COMPROMISO ABRE AS PORTAS A UN POSIBLE PACTO DE GOBERNO CO PSOE DA BAÑA

A formación galeguista ofreceulle ao PSOE a posibilidade de desbloquear a situación de inestabilidade na que se atopa o Concello da Baña, alternando a alcaldía cada dous anos.

IMG-20190715-WA0028César Ramos e David Gontán, concelleiros e CxG A Baña

Na xornada de onte celebrouse unha reunión con representantes de ámbas formacións.

O secretario local de Compromiso por Galicia A Baña, César Ramos, manifestou na xornada de hoxe que dende a formación que dirixe, estarían dispostos a formar “un pacto de coalición bianual” co PSOE da Baña coa intención de poñer en marcha o consistorio bañense.

Tras a xuntanza mantida cos representantes da agrupación socialista da Baña, na que CxG lle ofreceu a posibilidade de gobernar dous anos cada un dos candidatos, Ramos incidiu na necesidade de chegar a un acordo para acadar o benestar dos veciños e veciñas.

Un proxecto progresista conxunto.

Porén, e do mesmo xeito que acontece noutros concellos galegos, como  é o caso do veciño municipio de Santa Comba, CxG apuntou que “o máis lóxico e a mellor opción para A Baña”sería consolidar un proxecto progresista conxunto.

Debemos esquecer as diferenzas da anterior lexislatura e pensar exclusivamente no futuro do noso municipio”, sinalou o secretario local e concelleiro de CxG A Baña.

A formación galeguista puxo o foco en que a decisión adoptada no acto de investidura do pasado 15 de xuño, respondeu unicamente “ao cumprimento da palabra dada á nosa veciñanza”  pois comprometéranse a posibilitar o “ansiado cambio político” que precisaba o Concello.

Finalmente, a formación verde destacou que se grupo socialista non acepta a proposta de CxG, continuarán, como até de agora, co seu traballo de fiscalización municipal desde a oposición.

A Baña, 18 de xullo de 2019