Compromiso solicita ao Concello da Baña e a consellería de Educación que aseguren a ausencia de amianto nos centros educativos da Baña

00-portada-altitud-trabajos-verticales-lineas-de-vida-seguridad-en-altura-amianto-asbesto-desamiantado-uralita-fibrocemento-rera-alcoy-alicante-valencia-murcia-albacete-castellon

En 1977 a Organización Mundial da Saúde catalogou o fribrocemento como canceríxeno de tipo 1, igual que o tabaco, está científicamente demostrado que as súas partículas dentro do organismo provocan asbestosis e mesotelioma. A exposición ao amianto, material aislante, se se rompe, se deteriora ou manipula, desfaise en fibras que ao ser inhaladas permanecen décadas no pulmón ata provocar cancro.

Habitualmente indícase que o amianto non é un material perigoso mentres que non se manipule, algo que quedou demostrado como falso, xa que todos os materiais que conteñen amianto desprenden en maior ou menor medida fibras durante a súa vida útil, ademais de que calquera accidente imprevisto pode expoñer a graves riscos ás persoas que se atopen preto cando iso suceda.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O AMIANTO

Nos centros educativos os nenos e nenas e o seu profesorado e persoal de administración e servizos pasan moitas horas e moitos anos polo que consideramos que debe ser un lugar completamente libre de amianto.

No pasado mes de maio entregamos unha moción no Concello da Baña que foi defendida polo noso concelleiro, César Ramos, e aprobada co voto favorable de todos os presentes no pleno ordinario do pasado 30 de maio. VER CRÓNICA DO PLENO. O acordo número 4 aprobado di o seguinte:

– Instar á Consellería de Educación á substitución dos produtos de fibrocemento que aínda existan nos centros educativos públicos do noso municipio coa maior celeridade que lle sexa posible.

No devandito pleno o alcalde, o popular José Andrés García Cardeso, maniféstase respecto á posible existencia de amianto no colexio de S. Vicente da seguinte maneira:

– “No que eu sepa do colexio da Baña, actuaron e a propia Consellería estivo xa, os técnicos cas correspondientes autorizacións e toda a historia, levaron eles todo directamente (…) Na Consellería, na Delegación no colexio público e toda a historia aí estiveron os técnicos traballando (…) e aí non detectaron amianto”.

Compromiso por Galicia non está de acordo coas palabras do alcalde e solicita un informe técnico que confirme a inexistencia de amianto nos centros educativos.

Despois de visitar as instalacións do CPI de S. Vicente observamos que nestas instalacións están presentes estruturas de fibrocemento, como se pode apreciar nas seguintes imaxes,  que segundo a nosa información foron colocadas antes do ano 2002, os expertos neste tipo de estruturas indican que non todas as uralitas conteñen amianto, pero si pódese establecer a rasgos xerais que calquera tellado de fibrocemento anterior ao 2002 estará case seguro composto por unha mestura de cemento con entre un 10% e un 30% de fibras de amianto.

amianto_colexio ccc_amianto

Polo tanto dende Compromiso por Galicia cremos que as administracións públicas deben velar en todo momento pola seguridade e saúde dos seus veciños e veciñas, máis aínda nun centro educativo público, polo que entregamos dúas novas instancias no Concello da Baña e na Delegación Territorial da Consellería de Educación da Coruña solicitando que se faga un informe técnico referente á existencia ou non de amianto nas estruturas dos centros educativos do Concello da Baña e no caso de que se confirme a súa existencia que se retire coa maior celeridade posible para que sexan edificios públicos sen perigo de que o alumnado ou traballadores sexan afectados por este mineral altamente perigoso.