As peticións de Compromiso A Baña para o entroido 2017.

Agora que se publicou o programa do entroido deste ano, desde Compromiso queremos recordar as peticións que fixemos o ano pasado para que se incluíran neste entroido. [Os vídeos incluídos neste artigo comezan no minuto no cal se fala sobre este tema.]

En primeiro lugar, pedimos a recuperación do premio de carrozas. No pleno de xaneiro do 2016 fixemos chegar o noso descontento pola supresión do premio de carrozas no desfile municipal, xa que diversos colectivos da Baña foron referente durante anos na creación das carrozas, conseguindo premios nos festivais máis representativos da provincia. A concelleira de cultura declarou que se premiaba ao conxunto de comparsa e carroza, e que se unha comparsa levaba carroza, esta aumentaba a puntuación. Tamén citamos a posibilidade de que se convocaran axudas públicas a colectivos bañeses para a construcción ou transporte de carrozas.

Chegou o día do entroido, e por mor do temporal, non se puido celebrar. Tampouco nunha segunda ocasión. Compromiso preguntou no pleno de marzo que se iba a facer ao respecto co entroido: se se iba pospoñer, se se faría outra actividade ou se se engadiría a contía dos premios aos do vindeiro ano. Tamén puxemos énfase en que a suspensión fíxose tarde e con falta de previsión, e que se podía realizar noutro espazo como o pavillón. Respondía o alcalde con: “Suspendense e que pasa? […] É o sentido común, a procesión de Semana santa suspéndese porque chove, e choran en Sevilla, e non se volve a facer.” García style!

No seguinte pleno ordinario, o do mes de maio, o alcalde contestábanos á pregunta anterior con que si que iban reforzar os premios, como así foi.

Como non pode ser doutra maneira, desde Compromiso animamos a todas e todos a que asistan e participen no entroido da Baña o vindeiro sábado 4 de marzo.

entroido 2017