Continúa a ausencia de información por parte do Concello da Baña respecto ao proxecto da reitoral de Monte

O proxecto da reitoral de S. Mamede de Monte leva dando lugar a moita polémica dende que en abril de 2017 a exconselleira do PP, Rocío Mosquera, fixera unhas declaracións nun acto local privado de Negreira no que aseguraba que a reitoral de Monte, que é propiedade do arcebispado, pero que existe unha concesión ao Concello da Baña por 25 anos para a creación dun fogar residencial para persoas maiores desfavorecidas do Concello da Baña, estaba prácticamente cedida á asociación ANXIÑOS coa finalidade de crear un fogar para nenos e nenas con problemas mentais. Lembramos que a creación dunha vivenda comunitaria ou fogar residencial foi un punto principal do programa electoral do PP nas eleccións do 2007, 2011 e 2015, no que se gastaron máis de medio millón de euros en subvencións públicas.

índice2Programa electoral do PP nas eleccións municipais do 2015

Dende CxG A Baña a través do noso concelleiro, César Ramos, criticamos enerxicamente a falta de transparencia e escurantismo deste proxecto en varios plenos e escribimos varios artigos nesta mesma páxina web dando información de devandito proxecto.

IMG-20180219-WA0013César Ramos visitando as instalacións da reitoral en febreiro de 2018

Podes ler toda a información sobre a reitoral de Monte nos seguintes artigos:

http://abana.compromiso.gal/esiximos-explicacions-sobre-o-proxecto-da-rectoral-de-san-mamede/

http://abana.compromiso.gal/solicitamos-ao-alcalde-que-aclare-no-pleno-que-se-vai-facer-coa-reitoral-de-s-mamede/

http://abana.compromiso.gal/esiximos-mais-explicacions-sobre-o-proxecto-da-reitoral-de-san-mamede/

http://abana.compromiso.gal/falta-de-claridade-e-oscurantismo-do-concello-da-bana-no-proxecto-da-reitoral-de-s-mamede/

http://abana.compromiso.gal/continua-o-secretismo-respecto-ao-proxecto-da-reitoral-de-monte/

http://abana.compromiso.gal/visitamos-as-instalacions-da-reitoral-de-monte/

O pasado día 8 de xaneiro decatámonos por un artigo de “La Voz de Galicia” co titular: “A primeira casa de acollida para mozos con transtornos mentais cobra forma” que xa se realizaron obras nas instalacións e que ao longo do próximo mes daranse os últimos retoques no centro, polo que entendemos que o convenio entre o Concello da Baña e a Asociación Anxiños xa está asinado e sen informar, novamente. á veciñanza nin a Corporación Municipal. Non sabemos nada do convenio asinado polo Concello da Baña e se o mesmo inclúe o prometido en sesións plenarias: que o Concello da Baña ía ter participación activa no seo da asociación (sen participación económica), que cada partido estivera representado na asociación cun membro por partido, sendo importante na toma de decisións, que creen emprego e que parte do investimento realizado repercuta en políticas sociais para o Concello.

Momento exacto do pleno onde o PP promete o mencionado liñas atrás:

Imos actuar con total transparencia, sen ánimo de ocultar nada (García Cardeso en sesión plenaria ordinaria).

Dende Compromiso por Galicia A Baña, cremos que por enésima vez, o grupo de goberno (PP) non está cumprindo o prometido, ou canto menos non está actuando coa transparencia que dicía o señor alcalde, xa que nada sabemos do convenio entre o Concello da Baña e a asociación Anxiños. Polo tanto entregamos unha nova instancia no rexistro municipal solicitando:

Que de ser certa información publicada polo xornal “La Voz de Galicia” o día 8 de xaneiro se comunique por parte do Concello da Baña qué obras se están a realizar nas instalacións, se faga público o convenio de colaboración entre o Concello da Baña e a Asociación Anxiños e se nos facilite unha copia do mesmo.

A veciñanza merece estar informada en todo momento de qué se vai facer nun proxecto no que se investiron máis de 500.000 euros en subvencións públicas e no que o PP incumpliu reiteradamente o prometido aos veciños e veciñas da Baña.