Compromiso quere máis participación veciñal

A agrupación galeguista vén de presentar unha nova moción para instar ao goberno municipal á redacción dun regulamento de participación cidadá.

A Baña, 12 de xaneiro. O secretario local da Agrupación de Compromiso por Galicia da Baña e concelleiro da actual corporación municipal César Ramos, vén de anunciar que o seu partido acaba de presentar no rexistro do Concello unha moción para ser tratada na vindeira sesión plenaria do 28 de xaneiro.

Compromiso cre necesaria a redacción dun regulamento de participación cidadá, como xa existe en moitos concellos galegos, que permita, amais da participación no pleno municipal, unha canle de comunicación real e eficiente coa sociedade da Baña, coas asociacións, comunidade educativa e outras entidades ou persoas implicadas no desenvolvemento do concello, para que deste xeito exista unha implicación real dos propios veciños e veciñas nas canles de decisión municipal.

En palabras de César Ramos: “No concello da Baña é patente a nula participación veciñal na toma de decisións, xa que nin sequera hai posibilidade de que os colectivos do concello poidan intervir no Pleno Municipal ou que as demandas dos mesmos sexan tratadas nestas sesións plenarias”.

O regulamento de participación veciñal debe ser consensuado por todos os grupos políticos e segundo recolle a propia moción os puntos que se propoñen son: establecer reunións periódicas coas asociacións veciñais e colectivos inscritos nas distintas parroquias do concello, celebrar as sesións plenarias en horarios que faciliten a conciliación laboral e familiar e a asistencia da veciñanza, facilitar a participación da veciñanza ao finalizar os plenos municipais cunha rolda de preguntas final e comprometerse a tratar aquelas mocións

Poden ler a moción premendo aquí