Comunicados

O alcalde da Baña continúa sen cumprir o prometido respecto á Fundación de discapacitados psíquicos de Barcala.

O pasado mes de xaneiro dende CxG A Baña publicamos un artigo na nosa paxina web dando a coñecer a difícil situación económica que estaba a atravesar a Fundación de Dicapacitados Psíquicos de Barcala e informando de que solicitáramos ao Concello da Baña que colaborara de forma económica con esta entidade para  facilitar que continuara

Read More

Apatía e desinterese do PP da Baña por difundir a historia e homenaxear aos persoeiros do seu propio concello.

Dende que CxG A Baña conseguiu representación na Corporación Municipal do Concello da Baña nas eleccións de 2015 comezamos a traballar na difusión da historia do noso Concello e na posta en valor do traballo desenvolvido por persoeiros da Baña, unha tarefa que levaba moitos anos esquecida por parte do goberno municipal.  Lembremos que un

Read More

Non tan ben como vostede, amigo Lois.

Difícil tratar de encadear unhas palabras neste papel unha vez coñecedor da fatídica e inesperada nova que me deron onte no serán, cando unha mensaxe de texto causaba nos meus miolos un repentino impacto de forte tristura acompañado dun sentimento de total impotencia. O teu corazón cansado e esgotado despois de tanto esforzo e sufrimento

Read More

Felicitación de Nadal de César Ramos

Aproveito estas datas tan entrañables, cheas de maxia e tradición familiar, de tantos momentos rodeados de familiares, amigos e amigas, para desexarvos a todos e todas un bo Nadal cargado de paz e ledicia. Que o tempo de Nadal leve aos vosos fogares a farura do amor familiar e a ledicia de vivir en paz

Read More

Rehabilitar a escola republicana de Nantón, un proxecto do colexio da Baña recoñecido pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Nos últimos tempos ven sendo habitual que o noso CPI da Baña obteña premios e recoñecementos polo seu bo facer profundizando na historia educativa do noso concello a través de novas canles de comunicación  como páxinas web ou creación audiovisual. A comezos de novembro de 2016 tivo a súa estrea a película documental Facendo escola,

Read More

Compromiso – A Baña informa sobre a devolución do IRPF por maternidade

Unha nova sentenza publicada este venres polo Tribunal Supremo establece que as prestacións por maternidade percibidas da Seguridade Social deberán estar exentas de pagar o IRPF (Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas). A Axencia Tributaria terá que deixar exentas do pago do IRPF as prestacións de maternidade que abona a Seguridade Social durante as

Read More

“VOLTA AO PASADO” valoración de César Ramos sobre o pasado pleno ordinario

César Ramos, autor do artigo Como por motivos de saúde non puiden asistir ao pasado pleno ordinario despois de que non tiveron a ben a nosa solicitude para modificar a data de celebración, propúxenme escribir este artigo para dar unha valoración persoal do mesmo, xa que gravamos a sesión e puidemos coñecer de primeira man

Read More

A Consellería (PP) volve reducir o servicio de atención primaria e de pediatría do centro médico da Baña

Nos últimos días observamos algo que xa é recorrente en moitos puntos de Galicia no tempo de verán. A Xunta de Galicia volve recortar onde, se cadra, menos debería facer, na Sanidade Pública. O certo é que a día de hoxe no Centro Médico da Baña, existe un facultativo menos de atención primaria e o

Read More

Escurantismo e falta de transparencia na selección de persoal para o posto de traballador/a social

No mes de abril decatámonos pola prensa que Lucía Canabal, edil do Partido Popular no Concello da Coruña presentaba a súa renuncia como concelleira e que será substituída na Corporación Municipal da cidade herculina por Susana Pazos Meijide, actual traballadora social do Concello da Baña e que xa fora concelleira no anterior mandato municipal co

Read More

Compromiso acusa á Xunta de Galicia de incumprir o dereito á protección de datos e de mostrar trato de favor co alcalde da Baña.

Dende que acadamos representación na Corporación Municipal e comezou o noso traballo no Concello da Baña como partido da oposición, observamos situacións que non nos parecen lóxicas nos tempos actuais e cremos necesarias contalas a través deste artigo para que a cidadanía estea informada da forma de proceder actual da administración pública. Decatámonos que moitas

Read More