Compromiso A Baña demanda máis responsabilidade municipal na xestión da crise derivada do COVID19

César Ramos e David Gontán defederán dúas novas mocións no pleno municipal do Concello da Baña o vindeiro 30 de setembro.

114825926_10223720555032280_3631046560907005163_nCésar Ramos e David Gontán, concelleiros de CxG A Baña

Solicitarán a creación dunha comisión de seguimento coa participación dos tres grupos, rebaixa do IVE e que o Concello agasalle máscaras aos nenos e nenas para levar ao colexio, entre outras.

Dende CxG consideramos que a loita contra esta pandemia debe estar por enriba de calquera obxectivo político ou electoral e é necesario sumar esforzos todos os grupos dunha vez para traballar a través do respecto, diálogo e por enriba de calquera ideoloxía política.

A desconfianza respecto á situación económica que se atravesa con poucos visos de solución a medio prazo, causa un forte temor. Dende as institucións, xa que os veciños e veciñas xa contribúen co esforzo dos seus impostos, debemos axudar a poder facer fronte a gastos que anteriormente non formaban parte das nosas vidas, e que agora a situación sanitaria fai como obrigatorios e prioritarios, como son a adquisición das máscaras de protección e xel hidroalcólico. Un gasto que supón un esforzo extra ás familias, que en moitos casos xa están afogadas pola propia situación de crise.

Mentres que CxG A Baña cesou a súa actividade de fiscalización durante o confinamento o alcalde optou pola desinformación e por dedicar faltas de respecto cara a nosa formación.

Dende CxG A Baña optamos durante a duración do estado de alarma por unha paralización da nosa actividade política de fiscalización do grupo de goberno avogando por un traballo conxunto de toda a Corporación en beneficio dos nosos veciños e veciñas  nunha fronte común para minimizar os efectos desta pandemia e poñer o noso partido ao servizo do grupo de goberno para o que estivera nas nosas mans. En contraposición esta alcaldía optou pola desinformación cara o noso grupo político, a adopción de medidas sen consenso e incluso con faltas de respecto e increpacións ilóxicas e sen sentido dedicadas aos portavoces da oposición.

Ten algunha utilidade a comisión de seguimento creada polo PSOE?

Descoñecemos a función da comisión de seguimento creada de forma unilateral polo grupo de goberno e da que só forman parte concelleiros do grupo de goberno, a periodicidade das súas xuntanzas, as decisións adoptadas pola mesma e en definitiva a utilidade da mesma, máis alá de finxir outro paripé e xustificar de cara á veciñanza a constitución dunha comisión sen ningún tipo de utilidade real.

O grupo de goberno publica imaxes e organiza os plenos incumplindo as medidas de seguridade.

Posteriormente ao período de confinamento observamos como o grupo de goberno continúa a dar información parcial e ás veces contraditoria a través dos medios de comunicación municipais, respondendo só ás preguntas que considera nas redes sociais oficiais e deixando outras sen contestar, supoñendo este feito unha mostra máis da falta de imparcialidade deste goberno. Poñemos, ademais, en cuestión as medidas internas e preventivas de contaxio adoptadas por este grupo de goberno con respecto aos traballadores e traballadoras municipais e ás instalacións municipais.

Imaxes innecesarias publicadas polo Concello incumprindo a normativa.

pleno sen seguridadePleno presencial convocado o 16 de agosto sen respectar a distancia social de concelleiros e concelleiras
monicaPublicación no Facebook municipal na que saen crianzas e na que no se respecta a distancia social

Noutras publicacións do Facebook do Concello da Baña, a entidade local publica outras imaxes onde hai xente incumprindo as medidas anticontaxio ademais, no pleno ordinario de agosto o portavoz de CxG A Baña, César Ramos, xa solicitara celebrar os plenos de forma telemática ou nun espazo onde se garantira a distancia social entre os membros da Corporación. (VER MOMENTO DO PLENO)

DESCARGAR MOCIÓN 1

DESCARGAR MOCIÓN 2

Dende CxG, e a través de devanditas mocións que serán defendidas no vindeiro pleno do 30 de setembro, instamos ao Concello da Baña:

  • Á creación dunha comisión de seguimento do COVID 19 na que teñan representación igualitaria un representante de cada grupo político con voz e voto e dar opción de formar parte da comisión a outros representantes de colectivos e entidades do noso Concello que terán voz pero non voto. A comisión terá as seguintes funcións:
    • Adoptar todas as decisión e acordos relacionados coa pandemia de forma consensuada cos tres grupos políticos.
    • Establecer medidas de acción encamiñadas a paliar os efectos desta crise sanitaria no Concello da Baña.
    • Establecer un medio de comunicación coa veciñanza rigoroso, transparente e imparcial de todos os aspectos relacionados con esta crise sanitaria e que afectan ao noso Concello.
    • Toda a información relacionada coa pandemia e que afecta ao Concello da Baña debe ser tratada pola comisión e que sexa esta a que decida de forma consensuada as medidas a adoptar.
    • Establecer a periodicidade das sesións da nova comisión que serán sempre de forma telemática.
    • A comisión constituirase tan pronto como os distintos grupos políticos designen aos seus membros, titular e suplente.
infantil
  •  Solicitar ao goberno do Estado que rebaixe ou subvencione o IVE das máscaras e dos xeles hidroalcólicos de xeito substancial ate o superreducido do 4%.
  • Solicitar á Xunta de Galicia que asuma o aumento dos custes da limpeza dos centros educativos e/ou dos parques infantís xa que o Estado acaba de acordar unha transferencia de 92 millóns de euros para a Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de investir en materia de educación.
  • Que o Concello da Baña agasalle a cada neno ou nena empadroado no Concello da Baña dúas máscaras infantís reutilizables para que poidan levalas ao colexio e ao instituto.