CRONICA DO PLENO EXTRAORDINARIO E URXENTE DO 9 DE OUTUBRO DE 2019

IMG_20191009_124249055Salón de plenos do Concello da Baña

A sesión comeza puntual ás 13:00 horas coa asistencia de toda a Corporacion, agás David Gontán de CxG que xustifica a súa ausencia por atoparse de viaxe e Manuel Tourís do PP que xa se fixo efectiva a súa renuncia como concelleiro. A orde do día foi a seguinte:

  1. Ratificación da urxencia
  2. Conta Xeral 2018
  3. Suplemento de crédito nº 1/2019
  4. Crédito extraordinario nº 1/2019

 

  1. Ratificación da urxencia

César Ramos, concelleiro de CxG solicita a palabra e comenta que lle parece correcto convocar un pleno extraordinario para tratar a aprobación da Conta Xeral 2018 e o crédito extraordinario, xa que a Conta Xeral 2018 é necesario enviala aprobada antes do 15 de outubro, e o crédito extraordinario é necesario aprobalo para poder acceder á s axudas do IDEA, tal como se probou no pleno de 5 de agosto de 2019. Con respecto ao punto nº 3 de Suplemento de crédito nº 1/2019 non ten carácter urxente polo que solicita que ese punto sexa sacado da orde do día e se poida tratar nun pleno posterior, xa que a documentación sobre este punto foi enviada aos concelleiros sen tempo para o seu estudo (con menos de 24 horas de antelación), ademais por diferentes razóns faltan dous concelleiros da Corporación (dende CxG xa solicitáramos que, a ser posible non se convocara ningún pleno na semana do 7 ao 13 debido á imposibilidade de asistencia de David Gontán, concelleiro de CxG). A solicitude é denegada polo alcalde.

Todos os presentes votan a favor da ratificación do carácter urxente da sesión plenaria.

 

  1. Conta Xeral 2018

A conta xeral foi exposta ao público durante 15 días máis 8, tal como marca a lexislación e ao non existir ningunha reclamación sométese a aprobación polo Pleno Municipal. DESCARGAR CONTA XERAL 2018

Todos os presentes votan a favor da súa aprobación.

 WhatsApp Image 2019-10-09 at 12.54.37César Ramos, concelleiro de CxG
  1. Suplemento de crédito nº 1/2019

“Aproveita que o Pisuerga pasa por Valladolid para poñer este punto de urxencia na orde do día, cando a diferenza dos demais, aínda que é un asunto importante non ten carácter urxente”

O noso concelleiro, César Ramos, volve incidir en que ese punto aínda que recoñece que  é importante non ten carácter urxente e é necesario máis tempo para estudar a documentación e  poder emitir un voto favorable. Hai que ter en conta que hai créditos iniciais de 800 euros que se incrementan en 50.000 euros e sería necesaria unha argumentación maior por parte do grupo de goberno e os concelleiros e concelleiras dispoñemos de menos de 24 horas para estudar os antecedentes. VER DOCUMENTACIÓN SOBRE ESTE SUPLEMENTO.

Sin título-1

O punto apróbase co voto favorable de PP e PSOE e a abstención de CxG.

 

  1. Crédito extraordinario nº 1/2019

Este crédito é para sufragar os gastos  do proxecto de eficiencia enerxética do IDEA (100.000 euros) e para pagar diferentes facturas pendentes (25.000 euros). VER DOCUMENTACION SOBRE ESTE CRÉDITO

Todos os presentes vota a favor da aprobación deste punto.

 

A sesión remata ás 13:45 minutos.