As subvencións da Deputación neste 2015 para o Concello

No seguinte enlace podedes descargar a seguinte tabla de datos sobre as subvencións concedidas este ano pola Deputación da Coruña para o noso concello.

Subvencións deputación 2015

Sen contar o financiamento dos servizos sociais do concello, as subvencións de maior cuantía son para o punto de atención á infancia (16.697 euros), para o acondicionamento, recuperación ambiental e mantemento das rutas de sendeirismo (14.180 euros) e para a escola de música (9.998 euros). En total, son 15 subvencións as concedidas para eventos culturais, talleres, escolas…