Celebrada nova vista oral para o cumprimento da sentenza que obriga ao Concello da Baña a pagar a antigüidade aos trabaladores/as

A Central Sindical Independente e de Funcionarios “CSIF”  informaba en febreiro de 2017 que o Xulgado do Social nº 3 en sentenza 00107/2017 fallaba en contra do Concello da Baña e éste vese na obriga de abonar aos traballadores e traballadoras do Concello as cantidades que reclamaban, así como as cantidades que se devenguen ata a data da sentenza incrementadas nun 10 %. Despois de 8 anos reclamando que o Convenio Colectivo para o sector de oficinas e despachos provincial da Coruña resultase de aplicación para eles.

DESCARGAR SENTENZA

sentenza_concello_traballadores“El Correo Gallego” febreiro de 2017

O CSIF acusa no 2017 ao alcalde da Baña de entorpecer o seu traballo.

Nese momento, dende agrupación local de CxG reclamamos continuamente ao Concello da Baña celeridade no cumprimento de devandita sentenza e que os traballadores e traballadoras debían cobrar o que se lles adebedaba canto antes, sendo o único grupo político que defendeu aos traballadores publicamente, destacando que segundo o sindicato CSIF o señor alcalde, como máximo mandatario do Concello da Baña, en ningún momento deu facilidades no desenvolvemento do seu traballo, chegando incluso a manifestar que o “alcalde da Baña minte reiteradamente con respecto ás relacións cos traballadores”, ou que García Cardeso supostamente ameazou aos traballadores dicindo que os procesos xudiciais «terían consecuencias sobre os traballadores». (VER ARTIGO DE LA VOZ DE GALICIA).

csif_xuño_2018“El Correo Gallego” xuño de 2018

Malos modos e pouca información nas respostas de García Cardeso nos plenos.

Dende Compromiso por Galicia interesámonos polo cumplimento da sentenza e fixemos varias preguntas ao señor alcalde para que dera explicacións ao respecto tanto no pleno de abril de 2017 a través dunha pregunta escrita, como no pleno de 1 de agosto de 2018  e no de 30 de maio de 2018. As respostas do alcalde sempre foron de malos modos e sen dar ningún tipo de información obxectiva.

Hoxe mesmo, 21 de novembro, celebrouse unha nova vista oral, na que o Concello da Baña aportou novos cálculos á retribución de catro traballadores/as e eliminaron deses cálculos a retribución correspondente ao 2015, sobre a base de que as limitacións orzamentarias de aquela época non permitían incrementar as retribucións. Algo que segundo as nosas fontes carece de sentido, xa que a sentenza é firme e as alegacións que presentou o Concello da Baña en xuño si incluían as retribucións de 2015 e o Concello non quixo recorrer a propia sentenza.

Outro asunto discrepante entre as dúas partes é que parece ser que o Concello da Baña non quere regularizar a situación dos traballadores e traballadoras (asume o pago das cantidades adebedadas ata a data da sentenza pero non as posteriores). A necesidade de regularizar a situación laboral é algo que dá a entender a propia sentenza e por outra banda sería un procedemento máis áxil e operativo, que volver denunciar ao Concello polo mesmo e que tempo despois se lles dea de novo a razón (como xa lla dá a propia sentenza) e o Concello teña volver pagar as cantidades adebedadas cun 10 % de xuros e teña ademais que pagar as costas xudiciais.

As categorías laborais dos traballadores e traballadoras tamén é un punto de discordia entre Concello e algúns deles, pero  como é un asunto que non se pode discutir neste procedemento, sería necesario que cada traballador ou traballadora reclame legalmente a súa propia situación laboral persoal.

Que falta para que os traballadores e traballadoras cobren o que se lles adebeda?

Nos vindeiros días, a avogada dos traballadores/as recibirá unha provindencia cun requirimento de 5 días para presentar información referente á proposta de pago do Concello e despois dará o mesmo prazo ao Concello da Baña para presentar as súas respectivas alegacións. Finalmente a xuíza deberá tomar unha decisión final sobre as cantidades concretas de pago. Xa non haberá vista oral por considerar a xuíza que o procedemento se está a demorar demasiado.

 

Outros artigos referente a esta sentenza:

O Concello da Baña deberá comparecer no xulgado o vindeiro 4 de outubro.
O Concello da Baña non presenta a súa proposta de pago para o persoal e non pode celebrarse a vista oral.
Cuestións sobre a sentenza a favor do recoñecemento da antigüidade do persoal laboral do Concello.
O alcalde da Baña invita a marchar do Concello “de malas maneiras e con intimidación e unha falta total de educación e respecto” á avogada dos traballadores e traballadoras.
O Concello da Baña por sentenza xudicial vese na obriga de recoñecer e pagar a antigüidade dos traballadores/as do Concello.
O CSIF gaña dous pleitos ao Concello e acusa a Cardeso de obstaculizar o seu traballo.
CSIF desdice ao alcalde da Baña e denuncia ameazas.
O CSIF mantense firme: García Cardeso mente.