Continúa o secretismo respecto ao proxecto da reitoral de Monte

Levamos dende o mes de abril de 2016 solicitando información á alcaldía respecto ao proxecto da Reitoral de S. Mamede de Monte, nos últimos plenos ordinarios o alcalde cinguiuse a dicir que estaba en contacto coa Xunta de Galicia e esperando informes de diferentes Consellerías, o certo é que sempre temos que informarnos de avances

Read More

Nova Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galiza

O 11 de xaneiro entrou en vigor a lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, que foi aprobada no Parlamento o 26 de setembro cos únicos votos a favor do PP. É esta unha lei que estivo sempre rodeada de moita polémica, de feito a FEGAMP

Read More

Moción sobre as enfermidades raras e modificación do Real Decreto 1148/2011

O pasado 15 de xaneiro entregamos unha nova moción no rexistro municipal do Concello da Baña que defenderá o noso concelleiro, César Ramos, no vindeiro pleno ordinario que terá lugar o 31 de xaneiro de 2018. Mediante esta moción solicitamos á Corporación municipal do Concello da Baña que apoie as xustas reivindicacións da familia de

Read More

Inexplicable deixadez do goberno municipal con respecto á biblioteca da Baña

Dende que Compromiso por Galicia acadou representación na Corporación do Concello da Baña levamos tempo reclamando máis atención e interese do goberno municipal por un servizo fundamental para o noso Concello como é a Biblioteca Municipal da Baña. O Concello leva toda a lexislatura, facendo “oídos xordos” das nosas peticións e mostrando unha total deixadez

Read More

Solicitamos o acondicionamento dunha vía de comunicación en Suevos

O pasado 11 de xaneiro entregamos no rexistro municipal do Concello da Baña a seguinte solicitude para que sexa acondicionada a vía de comunicación situada no lugar de Suevos, na parroquia que leva o mesmo nome, xa que se atopa en moi mal estado, dificultando a circulación por ela ademais de ser un grave problema

Read More

Información sobre o novo bono social eléctrico (ACTUALIZADO – SETEMBRO 2018)

PRAZO PARA RENOVAR O BONO SOCIAL ELÉCTRICO ATA O 8 DE OUTUBRO DE 2018 O  Bono Social naceu como unha solución para rematar coa pobreza enerxética e está claro que é a mellor alternativa para evitar que o elevado e cambiante prezo da luz desestabilice aínda máis as minguadas economías domésticas, como está sucedendo nesta

Read More

Presentación do proxecto “Descubrindo as nosas músicas” e dos libros de Beatriz e Alberto Cancela o venres 29 de decembro na Baña

O vindeiro venres 29 de decembro terá lugar, na Casa de Cultura da Baña, a presentación dos libros “Chané – O nacemento da Música Popular Galega. Compostela, Coruña, A Habana” de Alberto Cancela, e “A banda municipal de Santiago. Música nas compostelanas rúas dende 1848″ de Beatriz Cancela. Ambos os dous irmán tamén farán unha

Read More

Crónica do pleno extraordinario do 19 de decembro de 2017 (POS+2018)

A sesión comeza ás 14:00 h., coa ausencia do concelleiro Manuel Tourís (PP) cos seguintes puntos na orde do día: Pronunciamento do Pleno sobre a urxencia da sesión. Plan Único de Concellos POS + 2018 Respecto ao punto 1, o noso concelleiro, César Ramos, é o único que intervén neste punto dicindo que a xustificación

Read More

Falta de claridade e escurantismo por parte do Concello no proxecto da reitoral de Monte

O pasado mes de abril saltou á prensa, en concreto a “El Correo Gallego”, de forma sorpresiva a nova de que Rocío Mosquera (exconselleira de sanidade do PP) aseguraba que a Casa Reitoral de S. Mamede será unha casa fogar para nenos discapacitados, e tal como especifica a propia nova, di textualmente “ya está prácticamente

Read More

Crónica do pleno ordinario de 29 de novembro de 2017

Foto: Adiantegalicia A sesión comeza ás 14:00 horas coa asistencia de toda a Corporación excepto Alicia Blanco Sande que se incorpora minutos despois de dar comezo a sesión. 1.- Aprobación, se procede, das actas anteriores. As actas son aprobadas sen alegacións, só unha puntualización do portavoz do PSOE onde se fai mención á súa persoa

Read More