Crónica do pleno extraordinario do 8 de novembro de 2017

A sesión comezou puntual ás 14:00 horas coa asistencia de todos os concelleiros e concelleiras cun único punto na orde do día:

ÚNICO: Solicitude de inclusión de novos investimentos no POS+adicional 2017.

23231474_10156903806924768_295929194577099502_n

O alcalde explica que era necesario aprobar o proxecto de submnistro de sinais viarias porque o prazo para incluílo no POS+ adicional remataba o vindeiro 15 de novembro.

O proxecto cun investimento de 18.181, 80 euros inclúe a sinalización en aluminio, xa que a pesar do coste superior ás sinais galvanizadas a súa durabilidade compénsao. Adquírinse 230 abrazaderas de aceiro coa súa tornillería en acero inoxidable. Colocaránse 30 novos sinais tamén con soporte de aluminio. Adquírinse tamén 58 sinais informativos cos seus respectivos soportes e abrazaderas.

O noso concelleiro César Ramos toma a palabra e explica que o proxecto é positivo xa que Compromiso por Galicia leva tempo reclamando unha mellora na sinalización do Concello, así mesmo indica que se adquira material de calidade para que sexa duradeiro. César tamén solicita que este proxecto inclúa recolocar os espellos que están en mal estado e que xa se solicitara con antelación polo sue grupo político. O alcalde comunica que tamén se incluirán estas melloras.

O proxecto é aprobado co voto favorable de todos os concelleiros e concelleiras.

A sesión finaliza ás 14:20 horas.