Actos e eventos

Un mes de novembro con moito COMPROMISO

Un mes de novembro que acaba de rematar onde o noso traballo político non cesou nin un só día e que dará paso a un mes de decembro no que o traballo será unha constante. Neste artigo queremos ofrecervos un resumo do traballado nos últimos 30 días. Criticamos a falta de diálogo entre PP e

Read More

23 de febreiro de 2018, 20 anos do pasamento de Daniel García Ramos

Hoxe, 23 de febreiro de 2018, cúmprense 20 anos do falecemento de Daniel García Ramos, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de Galicia, galego egrexio e fillo predilecto do Concello da Baña. Daniel naceu na Baña o 16 de abril de 1933 e finou en Compostela, o 23 de febreiro de 1998 de

Read More

Presentación do proxecto “Descubrindo as nosas músicas” e dos libros de Beatriz e Alberto Cancela o venres 29 de decembro na Baña

O vindeiro venres 29 de decembro terá lugar, na Casa de Cultura da Baña, a presentación dos libros “Chané – O nacemento da Música Popular Galega. Compostela, Coruña, A Habana” de Alberto Cancela, e “A banda municipal de Santiago. Música nas compostelanas rúas dende 1848″ de Beatriz Cancela. Ambos os dous irmán tamén farán unha

Read More

Compromiso homenaxeará á “Unión Barcalesa de la Habana” no seu 110 aniversario coa exposición “Luces de Alén Mar”

O partido galeguista está a organizar un acto cultural que terá lugar o venres 3 de novembro ás 21:00 horas na Casa de Cultura da Baña na que se inaugurará a exposición “Luces de Alén Mar” sobre as escolas que crearon os emigrantes americanos en Galicia.    A Baña, 27 de outubro de 2017 O

Read More

Información sobre a ruta do Camiño de Santiago que pasa pola Baña.

A asociación Grandimirum de Zas comezou o ano pasado a traballar na reivindicación desta antiga ruta posxacobea ata Muxía co obxectivo de recuperar un anaco de historia do lugar. No mes de setembro de 2016 esta asociación co apoio de outros colectivos e da veciñanza da Pereira, Santa Comba, San Cosme, Mazaricos, Baíñas e Berdoias,

Read More

A mostra fotográfica de Javier Iglesias Ramos continuará exposta ata o 13 de marzo.

Dado o éxito e a boa acollida da veciñanza a exposicion fotográfica A Baña, imaxes de onte, lembranzas de hoxe, de Javier Iglesias Ramos e organizada por Compromiso A Baña, continuará exposta ata o vindeiro luns 13 de marzo. Coa colaboración de Lau Creaciones e dos bares Muíño, Estanco e Cadeas instalouse nestes establecementos a

Read More

Faladoiro en Suevos con Compromiso, venres 11 ás 21:00h.

Tras os faladoiros de Barcala e o Barro este venres 11 estaremos en Suevos para falar coa veciñanza desta parroquia, coñecer cales son os seus problemas e demandas para tentar darlle unha solución axeitada.

Read More

A primeira noite de esmorga, un éxito!

En primeiro lugar temos que dar as grazas a todos e todas as que se pasaron o pasado venres pola Baña para pasar unha gran noite de esmorga. Grazas aos catro bares da Baña As cadeas, Fortuna, Muiño e Unión por colaborar connosco. Grazas a quen nos axudou desinteresadamente a organizar este evento. Grazas a

Read More

Primeira noite de esmorga, 8 de abril en San Vicenzo

O VENRES 8 de abril celebramos no local social de San Vicenzo a 1ª NOITE DE ESMORGA Ás 21:30 h monólogo do actor da TVG Víctor Fábregas. (Aforo limitado. Importante retirar a entrada a 1 euro nos locais colaboradores). E ao acabar faremos unha ruta polos bares da capital, no que degustaremos as súas tapas, acompañados da

Read More

Hai futuro no sector gandeiro

Si o hai, pero non debemos abandonalo a súa sorte. As verbas de Xan Ramos, Mariano Pazos e o homenaxeado Amador Rodríguez Troncoso ilustraronnos cales son os problemas que sofre este sector tan importante para Galicia tratando as causas e as consecuencias. Pero non só falaron dos problemas, senon tamén de posibles solucións: Unha maior implicación

Read More