Comezaron as obras no CPI de San Vicente

Membros da agrupación local da Baña de Compromiso por Galicia vimos de inspeccionar as obras do CPI de S. Vicente que comezaron neste periodo das vacacións de Entroido e que foron adxudicadas á empresa Ponciano Nieto S.L.

Lembramos que esta actuación foi incluída no “Proxecto de mellora nos accesos á igrexa (San Mamede) e no CPI de San Vicente” do Plan de Acción Social (PAS) do 2015.

O proxecto inclúe pavimentación e asfaltado do patio e pista polideportiva do colexio por un montante de 18.876,65 euros.

En sesión plenaria solicitamos que esas obras se fixeran nun periodo vacacional para que non interrompera o desenvolvemento normal das clases dos nenos e nenas da Baña, coa afirmación do alcalde de que así se tentaría facer.

As obras xa comezaron e como poidemos observar xa está asfaltado completamente o patio de atrás e a pista polideportiva exterior, falta a subida cara o portal de arriba e o patio que está fronte ao patio cuberrto. Engadimos algunhas instantáneas de como están as obras a 1 de marzo de 2017 ás 14:00 h.

c ccc dddddd  índicer