CRONICA DO PLENO EXTRAORDINARIO DE 15 DE XULLO DE 2019

IMG-20190715-WA0032Momento do pleno

Comeza a sesión puntual, ás 20.00 horas coa asistencia de toda a Corporación. Esta sesión convocouse para tratar os puntos non aprobados na sesión de organización do pasado 29 de xuño (VER CRÓNICA). É necesario destacar que nesta sesión xa se incorporou o novo secretario, Dalmiro Núñez, que compatibilizará o seu traballo co do Concello da Agolada. A orde do día foi a seguinte:

convocatoria pleno 15 xullo 2019

1.- Creación e composición das Comisións Informativas:

Neste punto a propia lexislación indica que debe estar integrada por cinco concelleiros/as repartidos en función da representación dos distintos grupos político resultando do seguinte xeito: PP 2 concelleiros, PSOE 2 concelleiros e CxG 1 concelleiro.

Todos os grupos políticos votan a favor neste punto.

Así que quedan constituídas dúas comisións informativas, unha comisión informativa única e a comisión informativa especial de contas.

 IMG-20190715-WA0028César Ramos e David Gontán, concelleiros de CxG A Baña

2.- Nomear representantes nos órganos colexiados de competencia do Pleno.

O señor alcalde o venres transmítenos que defendamos a nosa proposta no pleno e despois no mesmo pleno só permite votar a proposta do PSOE.

Despois de que o grupo de goberno explicara a súa proposta dende CxG, tal como nos transmitira en conversa telefónica o pasado venres o señor alcalde, expuxemos a nosa intención de formar parte do consello da Fundación de Discapacitados Psíquicos de Barcala. Sorprendeunos que o venres pasado nos dixera que defendéramos a nosa proposta neste pleno e na mesma sesión diga que só se vai votar a proposta do PSOE.

A votación foi a seguinte: PP e CxG en contra e PSOE a favor, polo que este punto non se aproba.

Tratarase novamente este punto noutro pleno.

3.- Determinación dos cargos con dedicación exclusiva ou parcial e retribucións.

Nas sesións plenarias o meu grupo vai falar cando considere e vai adoptar as decisións que considere, non as que se lle impoñan ou as que queira vostede. (César Ramos)

O grupo de goberno plantexou dúas dedicacións, unha exclusiva para a alcaldía cunha remuneración bruta anual de 36.000 euros e unha parcial de 12.000 euros (20 horas semanais). O portavoz de CxG que manifestou que non ía intervir neste punto foi aludido polo señor alcalde da seguinte forma “CxG creo que non vai comentar nada, é outra cousa que non entendemos“. César Ramos por alusións pediu a palabra e explicou que CxG vai falar cando o consideremos e imos adoptar as decisións que consideremos, non as que se impoñan.

Este punto non se aproba polo voto en contra de PP e a abstención de CxG.

4.- Determinación das axudas de custo por asistencia a sesións e indemnizacions dos membros da Corporación Local.

A proposta do grupo de goberno é establecer a favor dos integrantes da Corporación Local indemnizacións polos gastos efectivos ocasionados no exercicio do seu cargo así como nos supostos de convocatorias a sesións de organismos non dependentes do Concello da Baña (dietas e quilometraxes), segundo as normas de aplicación xeral nas Administracións Públicas. A asistencia a estes organismos terá unha axuda, igual a anterior lexislatura, de custe de 75 euros.

Todos os presentes votan a favor.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 20.35 horas.