Crónica do pleno extraordinario do 19 de decembro de 2017 (POS+2018)

pleno_baña

A sesión comeza ás 14:00 h., coa ausencia do concelleiro Manuel Tourís (PP) cos seguintes puntos na orde do día:

  • Pronunciamento do Pleno sobre a urxencia da sesión.
  • Plan Único de Concellos POS + 2018

Respecto ao punto 1, o noso concelleiro, César Ramos, é o único que intervén neste punto dicindo que a xustificación de facer unha Comisión Informativa e un Pleno de urxencia podía evitarse, xa que as explicacións dadas polo señor alcalde foron que a semana pasada o luns, martes e mércores non había servizo de internet na Baña. O noso concelleiro indica que podían avisar por teléfono ou mandar un correo electrónico co móbil para avisar con antelación (para a Comisión Informativa avisaron o día anterior).

O punto apróbase co voto favorable de PP e PSOE e a abstención de Compromiso por Galicia.

Con respecto ao segundo punto o alcalde explica as actuacións que se incluirán no POS + 2018, a continuación explicamos brevemente todas elas especificando o seu importe:

Mapa-parroquias-nombres

– Para gasto corrente unha partida de 260.000 euros para sufragar gastos da desbrozadora municipal e subministros de combustible.

– “Proxecto de reforma da piscina existente en S.Vicente, Concello da Baña”: valado, rampa para minusválidos, melloras nos vasos, pintura e reforma dos vestiarios por un total de 73.546,68 euros.

“Pavimentación da Vía Pública Ermida- Límite Santa Comba a cruce Edreira”: 2 quilómetros e medio de asfaltado en aglomerado, por un total de 135.525,07 euros.

“Pavimentación da Vía Pública en Prousor”: adecentar no medio do núcleo rural e pavimentación dende Prousor a Cantalarrana (asfaltado), 46.379,49 euros.

“Pavimentación da Vía Pública Límite do Concello de Val do Dubra – Vilacova, Santa María de Troitosende”: con aglomerado en quente, inclúe tamén o campo da festa por un importe de 171.191,63 euros.

“Pavimentación da Vía Pública en S. Cibrán e no Espiño”: sobre 300 metros , tentarase anchear o máximo para que poidan transitar dous coches, por un total de 59.696,78 euros.

– “Pavimentación da vía pública Agromaior – Ferraces e Vilanova – Folgueira”: por un total de 60.510,33 euros.

“Pavimentación de Vía Pública en Nantón e S. Mamede”: pavimentación en formigón por un total de 73.933,75 euros.

– “Ampliación do abastecemento de auga en Barcala e Outros”: inclúe esta actuación os núcleos de Emes, Arzón, Seoane por un importe de 91.625,47 euros.

“Pavimentación en Estación (Marcelle) – Suevos – Reguengo”: inclúe a pavimentación con aglomerado en quente nos núcleos de Choupana, Cruz, Faxín e Reguengo, cun importe de 159.694,78 euros.

– Plan Complementario: “Humanización do adro da Igrexa de Fiopáns” por un total de 160.016,95 euros.

 

O noso concelleiro explica que as actuación parécenlle positivas, algunhas delas moi necesarias, a xornada pasada en concreto o noso grupo político estivo visitando os núcleos onde se van realizar. A pavimentación do noso Concello é un asunto de importancia pero tamén son importantes a realización doutro tipo de actuacións que o noso grupo político xa demandou con anterioridade:

“A pavimentación do noso Concello é un asunto de importancia pero tamén é importante a realización doutro tipo de actuacións”

  • A creación dun salón de actos para realizar actos culturais importantes. No noso Concello hai unha tradición musical e cultural importante e é necesario dispoñer dun local para actuacións. Algunhas veces é necesario dispoñer de instalacións doutros Concellos para poder realizalas.
  • A parroquia do Barro continúa a ser a única parroquia que non dispón de unha zona de ocio ou deportiva,ademais de ser nesta lexislatura a parroquia máis esquecida do Concello.
  • Insistimos na necesidade de crear unha senda peonil na estrada AC-444 entre Nantón e S. Mamede, que aínda que é titular a Xunta de Galicia cremos moi importante debido ao perigo de transitar a pé.
  • Solicitamos actuacións relacionadas co turismo rural, a Baña ten un potencial enorme neste ámbito e queremos que se creen rutas de sendeirismo e mellorar as actuais para promocionar os locais de turismo rural do noso Concello.
  • Respecto ao saneamento e abastecemento de auga é primordial que se fagan actuacións, xa que despois de tantos anos de goberno o grupo de goberno promete actuacións neste ámbito pero lexislatura tras lexislatura non chegan a executarse.

Finalmente respecto ao proxecto de mellora da piscina municipal, César Ramos, indica que é necesario cumprir o artigo 22º do Decreto 103/2005 de 6 de maio polo que se establece a regulamentación técnico-sanitaria de piscinas de uso colectivo. Esta normativa indica que é necesario que os vestiarios teñan un equipamento específico segundo a superficie da lámina de auga (un retrete ou urinario por cada 50 metros cadrados).

Así mesmo tamén indica que as duchas dos vestiarios seguen a carecer de auga quente, polo que parece importante incluír esta actuación xa que se fai un importante investimento de 73.546,68 euros.

piscina

Este punto apróbase co voto favorable de PP e PSOE e a abstención de CxG.

Non habendo ningún outro punto a tratar levántase a sesión ás 14:30 horas.