Compromiso solicita que continúe aberta a piscina municipal e demanda limpezas na praza do concello e Chans

O secretario local e concelleiro de Compromiso por Galicia A Baña, César Ramos, vén de entregar no rexistro municipal do Concello dúas instancias solicitando por escrito que o Concello da Baña valore continuar unha semana ou unha quincena máis, coas instalacións da piscina municipal abertas ao público e que se efectúen os labores de limpeza axeitados na Área Recreativa de Chans e a Praza do Concello que quedaron luxadas despois das festas celebradas na vila da Baña o pasado fin de semana.

En Compromiso por Galicia queremos sempre traballar en beneficio da veciñanza e contribuír co noso traballo á mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas. Unha das nosas funcións como grupo político con representación na corporación municipal é informar á alcaldía de problemas para veciñanza do Concello para buscar solucións o antes posible.

Observamos que este ano a piscina municipal da Baña está tendo unha importante asistencia de usuarios, debido en gran parte ás boas condicións climatolóxicas reinantes neste verán que continúan favorables neste mes de setembro. Segundo as nosas informacións o servizo de socorrismo finaliza o vindeiro sábado 15 deste mes de setembro.

A climatoloxía, ao parecer, segundo as predicións actuais, non vai cambiar nos vindeiros días polo que seguramente teremos máis días cunha temperatura e cunhas condicións favorables para que a veciñanza poida seguir gozando das instalacións da piscina municipal.

piscina

Polo tanto, solicitamos ao grupo de goberno que valore continuar unha semana ou unha quincena máis, coas instalacións da piscina municipal abertas ao público para que a veciñanza poida continuar gozando da práctica de actividades acuáticas mentres as condicións climatolóxicas o permitan. 

Por outra banda varios veciños e veciñas puxéronse en contacto con nós para demandar que a praza do Concello e a Agra Recreativa de Chans, ambas na parroquia de S. Vicente, quedaron lixados e con mal aspecto despois das festas celebradas na nosa capital a fin de semana pasada, como pode apreciarse nas imaxes de abaixo.

Na Área Recreativa de Chans quedaron guindados por todo espazo multitude de envoltorios de plástico e residuos, ademais unha das papeleiras está en mal estado e o lixo que se introduce nela cae ao chan esparexéndose por todo o espazo. Queremos volver informar que algúns dos arrandeadoiros están tamén luxados e con mal aspecto.

IMG_20180910_203301505_HDR IMG_20180910_203359658_HDR IMG_20180910_203407202

Na praza do Concello no lugar onde estaba situada a cantina, quedou unha mancha escura e pegañenta no chan nun lugar onde os nenos e nenas pequenos adoitan habitualmente xogar.

Solicitamos, xa que logo, que con celeridade se efectúe a limpeza destas instalacións para que a veciñanza, sobre todo as crianzas, poidan gozar delas sen ningun tipo de risco.  

IMG_20180911_152640411_HDR

 

DESCARGAR INSTANCIA SOBRE A PISCINA
DESCARGAR INSTANCIA SOBRE A LIMPEZA