Compromiso por Galicia quere erradicar o amianto do Concello da Baña e informar sobre os seus efectos negativos para a saúde das persoas.

Xr1Kx8y

O amianto ou asbesto é un mineral metamórfico fibroso cuxas fibras son longas e resistentes, soporta grandes temperaturas e flexibles para poder estar entrelazadas. Con estas características esta materia prima foi moi empregada entre os 60 e 90 en produtos como illante para fornos, en materiais de construción, como en tubos ou en pranchas para o tellado (máis coñecidas polo seu nome comercial uralita ou tamén fibrocemento).

iStock_000011588330_Small

As autoridades médicas demostraron que o amianto é un axente altamente perigoso que pode causar graves enfermidades. A presenza do amianto por si só non supón un risco para a saúde, pero cando estes produtos liberan fibras de amianto, invisible a simple vista, pode ser inhalado por persoas producindo cancro de pulmón, asbestose e mesotelioma, 15 ou 30 anos máis tarde segundo os estudos médicos.

No Ditame do Comité Económico e Social Europeo que se aprobou en febreiro do 2015, declara que “a exposición do amianto supón unha ameaza para a poboación en xeral”, xa que investigacións científicas determinaron que a moi baixas doses de exposición, pero combinadas cun longo período de latencia, producen diversas enfermidades relacionadas coa amianto.

Dita Comisión establece que “a completa eliminación de todo o amianto empregado e de todos os produtos que conteñan amianto debe ser un obxectivo prioritario”. Expertos cren que nos próximos 25 anos poderían morrer ao redor de 500.000 persoas na UE. Razón pola que no 2005 se prohibiu totalmente o seu uso.

En España, calquera produto que conteña amianto ten prohibido o seu emprego, produción ou comercialización desde decembro do ano 2002. Esta prohibición non significa que o amianto desaparecera das nosas vidas. Aínda queda unha enorme cantidade desta fibra nos nosos edificios, a maioría en tubos e tellados.

(MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O PERIGO PARA A SAÚDE DO AMIANTO)

A nivel municipal, na Ordenanza fiscal reguladora da taxa por actividades e servizos relacionados coa hixiene urbana só se remite a normativas superiores, sen citar este produto. Namentres, nesa tolleita web municipal non se encontra ningún tipo de información sobre este problema. Polo tanto, non é raro ver pranchas de fibrocemento nos colectores de lixo ou entre os cascallos que aparecen tirados nos nosos montes (técnicos da Xunta confirmaron que no vertedoiro ilegal de Vigobó na parroquia da Riba existían obxectos con amianto).

1518527622007

Sabías que nos edificios públicos da Baña tamén existen estruturas con amianto?

Tamén outro aspecto que nos preocupa especialmente é a presenza de amianto nos centros educativos da Baña. No pasado curso realizouse unha reparación na que se substituíron as tellas vellas por novas, sen cambiar as pranchas de fibrocemento por alternativas máis eficientes en termos enerxéticos e, por suposto, máis saudables.

teito-entrada-primariaImaxe do CPI de S. Vicente

Por todo o anterior Compromiso por Galicia A Baña presentamos unha moción, que será defendida polo noso concelleiro, César Ramos, no pleno ordinario do vindeiro 30 de maio para a adopción dos seguintes acordos:

1- Que o Concello elabore un censo ou mapa de edificios ou inmobles públicos que conteñan amianto no noso concello.

2- Poñer en marcha un programa de erradicación e retirada de produtos con amianto presente en edificacións ou parcelas municipais, mostrando especial énfase naqueles que estean en peor estado.

3- Instar ao goberno municipal a adoptar medidas de información e formación do persoal municipal que nas súas tarefas profesionais teña que estar en contacto co amianto en edificios ou instalacións sobre os riscos que supón para a saúde.

4- Instar á Consellería de Educación á substitución dos produtos de fibrocemento que aínda existan nos centros educativos públicos do noso municipio coa maior celeridade que lle sexa posible.

5- Informar con programas de sensibilización da poboación sobre a conveniencia de eliminar o amianto e das pautas que se deben seguir: información sobre se nas súas vivendas teñen amianto e o risco que supón, dos pasos para contactar con empresas autorizadas, e dos programas de axuda económica.

6- Ofrecer vantaxes no pago das taxas e impostos sobre construcións, instalacións e obras para os empadroados e empadroadas que queiran retirar as estruturas que poidan conter amianto, como unha forma de reducir o custo desa substitución.