CRÓNICA DO PLENO DE 25 DE SETEMBRO DE 2019

A sesión dá comezo puntual coa asistencia de toda a Corporación Municipal, agás o edil Manuel Tourís (PP) que na sesión de hoxe renunciaba ao seu cargo. A orde do día é a seguinte:

WhatsApp Image 2019-07-08 at 19.57.21__

1.- Renuncia ao cargo de Manuel Tourís Fernández

O alcalde e os portavoces dos partidos da oposición agradecen o traballo desenvolvido polo edil durante os 12 anos que formou parte da Corporación Municipal do Concello da Baña.

IMG_20190925_194810986David Gontán e César Ramos momentos antes do pleno

2.- Aprobación da acta anterior.

A acta non se aproba, xa que dende CxG solicitamos a inclusión na mesma dos comentarioss solicitados na propia sesión plenaria e modificar as pertinetes aclaracións e correccións en diferentes apartados:

– Onde di INTERVENCIÓNS, no punto referente ás remuneracións da alcaldía di: Intervén o alcalde, José Antonio Pereira Gil. Sinala que non quere convencer a ninguén coa súa proposta (non se entende, esa frase é miña non do alcalde).

– No punto referente á remuneración da segunda tenente de alcaldía di: Sinala que recoñer unha dedicación é permitir que o alcalde ou ela podan vivir de algo en tanto fan as súas funcións como alcalde ou concelleira. Remata sinalando que a oposición terá que explicarlle á veciñanza que non queiran que no concello non haia concelleiros. Non se entende moi ben.

– Nas intervencións respecto á Ordenanza “A Baña Madruga” non constan as indicacións que fixemos dende CxG: que se valorara crear un período de proba para coñecer se é viable para o Concello da Baña e outras modificacións como incluír as intolerancias ou dous tramos horarios. Solicitamos que se inclúan na acta.

– Nas respostas ás preguntas de xullo pedín que constara en acta as afirmacións do alcalde respecto aos muros no lugar de Nantòn (pregunta número 8) que dixo textualmente: “eu díxenlle a algún veciño que si no proxecto había muros, ía haber muros e no proxecto sabe que non hai muros, polo tanto temos que rexirnos polo proxecto”. Non constan na acta esas afirmación solicitamos que se inclúan na acta.

– No propio pleno solicitamos incluír na acta as palabras do alcalde ao responder a pregunta nº 10 do pleno anterior sobre a contratación de monitores/as para o campamento lúdico, nas que afirmaba que lle deu indicacións á empresa de non contar con monitores fumadores, e non o inclúe na acta. Solicitamos a súa inclusión na acta.

 

3.- Aprobación se procede do réxime retributivo da alcaldía.

Isto foi o que dixo o noso concelleiro, César Ramos:

“Pese a ofrecernos no último pleno, ninguén se puxo en contacto con nós para negociar nada. Está visto que ao señor Pereira non lle gusta falar e prefire esixir”

No anterior pleno ordinario dixen unhas 7 veces que se o grupo de goberno quere unha proposta de CxG para aprobar os salarios só ten que pedila. Dende o 28 de agosto o grupo de goberno só se puxo en contacto con nós a través de un watshapp para informar da concentración de repulsa dos asasinatos machistas de Valga. Ningunha outra comunicación para negociar nada. Está visto que ao señor Pereira non lle gusta falar coa oposición e prefire esixir.

A proposta de CxG sobre a remuneración da alcaldía é xa coñecida por todos e todas. A nosa proposta é a mesma que a do 2015 e a do 2019, como xa dixen ata a saciedade en anteriores plenos. En CxG pensamos que a política non pode ser un medio para enriquecerse e máis aínda nun Concello de menos de 5000 habitantes por iso queremos que a alcaldía cobre o mesmo que cobre no seu traballo engadindo ata un 10% debido á responsabilidade do cargo.

É a nosa proposta guste ou non guste e a proposta que defenderemos.

No pleno do pasado 15 de xullo o señor alcalde dixo o seguinte (no minuto 30 e 30 segundos):  “CxG dixo aquí no anterior pleno que vería normal unha dedicación do alcalde que fora un 10, un 15 ou un 20 por cento máis por encima do seu traballo que ten habitualmente. Eu ensineille a miña nómina de traballo e é de 1858 euros, podemos calcularlle un 15 por cento por encima serían 278 euros que nos poríamos en 2136 euros. Aplícalle un IRPF dun 15% mais un 4,5 % (cotizacións común, cotizacións por desemprego, por formación, ) ponse nun bruto de 2.584 euros, multiplícao por 14 pagas e ponse en  36.183 euros”.

VOSTEDE MENTIU. E cando se me minte a min pois mire, case nin me importa, pero como eu estou aquí representando á xente da Baña e a un colectivo (igual ca vostede) pois mosquéame máis e paréceme máis grave.

Minte porque eu falei dun 10 por cento non dun 20 como fai vostede nas súas contas. Minte porque vostede di que me ensinou a súa nómina de traballo, e si é certo pero doume tempo a ver só a cantidade de 1858 euros (despois escondeuna). MINTE porque vostede non cobra 14 pagas de 1858 euros no seu traballo habitual (ou polo menos non a declara), tratou de enganarnos. MINTE porque vostede non ten unha retención do 15 % do IRPF, vostede ten unha retención dun 9,8 % (e aínda lle devolven). VOSTEDE TRATOU DE ENGANARNOS. NON É CERTO O QUE AFIRMOU VOSTEDE nese pleno.

Pero isto non queda aí, no pleno do pasado 28 de agosto, vostede dixo (minuto do pleno 7 e 24 segundos) que non entregou con anterioridade a declaración da renda pero si un documento “de declaración de bens onde poñemos o que temos e o que gañamos”  e é MENTIRA. Nese documento, que está escrito a boli non aparece o que vostede gaña, si aparece o que ten na conta, os bens que ten pero non o que gaña. Ese dato quíxoo ocultar.

Que conste na acta o que vou dicir a continuación: Solicitamos a publicación urxente das declaracións de bens e actividades na web municipal facendo cumprir a Lei de Transparencia.

Nese mesmo pleno de agosto tamén di textualmente (minuto 7 e 40 segundos) “vostede levaba no seu programa electoral unha cifra de 2000 euros para o salario do alcalde, iso é o que levaba na cifra”. VOSTEDE MINTE DE NOVO (como xa lle fixen saber no mesmo pleno). O programa electoral ao que fai vostede referencia e que pode ser consultado na nosa páxina web di: “ Redución do salario do alcalde a un máximo de 2.000 euros como salario neto mensual. Entendendo que esta retribución garanta unhas condicións dignas para exercer as responsabilidades e funcións que supoñen o cargo asumido. O soldo poderá variar en función das responsabilidades e será revisable cada ano”. VOSTEDE MINTE E QUERE ENGANAR Á XENTE RESPECTO AO NOSO PROGRAMA, algo que non é propio dun alcalde.

“Prefire ameazar con marchar para o seu traballo que pedirnos unha proposta de salarios”

– TAMÉN MINTEN, cando nunha reunión con CxG no mes de xullo dinnos os seus compañeiros (vostede tivera que ausentarse por un motivo persoal), que vostede o 1 de agosto vai volver ao seu posto na empresa privada, tamén MINTE cando nunha entrevista posterior di que se vai incorporar ao seu traballo o día 1 de setembro, e tamén MINTE cando no último pleno ameaza vostede con publicar un bando municipal e volver ao seu traballo o día 15 de setembro. Hoxe estamos a 25 de setembro xa e vostede segue sen cumprir as súas ameazas.

– PERO AÍNDA HAI MÁIS, vostede despois de presentar unha proposta na comisión informativa de agosto chega ao pleno dous días despois e modifica a súa proposta, co beneplácito do secretario, sen motivo aparente e sen ningún tipo de xustificación. Algo que non cremos legal nin ético porque parece que vostede se ri do traballo de CxG e das decisións que adoptamos.

– E CHEGAMOS A COMISIÓN INFORMATIVA DE HAI DOUS DÍAS, e o disparate aínda é maior, resulta que vostede pon na orde do día como primeiro punto a renuncia do concelleiro Manuel Tourís, tamén co beneplácito do señor secretario evidentemente, para que unha vez que renuncie ao seu posto xa non poida votar este punto da súa remuneración.  Podía vostede convocar un pleno extraordinario para esta renuncia ou poñer ese punto de último para que a ausencia dun concelleiro non influíse na votación da Corporación e na decisión democrática dos veciños e veciñas da Baña o día das eleccións, pero preferiu poñelo de primeiro. Aínda solicitándoo na comisión informativa, a vostede dalle igual e continúa sen modificar.

“Parécenos patética, lamentable e moi sucia esta forma de proceder do PSOE da Baña”

E digo eu, que as veces son mal pensado, se cadra o señor alcalde quere que a oposición quede sen un concelleiro, así se CxG se abstén na votación, aínda que o PP vote en contra apróbase a remuneración que vostede quere co voto de calidade do alcalde.

Parécenos patética, lamentable e moi sucia esta forma de proceder do PSOE da Baña. Iso non é facer política señor Pereira. Iso é darlle unha patada á democracia e á vontade da xente que votou para que nós esteamos aquí sentados.

“Se quere aprobar a súa remuneración dialogue con nós”

Vostede se quere aprobar a súa remuneración só ten que falar, con nós, dialogar, negociar que é algo que non lle gusta demasiado e prefire IMPOÑER. E dígoo moi en serio, se vostede non é quen de negociar, de chegar a acordos, de sentarse a falar, mellor é que deixe o seu posto para outro compañeiro seu.

Dende CxG dada esta forma de proceder sucia, con ameazas e con mentiras do PSOE da Baña, adoptamos a decisión de votar en contra neste punto (xa llo comuniquei na Comisión Informativa). Non só hoxe senón nas sucesivas veces que se traia ese punto a aprobación da Corporación sen unha negociación previa con CxG.

As remuneracións non se aproban co voto en contra de PP e CxG.

 

MOCIÓNS DOS GRUPOS POLÍTICOS

Unha nova moción de Compromiso aprobada

CxG defende unha moción para que o Concello da Baña participe na campaña “En negro contra violencia”, igual que solicitaran no 2017.

21271209_1570280803028916_4588406062586099822_n

A moción é aprobada co voto favorable de toda a Corporación.

PREGUNTAS DE CXG:

  1. Respecto ás respostas do anterior pleno na número 16 sobre o Facebook do Obradoiro de turismo, din vostedes que a organización e dirección do curso foi do Concello de Negreira. Vostedes preguntaron sobre este tema ao Concello de Negreira?
  2. Respecto á pregunta número 14 sobre a carpa de Troitosende dinnos vostedes que a factura é do 2017 e que foi un compromiso verbal do anterior alcalde e por iso non se lle vai pagar. Nesa resposta non din a verdade, a factura é do 6 de abril de 2018 e está dirixida ao Concello da Baña. Vaise aboar esta factura?
  3. Á pregunta número 19 do anterior pleno di: Queremos informar dalgunhas deficiencias que atopan os veciños e veciñas da parroquia de Monte no proxecto de Pavimentación da Vía Pública en Nantón e S. Mamede. No lugar de S. Mamede hai veciños e veciñas que teñen problemas coa canalización da auga e cando chove éntralles auga nas súas propiedades e nunha parte da rúa de S, Mamede o formigón novo remata na metade do vial (deixando dúas casas sen firme novo). Solicitamos que se revise esta actuación e se corrixan estas deficiencias. Dinnos que o formigonado limítase ao que marca o proxecto. De haber algunha anomalía será corrixida. A pregunta é se foron revisar a actuación e se van corrixir o problema coa canalización da auga.
  4. A pregunta número 23 sobre Avelino Pousa Antelo, responden textualmente: trataremos de dar cabida á súa petición na medida do posible. Isto é o mesmo que non contestar nada. Van nomear fillo predilecto do Concello da Baña a Avelino Pousa Antelo? Lembramos que con anterioridade vostedes asinaron un documento apoiando esta homenaxe.
  5. No anterior pleno preguntamos respecto a obra de Nantón dende CxG preguntámoslle se vostede fixera algunha promesa á veciñanza de Nantón e respondeume textualmente: “eu díxenlle a algún veciño que si no proxecto había muros, ía haber muros e no proxecto sabe que non hai muros, polo tanto temos que rexirnos polo proxecto”. Veciños dese lugar dinnos que falaron con vostede e que ao parecer si que houbo un compromiso do grupo de goberno para poñer os muros, e que incluso despois do pleno foi vostede visitar a zona. Volvemos preguntarlles vostedes ofreceron a veciños ou veciñas de Nantón poñer os muros? Van levantar eses muros? Como membros da Corporación debemos saber que actuacións se van facer.
  6. Un veciño da vila da Baña púxose en contacto con nós para ofrecerlle ao Concello a posibilidade de ofertar un curso de fotografía en branco e negro xa que dispón dun laboratorio analóxico en branco e negro. Gustaríanos poñelos en contacto con el para valorar ofertar un curso de fotografía que dea continuidade ao xa realizado hai uns meses e organizado pola axencia de desenvolvemento local.
  7. Como é que se oferta nas escolas deportivas clases de xadrez os luns de 14:30 h. a 15:30 h. cando o horario de comedor escolar é de 14:30 a 15:00 h.? Cal é o motivo deste horario?
  8. Como é que durante toda a semana pasada ofertaron estas clases de xadrez e o pasado luns pídenlles á ANPA que financie esas clases. Non deberían vostedes poñerse en contacto coa ANPA antes de ofertar a actividade e consensuar as actividades?
  9. Nas clases de baile moderno e latino que se ofrecen o martes de 19:00 h. a 20:00 h. e de 20:30 h. a 21:00 h. aparece no cartel informativo un número de teléfono de información que non é do Concello. Quen xestiona estas actividades? Ao ser unha empresa externa, por que di que a organiza o Concello? Saben vostedes que coinciden coas clases de pandeireta e de gaita da Escola de Musica tradicional? Porque poñen distintas actividades á mesma hora?
  10. Cal é o motivo polo que a aula de informática do 12 ao 20 de setembro só abriu unha hora (de 15:30 h. a 16:30 h.?
  11. Relacionado co servizo “A Baña Madruga” finalmente fixeron caso omiso das nosas recomendacións, sobre todo o de poñer un período de proba para avaliar o servizo, polo tanto entendo que se pagará 7.100 euros á empresa contratada para todo o curso. É así? Poden dicirnos neste período de portas abertas (gratuíto) cantos usuarios hai? Cal é o motivo polo que escolleron esta empresa?
  12. O pasado 12 de setembro entreguei unha instancia no rexistro municipal solicitando ver unha documentación (diferentes contratos, xornadas laborais dos traballadores do Concello e documentación referente á protección de datos do Concello, entre outros). Cal é a miña sorpresa que me comunican que vostede ao día seguinte reúne aos traballadores e traballadoras do Concello e lles di que non quere filtracións a membros de CxG. Queremos saber se é certo iso? Lembramos que nunha administración pública local non hai posibles filtracións con membros da oposición e si transparencia porque os concelleiros e concelleiras debemos estar informados en todo momento de todo o relacionado cos nosos traballadores/as. Vostede non é ninguén coartar a liberdade de expresión de ningún traballador/a e de impedir a alguén que estes se comunique con quen queiran.
  13. Nunha reunión que organizou vostede cos portavoces dos grupos políticos ( o 3 de xullo de 2019) para tratar diferentes aspectos de organización comentounos vostede que nas seleccións de persoal ían estar convocados representantes dos tres grupos políticos con representación. Nos antecedentes só vemos que convoca vostede a concelleiros do PSOE. Mentiunos vostede ou vai convocarnos nas seguintes?
  14. Nesa mesma reunión dende CxG solicitamos por escrito que o alcalde publicara a súa axenda política e o alcalde comprometeuse a facelo. Mentiunos ou vaino facer nun futuro?
  15. Sabemos que este ano o Concello non vai poñer a lavandería ao servizo dos equipos de fútbol do noso Concello. Ás categorías inferiores e os veteranos da Baña non se lles vai lavar a vestimenta de xogo, do mesmo xeito que se leva facendo multitude de anos atrás. Sabemos que é unha decisión de ámbito legal debido á normativa. Solicitamos que dende o Concello se lle busque unha solución e se faga un convenio cos equipos de fútbol para sufragar os gastos de lavandería.
  16. No último pleno comentóusenos que só ALICENTIS podía publicar na páxina oficial de Facebook do Concello. Solicitamos poder revisar os permisos desa páxina e confirmar que o que din é certo. Tamén que nos dean permiso para cotexar se ALICENTIS é que fixo as publicacións do pasado mes de xullo.
  17. Solicitamos que baixo ningún concepto se volvan a modificar as propostas presentadas en comisión informativa no pleno posterior sen xustificar a modificación urxente da mesma. Non pode ser que aos grupos políticos se nos presente unha proposta e un día despois se cambie sen xustificar o motivo, simplemente por criterio da alcaldía.
  18. Queremos reclamar a limpeza que fixeron na pista do Local Social de Suevos que cortaron as herbas e tiraron os restos detrás do local. Solicitamos que o recollan e o acondicionen axeitadamente.
WhatsApp Image 2019-09-26 at 11.58.56
  1. Seguimos a pedir que se instale unha marquesiña no lugar de Paredes, así como que se acondicionen debidamente as marquesiñas do resto do concello.
WhatsApp Image 2019-09-23 at 19.46.20Marquesiña no lugar de Ceilán
  1. Sobre a problemática da vespa velutina, o pasado mes de agosto dia 16 tiña un niño detrás da casa a uns 20 metros, fixen a correspondente chamada ao 012, advertindo de ter unha persoa alérxica na casa. Pasado un mes, o niño segue no sitio entón cando repito a chamada o 012 dinme que a incidencia está arranxada, que o problema esta solucionado. Ao día seguinte veñen os operarios do concello sobre as 12 da mañá a retiralo, recomendan os espertos sacar os niños pola noite para atopalas no niño. Dende o 012 dáse un numero de rexistro da chamada, e incluso recomendan mandar a ubicación exacta. Solicitamos informar á veciñanza da forma de proceder para estes casos.
  2. Queremos coñecer despois do dito no anterior pleno, se no novo persoal tanto da escola de música e escolas deportivas tamén se excluíu aos fumadores.
  3. Preguntamos por qué se tardou en publicar as bases do obradoiro XOVENES 2019, na Baña o 10 de setembro e noutros concellos o 26 de agosto, supoñemos que por esta tardanza so hai 2 persoas do concello da Baña.
  4. A estrada antiga de Nantón está chea de lixo,na antiga curva do alto de Nantón, hai pneumáticos e  plásticos. Solicitamos limpeza urxente.
  5. Queremos coñecer cal é o sistema de fichaxe laboral que vai utilizar o concello, e se ten unha empresa contratada para facer cumplir a lei de proteccion de datos.(LOPD)
  6. Con respecto ao saneamento ( ALCANTARILLADO), queremos coñecer se se está traballando nalgún proxecto para instalar nos lugares onde non o hai e conectar nos lugares onde xa está feito.
  7. Para as xornadas de portas abertas das escolas deportivas, avisáchedes  mércores a través das redes sociais, da web e cunha circular no colexio para unha actividade do día seguinte. Cal foi o motivo? Á mesma hora o día 13 na biblioteca estaba programada a actividade “contos pola igualdade”. Cal é o motivo de solapar dúas actividades?
  8. Para o Trail Campagnolo, pedíronnos colaboración e non sabemos nada. Nas escolas deportivas tamén se nos preguntou por algunha empresa afirmando que se nos consultaría os presupostos pedidos. Decatámonos polo cartel das actividades das escolas deportivas municipais que sae a empresa VVxestion de Actividades SL. Solicitamos información de se xa está contratada e o motivo polo que non se puxeron en contacto con nós tal como prometeron.

A sesión remata ás 22:18 h.