Crónica do pleno extraordinario do 30 de agosto do 2016

Pleno extraordinario no que houbo tres puntos na orde do día:

1. Elección dos membros das mesas para as eleccións ao Parlamento de Galicia.

2. Festivos locais 2017.

Houbo unanimidade na elección do 8 de setembro e no outro festivo cada grupo presentou a súa proposta. O PSOE prefería que fora o martes de entroido e o PP quería o luns de Pascua. Compromiso ofreceu os resultados da enquisa feita na que calquera veciño ou veciña pudo votar. O 80% dos participantes elixiron o 8 de setembro e un tercio preferían que fora festivo o xoves 7 de decembro, entre o mércores e venres festivos. Finalmente saiu elixida a proposta do PP, o luns de Pascua.

3. Aprobación do proxecto da obra “Mellora da eficiencia enerxética e habitabilidade no CPI San Vicente”

Este terceiro punto foi aprobado por todos os membros da corporación. Este proxecto consiste na transformación do patio cuberto grande (debaixo de infantil) nunha sala multiusos que servirá para as actividades do colexio e tamén para realizar algunha actividade das escolas deportivas, se fora preciso. César Ramos apuntou que había un erro no título do proxecto, pois o centro xa leva tempo sendo CPI e non CEIP. Pediu que o modificara para que non houbera confusións co CEIP de San Vicenzo, sito en Vimianzo.

Neste último punto houbo unha pequena discusión entre o voceiro do PSOE e o alcalde sobre as decisións adoptadas polo PP na Deputación da Coruña no referido a aprobación dos presupostos. O noso concelleiro argumentoulles que as subvencións da Deputación son para toda a veciñanza, e non son propiedade de ningún partido político. E pediulle a ambos que se esqueceran deses rancores entre partidos e tentaran conseguir para á Baña as maiores axudas posibles.