Crónica do pleno extraordinario de 19 de decembro de 2018 (POS+2019)

Ás 14:05 horas dá comezo a sesión coa asistencia de toda a Corporación Municipal coa seguinte orde do día:

1- Adhesión á Asociación de entidades locais pola lingua galega.

2- Solicitudes de bonificacións do IBI.

3- Plan Único POS + 2019 da Deputación Provincial da Coruña.

pantallazo

1- O  Concello da Baña deberá pagar unha cota anual de 1000 euros para poder formar parte desta asociación da que xa forman parte Concellos limítrofes como Negreira ou Ames. Os fins pricipais da asociación son promover e dinamizar o uso da lingua galega, impulsar e dar aopio aos proxectos e iniciativas que das entidades locais se xeren arredor da dinamización da lingua galega ou crear e manter espazos de intercambio de experiencias e de formación sobre o proceso de normalización lingüística.

Toda a Corporación vota a favor da aprobación deste punto.

2- O alcalde explica que debe ir a pleno a aprobación da bonificación do 95 % no recibo do IBI para os propietarios e propietarias de construcións onde se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras.

Toda a Corporación vota a favor neste punto.

POS + 2019

(Descargar as bases reguladoras)

3- O alcalde explica que o POS + do Concello da Baña correspóndenlle un total de 568.541,51 euros, divididos en “achega provincial 2019: 262.841,86 euros”, “achega provincial 2018: 125.181,84 euros” e “préstamo provincial 2019: 180.517,81 euros”.

resumo_posTáboa resumo do POS + 2019

Como se pode ver na anterior táboa a “ACHEGA PROVINCIAL 2019″ está destinada integramente (262.841,66 euros) a gasto corrente.

(PODES PREMER NAS LIGAZÓNS PARA DESCARGAR UNHA COPIA DOS PROXECTOS)

A “ACHEGA PROVINCIAL 2018″ de 125.181,85 euros está destinada ao proxecto de Pavimentación en Duomes de Arriba-Seilán e á pavimentación de Trece-A Costa.

resumo_achega_provincial

O “PRÉSTAMO PROVINCIAL 2019″ está destinado á pavimentación do vial e saneamento en Corneira por un importe de 180.517,81 euros.

prestamos provincial

O “PLAN COMPLEMENTARIO”de 393.072,42 euros está destinado aos seguintes proxectos:

plan_complementario

Pavimentación do vial Cruceiro-Rial (Ordoeste).

Pavimentación en Emes-Seoane (Barcala).

Pavimentación en Faxín-Francos (Suevos).

Pavimentación no centro de Cabanas.

Pavimentación do vial de S.Vicente a Paredes (A Baña).

“O asfaltado de vías é importante pero tamén o son aspectos relacionados coa cultura, deporte ou a promoción turística do Concello da Baña”

O noso concelleiro explica que pode dicir o mesmo que dixo hai exactamente un ano cando se aprobou o PLAN ÚNICO 2018. Os proxectos parécennos positivos e necesarios (algún deles solicitado polo noso grupo político). A pavimentación do noso Concello é un asunto de importancia pero tamén son importantes a realización doutro tipo de actuacións que o noso grupo político xa demandou con anterioridade:

  • A creación dun salón de actos para realizar actos culturais importantes. No noso Concello hai unha tradición musical e cultural importante e é necesario dispoñer dun local para actuacións. Algunhas veces é necesario dispoñer de instalacións doutros Concellos para poder realizalas.
  • AS gradas do Campo de Fútbol municipal seguen con estruturas de fibrocemento e por moción presentada por CxG e aprobada deben retirarse, non se contempla esta actuación
  • A parroquia do Barro, como xa dixemos o ano pasado, continúa a ser a única parroquia que non dispón dunha zona de ocio ou deportiva, ademais de continuar a ser nesta lexislatura unha das parroquias máis esquecidas do Concello. Comentóusenos que se ía valorar crear un espazo de ocio e tamén unha actuación no Pico de Sta. Mariña, que pode ser importante a nivel turístico e non se contempla.
  • Solicitamos actuacións relacionadas co turismo rural, na aposta por acondicionar rutas de sendeirismo novas e promocionar xa as existentes. A ruta de sendeirismo á beira do río Barcala que propuxemos dende CxG ou as rutas creadas polo alumnado do CPI de S. Vicente dentro do proxecto “Facendo Escola”, non se contempla nada referente a isto.
  • Acondicionar unhas instalacións como albergue para peregrinos, para desa forma promocionar o noso Concello na Vía Mariana e na Ruta do Camiño a Muxía. Nun pleno contestousenos  textualmente que se ía facer pero “tempo ao tempo”… lamentablemente nestes aspectos o tempo apremia e seguramente outros Concellos estean investindo nunhas instalacións parecidas e ao noso Concello cheguen tarde.

Este punto é aprobado co voto a favor de PP e PSOE e a abstención do concelleiro de CxG.

O alcalde con motivo do 40 aniversario da Constitución entrega un agasallo a todos os concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal.

E sen haber máis asuntos que tratar levántase a sesión sendo as 14:35 horas.