Compromiso demanda colaboración por parte do Concello da Baña coa Fundación de Discapacitados Psíquicos de Barcala.

10658669_310476542491305_267492144702736192_oLocal da Fundación de Discapacitados de Negreira (Fonte: Facebook da Fundación)

A Fundación de discapacitados psíquicos de Barcala, é un Centro Ocupacional que acolle a persoas con discapacidade maior do 33 %, que teñan máis de 16 anos e que sexan válidas por si mesmas, coa finalidade de prepararalas para o acceso a formas de vida normalizadas, mediante a realización de actividades nun réxime máis semellante ao normal, sendo o obxectivo principal do Centro a Integración do discapacitado psíquico no seu contorno tanto laboral como social. A Fundación inaugurara en 1998 cunha capacidade de 16 prazas, ofrece servizo de comedor con menús deseñados por unha dietista, e con servizo de transporte para os usuarios do Centro. A Fundación ten un convenio de colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para contribuír ao mantemento do Centro Ocupacional.

O financiamento da Fundación é a través do copago conxunto entre a Consellería e as familias dos usuarios que pagan 69 euros ou 31,50 euros de forma mensual dependendo se o usuario goza de media pensión ou non.

31969970_775069879365300_386480613495930880_oUsuarios da Fundación traballando no Centro Ocupacional (Fonte: Facebook da Fundación)

Actualmente o centro conta con 16 usuarios, 10 dos cales son veciños ou veciñas do Concello da Baña, a maioría en réxime de media pensión nun horario de 10:00 h. a 17:00 h. no inverno e de 9:00 h. a 15:00 h. no verán.O Concello da Baña facilítalle aos usuarios desta Fundación o transporte de forma diaria.

A situación actual da Fundación a nivel económico é insostible.

Hoxe mesmo tivo lugar unha reunión con todos os pais e nais dos usuarios onde o presidente da Fundación anunciou que a situación actual a nivel económico é insostible, xa que teñen problemas para pagar servizos básicos da propia Fundación que levaron á necesidade de anular este curso importantes actividades como as clases de baile ou teatro e que os tres traballadores/as que actualmente están en nómina levan dous meses sen cobrar.

Os estatutos da propia Fundación especifican que no caso de existir problemas económicos, os Concellos de Negreira e A Baña encargaríanse de pagar unha determinada cantidade de cartos para facer fronte aos gastos de funcionamento da propia Fundación. Nunha reunión celebrada o pasado ano os alcaldes dos Concellos da Baña e Negreira acordaron dar cada un unha subvención económica que até o de agora, segundo informaron na propia reunión, só foi ingresada por parte do Concello de Negreira.

índiceccImaxe da visita de membros de CxG A Baña á Fundación en decembro de 2016

Os membros de Compromiso por Galicia A Baña xa visitamos en decembro de 2016 as instalacións do Centro Ocupacional II de Negreira, observamos in situ o importante traballo que desenvolve a Fundación na integración das persoas con discapacidade de toda a comarca e colaboramos de forma simbólica e na medida das nosas posibilidades coa propia Fundación.

Dende CxG entregamos no rexistro municipal unha nova instancia onde solicitamos ao Concello da Baña que colabore, na medida do posible, con esta Fundación para evitar que cese a súa actividade e teña que deixar de desenvolver ese importante labor social na integración e desenvolvemento das persoas con diversidade funcional intelectual da comarca de Barcala.

Fontes e máis información:
http://concellodenegreira.gal/index.php/es/servicios/servicios-sociales/fundacion-discapacitados
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/negreira/2015/12/03/negreira-serigrafia-integracion-personas-discapacidad/0003_201512S3C8993.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/negreira/2018/09/20/negreira-promueven-uso-bolsas-tela-conciencia-solidaria/0003_201809S20C89914.htm
https://www.facebook.com/pg/Fundaci%C3%B3n-Discapacitados-Ps%C3%ADquicos-Barcala-310464269159199/reviews/?ref=page_internal