Crónica do pleno extraordinario do mércores 24 de maio do 2017

A sesión comeza ás 14:00 horas coa asistencia de todos os concelleiros e concelleiras agás a concelleira Alicia Blanco Sande (PP), coa seguinte orde do día:

KM_C284e-201705191505211. Respecto á adquisición da parcela nº 66 (COREIXE) de Lañas. O alcalde explica que esta parcela corresponde a una propiedade da antiga Cámara Agraria Local do Concello da Baña, é na que está a área recreativa de Lañas e na que o obradoiro de emprego fixera tempo atrás unhas melloras de adecentamento da mesma. O periodo de concesión deste terreo rematou no 2011 e como paso previo a subastar este terreo a administración ofrécello ao Concello da Baña que está valorado en 17.017,36 euros. A lei de patrimonio de Galicia no seu artigo 70 permite o pagamento fraccionado en 10 cotas anuais (ver cadro de pagos ilustrativo enviado pola Consellería de Facenda) .

cadro_pagos_coreixe

O concelleiro de Compromiso por Galicia, César Ramos, entende que é positivo para o Concello adquirir esta parcela, así mesmo ve coherente, na medida do posíbel, realizar arranxos e melloras para que a parroquia de Lañas poida gozar dunha área de lecer mellorada.

Toda a corporación vota favorablemente esta adquisición.

2. Sobre a modificación puntual do PXOM na rúa Camiño de Monelos o alcalde explica que é necesario realizar esta modificación puntual para dar cumprimento á sentenza 838/2007 da Sección Segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nos seus fundamentos de dereito.

O alcalde di que por diversos motivos a problemática neste camiño non se puido solucionar antes pero agora tanto o secretario como os técnicos do Concello chegaron a un principio de acordo cos veciños e veciñas implicados.

Os puntos fundamentais desta modificación serían:  modificación da delimitación de solo urbano (solo rústico apto para urbanizar), a ampliación da vía debe realizarse mediante ocupación equidistante do eixe para ambas marxes e faise tamén neste proxecto unha análise das edificabilidades desta modificación puntual. Na seguinte ligazón pódese descargar un resumo deste proxecto, ou consultalo nas dependencias da Casa do Concello:

https://goo.gl/UDeOQd

O concelleiro de Compromiso por Galicia explica que este camiño leva dando lugar a unha polémica que dura máis de dez anos (co conseguinte gasto en avogados e tribunais) debido a rencillas partidistas entre os partidos con representación na corporación municipal neses anos (PP e PSOE) que é evidente que trascenderon ao ámbito persoal do alcalde e concelleiros/as. César pide que se esquezan estas polémicas e se comece dunha vez a tomar decisións en beneficio dos veciños e veciñas e de forma totalmente imparcia, lonxe de decisións partidistal.

O proxecto de modificación puntual do PXOM no camiño de Monelos é aprobado co voto favorable de PP e PSOE e a abstención de COMPROMISO.

O secretario explica que o proxecto será publicado no DOG e estará a consulta pública por un prazo de 2 meses.

3. Respecto á aprobación provisional da Ordenanza reguladora da ocupación da vía pública con mesas, cadeiras e outros elementos móbiles o alcalde explica que é necesario regulalo porque hai varios locais de hostalería que xa transmitiron a súa vontade de montar terrazas nos seus locais.

O alcalde tamén pide que se vote unha regularización transitoria para posibles solicitudes durante o período de consulta pública da ordenanza, xa que a temporada estival está a piques de comezar. Na seguinte ligzón podedes consultar un borrador desta ordenanza:

https://goo.gl/Kx2E4Y

César Ramos, concelleiro de COMPROMISO, indica que é positivo a creación desta ordenanza e solicita que as taxas correspondentes para a creación destes espazos sexan simbólicas, para que a veciñanza teña todas as facilidades. Así mesmo, solicita que cando un negocio instale estes espazos que se aclare cos propietarios o horario de apertura e peche dos mesmos, sempre acordes á licenza municipal correspondente.

Tamén pregunta se neste período de transición ata que sexa aprobada definitivamente a ordenanza se lle vai cobrar algunha taxa aos propietarios coa contestación da alcaldía que ata que se aprobe definitivamente non se cobrará nada.

A ordenanza é aprobada co voto favorable de todos os presentes.