumnos e alumnas da “Fundación de Discapacitados Psíquicos de Barcala” e transportar o “xantar sobre rodas”. Realiza algún servizo de transporte de viaxeiros?

5) Queremos solicitar que se recollan as papeleiras de S. Vicente con máis frecuencia, xa que moitas veces pasan días con elas totalmente cheas e que poñan máis papeleiras na praza do Cruceiro de S. Vicente.

6) As marquesiñas , colectores e portais do municipio volven estar cubertas de carteis de festas o que dá unha moi mala imaxe xeral, solicitamos que se recollan de novo e que o grupo e goberno valore crear unha ordenanza municipal que regule esta pegada masiva de carteis informativos e carteis electorais.

7) No pasado pleno de 31 de maio solicitamos que se limpara a estrada que vai de Señor a S. Cibrán xa que pode causar un accidente, e a día de hoxe segue exactamente igual. Solicitamos de novo que sexa limpada con celeridade, o mesmo ocorre coa estrada  de  Fiopáns preto do Local Social (volvemos adxuntar fotos actuais).

índice índice2

8) En S. Vicente moitas veces as alcantarillas dan mal olor coa consecuente queixa dos veciños e veciñas, pedimos que se revise se existe algún problema ou avaría e que se solucione este problema.

9) Volvemos pedir de novo que se cambien os espellos das estradas que se encontran en mal estado. Son moi necesarios para mellorar a visibilidade dos condutores e para reducir  o risco de accidentes de tráfico.

10) Os carteis dos lugares e sinais de tráfico do noso Concello, que en abril se nos dixo que se ía facer unha limpeza “exahustiva”, están moitos deles en moi mal estado: sucios, degradados ou mal colocados. Moitos sinais de limitación de velocidade son case imperceptibles, hai algún sinal de perigo por zona escolar en escolas que pecharon hai máis de 15 anos . Solicitamos de novo que se organice un plan para limpalos, colocalos ben e substituír os que están en mal estado.

IMG_20170827_201555837 a IMG_20170918_141750591 ff

11) Pedimos que cando haxa algunha comunicación oficial do Concello pase previamente polo servizo de normalización lingüística, non se poden publicar anuncios oficiais do Concello con faltas de ortografía, do mesmo xeito a cartelería debe estar en galego normativo xa que para iso cobramos 12.000 euros anuais da Deputación da Coruña.

12) Queremos saber se a concellería de cultura este ano se vai a organizar a excursión que habitualmente se celebra no mes de outubro. A veciñanza non está informada sobre este tema.

13) Gustaríanos queixarnos por petición de veciños e veciñas de Marcelle  dos desbroces realizados na parroquia (Quinteiro), xa que cortaron as herbas e non as recolleron polo que dou lugar a que durante as festas todo o lugar estivera cheo de restos de desbroces dando mala imaxe á parroquia.

IMG-20170826-WA0009 qq

14) Solicitamos que se limpe a estrada que vai de Alde cara Vilacoba (Troitosende) xa que hai restos da corta de árbores e co mal tempo pode dar lugar a que aumente o risco de accidentes de tráfico, o mesmo ocorre coa estrada que vai de Menlle cara Lañas que está cuberta de follas. (Adxuntamos fotos para ubicar o lugar concreto).

IMG_20170917_124141097 IMG_20170917_124458440

15) O pasado 20 de setembro saeu publicada na Voz de Galicia unha nova co titular “O Concello de Negreira estuda como xestionar a nova depuradora” na que di que “a conexión á rede negreiresa da parroquia de S. Mamede incluirá unha cámara para medir o caudal residual, cuxo tratamento deberá abonar este municipio” queremos saber qué coste terá este tratamento e que vivendas da parroquia se verán beneficiadas.

16) Gustaríanos solicitar que cando se convoque algún acto á cidadanía da Baña, como cando foi a convocatoria de homenaxe ás vítimas do atentado de Barcelona que tamén se convoque aos membros da Corporación Municipal, do mesmo xeito cando algún conselleiro ou calquera autoridade visite o noso municipio pedimos que tamén se nos convoque. A corporación municipal debe participar nos actos institucionais do Concello, sempre cando sexa un acto institucional e non dun partido político concreto.

17) Queremos coñecer como están os trámites para homenaxear a figura de Antonio Martínez Méndez en maio en resposta a unha pregunta do pleno contestóusenos que “o primeiro aniversario era a comezos de outubro e estamos preparando a xornada de homenaxe”.

O alcalde comenta que xa se falou coa familia e  están pensando se se lle fai a homenaxe ou non.

Sen haber máis puntos que tratar levántase a sesión sendo as 15:45 h.