César Ramos quere seguir encabezando o proxecto político de Compromiso por Galicia na Baña.

Nas vindeiras semanas esta agrupación voltará a escoller un candidato ou unha candidata para encabezar a lista electoral de Compromiso por Galicia mediante primarias abertas a toda a veciñanza que comparta as ideas e proxectos desta agrupación da Baña de acordo co regulamento de Primarias. Lembramos que calquera veciño ou veciña da Baña pode participar nestas primarias. Se estás interesado ou interesada podes poñerte en contacto con membros desta agrupación ou a través dos medios dos que dispoñemos premendo aquí.

O noso concelleiro e secretario local anunciou este luns a súa intención de repetir neste proceso cunha gravación en vídeo desde a nosa sede, que se pode reproducir tras estas liñas.