COMPROMISO contra a violencia machista todos os días do ano.

IMG_20171118_110209951

Na agrupación local de Compromiso por Galicia A Baña estamos moi concienciados na loita pola igualdade de xénero e contra a violencia machista e iso debe facerse sempre, non só cando chega un 25 de novembro.

– Por que cremos que a sociedade non pode nin debe tolerar nin unha morte nin agresión máis.

– Por que queremos proclamar que a sociedade non pode xustificar nin protexer aos homes que agreden, insultan, acosan e asasinan.

– Por que queremos que mulleres e homes teñan unha retribución salarial igualitaria e xusta.

– Por que queremos unha sociedade na que mulleres e homes participen no proceso de toma de decisións en condicións de igualdade.

– Por que queremos que as institucións responsables, comezando polos Concellos, artellen todos os recursos ao seu alcance para loitar contra esta lacra social remando todas na mesma dirección.

– Por que queremos proclamar que ningunha muller merece ser maltratada, e que nada xustifica ao home que emprega calquera tipo de violencia contra a muller.

Por iso as mulleres e homes que formamos parte de COMPROMISO POR GALICIA A BAÑA seguiremos traballando e aportando o noso gran de area para que o machismo sexa erradicado dunha vez desta sociedade e facémolo todos os días do ano. E seguiremos facéndoo!!

– Presentamos unha moción solicitando medidas contra a violencia machista que foi aprobada pero o grupo de goberno (PP) incumpriu os acordos.

– Defendemos unha moción para que a Baña participara na campaña “En negro contra as violencias” , o alcalde tachounos de populistas e a concelleira de cultura de que non era unha campaña interesante e que non era necesario facer campañas mediáticas contra a violencia (VER VIDEO DO PLENO).

– As nosa lista electoral foi a única con representación na Corporación “cremalleira”, con homes e mulleres situados consecutivamente.

– Procuramos sempre utilizar unha linguaxe non sexista nas nosas publicacións e exposicións.

– O noso programa electoral inclúe un punto sobre a creación dunha comisión de traballo municipal feminista que terá a obriga de analizar a situación da muller no Concello, tanto no ámbito familiar como social e laboral, e tamén realizar un estudo de impacto da violencia machista no entorno que lle compete. .

POR QUE A VIOLENCIA E O MACHISMO NON TEÑEN CABIDA NA NOSA AGRUPACIÓN!

CxG_ViolenciaXenero 10404342_919228661467470_438414172825021114_n 10501944_919228598134143_7615224441657534288_n 11261973_919228411467495_7672143714200007908_n

 

 

WhatsApp Image 2017-11-17 at 22.43.31 15622581_1306372976086368_3975460309746792664_n21271209_1570280803028916_4588406062586099822_n