Compromiso solicita a limpeza e/ou substitución de todos os sinais en mal estado do Concello.

No pasado pleno ordinario de 27 de setembro Compromiso por Galicia, a través do seu concelleiro César Ramos, volveu solicitar ao goberno municipal que se realizara un plan de limpeza e substitución dos sinais de tráfico, sinais de lugares e espellos por todas as parroquias do noso Concello, xa que se atopan nun estado “lamentable”, dando unha mala imaxe xeral ao noso Concello e resultando un perigo evidente para transeúntes e condutores ou condutoras.

Foron xa varias veces durante toda a lexislatura que solicitaron ao grupo de goberno (PP) unha mellora da sinalización do Concello da Baña sen obter ningún tipo de resultado.

Esta foi o  que dixo textualmente César Ramos no pasado pleno ordinario:

“Volvemos pedir de novo que se cambien os espellos das estradas que se encontran en mal estado. Son moi necesarios para mellorar a visibilidade dos condutores e para reducir  o risco de accidentes de tráfico.
Os carteis dos lugares e sinais de tráfico do noso Concello, que en abril se nos dixo que se ía facer unha limpeza “exahustiva”, están moitos deles en moi mal estado: sucios, degradados ou mal colocados. Moitos sinais de limitación de velocidade son case imperceptibles, hai algún sinal de perigo por zona escolar en escolas que pecharon hai máis de 15 anos . Solicitamos de novo que se organice un plan para limpalos, colocalos ben e substituír os que están en mal estado”.

Así se atopan os sinais do Concello da Baña, sen cor, tapados por xestas, “espellos sen espello” e moitos deles ilexibles, debido a anos e anos de deixadez total.

IMG_20171003_184527143 IMG_20170918_14123094_6

 

IMG_20170917_130947323

 

IMG_20170920_142244276

En Compromiso por Galicia cremos que o goberno municipal debe ser máis responsable con esta importante sinalización polo que levamos máis de dous anos reclamando que se leve á práctica un procedemento de limpeza e substitución de todos os sinais de tráfico, sinalización a lugares, espellos e similares que se atopen en mal estado.

Esperamos que desta volta atendan as nosas peticións. Seguiremos atentos!!!