Crónica do pleno de 31 de outubro de 2018

A sesión comeza puntual ás 14:00 horas coa asistencia de toda a Corporación Municipal con dous puntos na orde do día sobre o Camiño de Monelos que finalmente foron aprobados.

cesar_plenoCésar Ramos, concelleiro de CxG

VER ARTIGO SOBRE O CAMIÑO DE MONELOS PUBLICADO EN XUÑO DE 2017

DESCARGAR PROXECTO

convocatoria_monelos_31_outubro_2018

1.- Aprobación provisional da modificación puntual do PXOM da Baña – Camiño de Monelos.

IMG_20170520_205222518Imaxe do Camiño de Monelos de xullo de 2017

O alcalde explica que agora hai vontade de acordo para rematar dunha vez coa polémica do proxecto do Camiño de Monelos e que se vai votar unha aprobación provisional para enviar o proxecto a Urbanismo.

Non quixéchedes facer política no seu momento, dialogar coas partes e tivo que ser a xustiza a que falara.

O noso concelleiro César Ramos pide a palabra e di o seguinte:

“Este camiño leva dando lugar a unha polémica que dura máis de dez anos. O PXOM foi aprobado no 2003 (hai 15 anos) e no camiño de Monelos non se actuou de forma ecuánime e imparcial, así o di a sentenza do 18 de outubro de 2007. Non quixéchedes facer política no seu momento, dialogar coas partes e tivo que ser a xustiza a que falara. E que dixo a xustiza? Pois que o noso alcalde non tiña razón.

Co conseguinte gasto en avogados e tribunais, Canto lle custou este proceso ao Concello?

Gustaríame que se fixera público o que tivemos que pagar todos e todas por culpa desta problemática. Seguramente sexa unha cantidade importante.

Entrouse nunha dinámica que durou dez anos de piques e rencillas persoais entre  PP e PSOE.

Ademais é obvio que dende o Concello non fixéchedes as cousas ben porque se deu licenza para obrar en terreos que non se podía e despois entrouse nunha dinámica que durou dez anos de piques e rencillas persoais entre o PP e PSOE. Creo que ninguén pode negar que primaban máis intereses persoais que o propio ben común. Non é necesario explicar nada máis porque todos coñecemos esa problemática que transcendeu ao ámbito persoal con moita polémica veciñal e crispación máis alá do salón de plenos…

Ademais a mala prensa que lle deu ao Concello durante todos eses anos:, non hai nada máis que ver estes titulares: “O PSOE e o PP dirimirán as súas diferenzas políticas no xulgado” (decembro de 2003), “Continúan as declaracións xudiciais pola apertura dun camiño en Monelos” (maio de 2004), “PP e PSOE acordan solucionar a polémica rúa de Monelos” (novembro 2007)…

Creo que xa van sendo horas que se esquezan estas polémicas e se comece dunha vez a tomar decisións en beneficio dos veciños e veciñas e de forma totalmente imparcial, lonxe de decisións partidistas. Porque agora vaise solucionar un tramo desa rúa pero aínda queda outro tramo e unha obra que leva 12 anos a medio facer…e hai que buscarlle unha solución”.

O punto apróbase co voto a favor de PP e PSOE e a abstención de CxG.

 

2.- Aprobación do proxecto de ampliación do Camiño de Monelos.

O alcalde explica que se vai votar este punto para ir traballando ao mesmo tempo que a modificación puntual do PXOM. O secretario tamén informa de que hai unha modificación no proxecto debido a un erro (o material co que se constrúe unha estrutura) e o orzamento final é de 117.415,07 euros.

Se cadra é mellor revisalo ben e corrixir estas pequenas cousas que mandalo a Patrimonio e que veñan de volta coa conseguinte demora nos prazos

O concelleiro de CxG neste punto di o seguinte:

Con respecto ao proxecto dicir tres asuntos para que se teñan en conta:

Finalmente foron declarados dous Hórreos como BIC, algo que xa dixeramos dende CxG no pleno de 28 de marzo de 2018, espero que se faga xa un catálogo de BICs do Concello máis alá deste proxecto e se delimite o radio de protección (segundo me consta é competencia dos Concellos) e se traballe na posta en valor destes ben de interese cultural.

 “No plano da páxina 88 do proxecto modificado da ampliación do camiño aparece o HÓRREO 3 como peche e no propio Informe de Patrimonio cita o artigo 92 da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia di que non se poderá autorizar a construción de peches perimétricos  totais ou parciais nin a construción de edificacións acaroadas. O proxecto non pode incumprir este artigo.

No apartado 6.2 cita a Lei 13/1995 de 18 de maio de Contratos das Administracións Públicas, que se non me equivoco está derrogada. (Está en vigor a 9/2017 de 8 de novembro).

Se cadra é mellor revisalo ben e corrixir estes pequenos asuntos que mandalo a Patrimonio e que veñan de volta coa conseguinte demora nos prazos”.

O punto apróbase co voto a favor do PP e a abstención de PSOE e CxG.

 

E sen haber máis asuntos que tratar levántase a sesión sendo as 14:35 h.