Compromiso defenderá no pleno deste mércores dúas novas mocións.

No vindeiro pleno ordinario do mes de febreiro CxG defenderá dúas novas mocións correspondendo á terceira e cuarta moción desta lexislatura, formando un total de 34 mocións dende que CxG acadou representación na Corporación Municipal do Concello da Baña.

Compromiso solicita colaboración municipal na promoción do Camiño a Muxía e na Vía Mariana

No programa electoral co que CxG se presentou as eleccións municipais no seu apartado 3.3 Plan de Emprego Municipal para o sector servizos e turismo, o seu segundo punto di textualmente:

  • Aposta decidida pola promoción da Ruta do Camiño de Santiago a Muxía que pasa pola Baña e a Vía Mariana e creación dun albergue municipal de peregrinos para favorecer a posta en valor destas rutas.

Dende CxG levamos tempo reclamando ao anterior goberno municipal que prestara maior interese pola promoción do Camiño a Santiago por Muxía e a Vía Mariana, que adecentara os camiños e sinalara debidamente as rutas.

No mes de xullo do pasado ano, a través dunha instancia entregada por rexistro reclamamos ao goberno municipal que sinalizara debidamente a Vía Mariana feito que se produciu no mes de outubro cando o noso secretario local, César Ramos, colaborou xunto con persoal do Concello e a concelleira de cultura na colocación de todas as sinais identificativas.

foto_sinalizacion_via_mariana

Respecto ao Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil o noso grupo político traballou a reo na recuperación nesta importante ruta postxacobea que pasa polo Concello da Baña, representando ao Concello da Baña nos diferentes actos de presentación e difusión.

23621948_1640727272650935_2804168444967933260_nCésar Ramos na presentación da Ruta do Camiño a Muxía por Brandomil

VER ARTIGO CON INFORMACIÓN SOBRE O CAMIÑO A MUXÍA

A Caravana Arriera, con oito carretas tradicionais e 50 camiñantes iniciou o verán pasado un acto de peregrinación colectivo pola Vía Mariana percorrendo o tramo dende Braga a Compostela, evento que tivo moita repercusión mediatica polos diferentes municipios que visitaban. Este verán teñen programado percorrer o itinerario dende Compostela a Muxía, tramo que pasa polo Concello da Baña.

caravana arrieraCaravana Arriera nunha das súas peregrinacións.

É necesario que o Concello da Baña colabore para dar as maiores facilidades a este colectivo e que deste xeito decidan facer parada no noso Concello.

Por iso solicitamos a través desta moción a adopción dos seguinte acordos:

  • Adaptar as instalacións da Escola e o Campo de Fútbol de Corneira para que os camiñantes da Vía Mariana poidan facer noite, tentando dar as maiores comodidades ás e aos camiñantes.
  • Valorar adaptar estas instalacións para conseguir os permisos pertinentes que marca a lexislación vixente e converter estas instalacións en desuso en lugares de acubillo para camiñantes tanto da Vía Mariana como do Camiño de Santiago a Muxía.
  • Colaborar en todo o posible coa organización da Caravana Arriera ao seu paso polo Concello da Baña.

Compromiso solicita que o Concello da Baña se subscriba a “Nós Diario”

Tal como cita a páxina web municipal, o Concello da Baña dispón dun Servizo de Normalización Lingüística (SNL) desde o 15 de outubro de 2009 que depende directamente de Secretaría. Este servizo creouse en virtude da subvención que a Deputación da Coruña lle concedeu ao Concello. Entre as funcións que lle corresponden a este servizo podemos destacar:

– Propiciar e xestionar liñas de información e de axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial e educativa para fomentar o uso do galego.

– Difundir materiais que contribúan á normalización: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos..

– Apoiar e difundir as accións que desenvolvan outras institucións a prol da normalización da lingua galega.

LogoNósPixel

Dende CxG pensamos que a subscrición por parte do Concello da Baña a “Nós Diario”, único diario escrito integramente en lingua galega no que colaboran e/ou traballan varios dos nosos veciños ou veciñas, pode contribuír a perseguir devanditas funcións do servizo de normalización municipal e ser un medio de información independente para a nosa veciñanza.