Compromiso pide explicacións pola contratación “a dedo” dun xefe de brigada para a prevención de incendios

contrato-a-dedo

Desde Compromiso por Galicia queremos sempre traballar en beneficio da veciñanza e contribuír a que os procedementos de selección de persoal do Concello sexan o máis transparentes posibles e imparciais para que todos os participantes teñan as mesmas oportunidades e sexan elilxidos os traballadores ou traballadoras que mostren maior mérito e capacidade para o posto a desempeñar. Todas as seleccións de persoal das entidades locais deben respectar os principios da lei 39/2015 de procedemento administrativo, e da lei 2/2015 do emprego público de Galicia, de acordo ao principio de transparencia.

As contratacións a dedo, amiguismos, prebendas e enchufes deberían estar erradicados dende hai moito tempo das administracións locais e estas deben mostrar total transparencia nos procedementos de selección de persoal.

O pasado 16 de xuño, publicáronse no BOP da provincia da Coruña as bases para a contratación dunha brigada de 5 operarios para a defensa e prevención de incendios forestais para o Concello da Baña e creación dunha bolsa de contratación e persoal laboral temporal. (Ver artigo publicado na web municipal).

Como é posible que case 2 meses despois da súa publicación aínda non estea seleccionado o persoal para estes postos?

O 21 de xullo o Concello publica a través da web municipal a listaxe de admitidos e excluídos. Como se pode apreciar na propia imaxe son admitidos 14 aspirantes á praza de xefe de brigada. DESCARGAR O DOCUMENTO OFICIAL

Sin título-1

O PSOE da Baña decide contratar “a dedo” a unha persoa que non participou no procedemento selectivo.

unnamed

A semana pasada infórmannos que o Concello da Baña contrata de forma unilateral a un veciño do Concello de Negreira para desempeñar o posto de “xefe de brigada” e comprobamos que esa persoa non participou no procedemento de selección de persoal antes descrito, xa que o seu nome non figura na listaxe anterior de admitidos e excluídos.

Como pode ser posible que 14 persoas sexan admitidas para participar neste procedemento selectivo e o Concello decida de forma unilateral, sen publicidade de ningún tipo e sen informar á oposición, contratar “a dedo” a unha persoa que non participou en devandito procedemento?

Cal é o motivo polo que aínda non se fixo público o listado de persoas contratadas?

Desde CxG ao ver claramente un novo trato de favor desta alcaldía, un novo favoritismo político e unha selección de persoal desigual, ausente de transparencia, unilateral e sen basearse nos principios de mérito e capacidade dos e das aspirantes á praza, decidimos pedir explicacións por escrito ao grupo de goberno (PSOE). Solicitamos que se nos dea copia de toda a documentación e tamén as oportunas explicacións ás seguintes cuestións:

  • Como e posible que a 5 de agosto de 2020 e case dous meses despois da publicación da convocatoria aínda non estea seleccionado o persoal pertinente?
  • Como foi o sistema de selección do xefe de brigada, que como argumentamos anteriormente non participou no procedemento selectivo para o que foron publicadas as bases no BOP? Que sistema de selección se empregou para contratar esta persoa?
  • Cal foi o motivo polo que non se fixo público a necesidade de realizar un novo sistema de contratación no caso que todos os aspirantes foran excluídos ou renunciaran á praza?
  • Cal foi o motivo polo que o grupo de goberno non informou deste procedemento “extraordinario” ao noso grupo político?