Apatía e desinterese do PP da Baña por difundir a historia e homenaxear aos persoeiros do seu propio concello.

Dende que CxG A Baña conseguiu representación na Corporación Municipal do Concello da Baña nas eleccións de 2015 comezamos a traballar na difusión da historia do noso Concello e na posta en valor do traballo desenvolvido por persoeiros da Baña, unha tarefa que levaba moitos anos esquecida por parte do goberno municipal.  Lembremos que un dos puntos do programa electoral co que nos presentamos ás eleccións dicía “promoción das persoas ilustres do noso Concello”.

Os veciños e veciñas da Baña temos que sufrir o bochorno de que outros Concellos homenaxeen ás nosas personalidades

IMG_20190307_201022332O alcalde de Negreira entregando un galardón a Beni Castro, a matrona do centro médico da Baña
13227227_10209657279059170_6203995779867492313x_nAula dedicada a Avelino Pousa Antelo no IES Xulián Magariños de Negreira

O PP, que leva 24 anos gobernando o Concello da Baña, mostra unha total apatía e desidia por poñer en valor o traballo desenvolvido polos persoeiros que naceron na Baña ou desenvolveron un importante traballo no noso Concello, de forma que os veciños e veciñas da Baña temos que sufrir o bochorno de que outros Concellos homenaxeen ás nosas personalidades mentres que o alcalde da Baña asista a esas homenaxes como simple espectador, tal como pasou o pasado 7 de marzo coa homenaxe que lle rendeu o Concello de Negreira a Benigna Castro (Beni) a matrona do Centro de Saúde da Baña ou a Avelino Pousa Antelo na homenaxe que lle rendeu o IES Xulián Magariños de Negreira poñéndolle o seu nome a unha aula.

CxG aposta pola difusión da historia da Baña e dos seus persoeiros

Dende CxG A Baña tentamos dende a nosa humilde posición difundir a nosa historia e o importante labor de persoeiros que veu nacer o noso Concello a través de publicacións nas redes sociais e na organización de homenaxes, charlas, exposicions e outras actividades culturais.

Dende o Concello da Baña obviase por completo esta tarefa de divulgación e posta en valor da historia do Concello da Baña e as súas personalidades, algo que debería ser de obrigado cumprimento por calquera entidade local. Nada se fixo dende o Concello cando se cumpriron 100 anos de que a Baña recibira o título de “villa” polo rei Alfonso XIII, cando se cumpriron 20 anos do pasamento de Daniel García Ramos, o único fillo predilecto do Concello da Baña, nin cando se cumpriron 20 anos da desaparición do Doutor en Historia José Manuel Pose Antelo, non se celebrou ningunha homenaxe nin sequera se fixo unha humilde publicación na páxina web do Concello ou nota de prensa a modo de homenaxe.

pers3Nova publicada en “El Correo Gallego”

O Concello tampouco se preocupou por poñer en valor o traballo desenvolvido por José Fernández da Ponte, persoa moi ligada ao Concello da Baña que foi mestre no “Colexio Cuba” e que lle foi concedida a “Cruz de Alfonso X el sabio” polos seus méritos como docente, ou o traballo do doutor en Historia da Arte e autor da obra “El arte en el Valle de Barcala”, Xosé Cardeso Liñares. Sen contar o desprestixio e falta de sensibilidade mostrada polo alcalde da Baña en referencia a Avelino Pousa Antelo, se cadra o persoeiro máis importante que veu nacer o Concello da Baña e que recibe continuamente homenaxes noutros puntos da xeografía galega: Negreira, Pontecesures, Sarria, Compostela, Teo, etc. pero o señor alcalde négase a renderlle unha xusta homenaxe no Concello onde naceu. Lembremos que o Consello Escolar do CPI de S. Vicente por maioría decidiu que o centro educativo levara o nome de Avelino Pousa Antelo pero non se chegou a realizar debido á oposición do señor García Cardeso. O señor alcalde tampouco cumpriu o prometido en setembro do ano 2016 cando asegurou que ía tentar de axilizar os trámites para facelo Fillo Predilecto do Concello da Baña. VER ARTIGO PUBLICADO NA NOSA WEB SOBRE AVELINO POUSA ANTELO

fernandez_da_ponte_26_agosto_recortadaPublicación sobre José Fernández da Ponte publicada no Facebook de CxG A Baña

Cun só concelleiro na Corporación fomos o grupo político que máis apostou pola cultura nesta lexislatura.

A continuación imos facer un resumo de todas as actividades realizadas por Compromiso por Galicia a Baña na promoción e difusión da nosa historia, das nosas personalidades e do traballo dos nosos veciños e veciñas, tendo en conta que actualmente CxG só ten un concelleiro na Corporación Municipal.

Homenaxe á “Unión Barcalesa de La Habana” no seu 110 aniversario. Celebramos un acto de homenaxe o  3 de novembro de 2017 e trouxemos á Baña a mostra fotográfica “Luces de Alén Mar” en homenaxe ao traballo desenvolvido polos emigrantes americanos.

pers2Nova publicada en “El Correo Gallego” sobre a homenaxe á Unión Barcalesa de la Habana

Presentación dos libros dos irmáns Cancela. O 29 de decembro de 2017 celebramos a presentación dos libros “Chané, o nacemento da música popular galega” de Alberto Cancela e “La Banda municipal de Santiago” de Beatriz Cancela, ambos os dous veciños do Concello da Baña que tamén deron a coñecer o seu proxecto de recuperación musical “Descubrindo as nosas musicas”.

IMG-20171229-WA0022Alberto Cancela, Beatriz Cancela e César Ramos no acto celebrado na Casa de Cultura da Baña

Homenaxe a Daniel García Ramos no vixésimo aniversario do seu pasamento. Fixemos unha ofrenda floral no busto de pedra da praza do Concello na compaña dalgúns dos seus familiares.

pers1Nova publicada en “La Voz de Galicia” sobre a homenaxe de CxG no 20 aniversario do pasamento de Daniel García Ramos

Homenaxe a Avelino Pousa Antelo. O 11 de maio de 2018 organizamos a modo de homenaxe polo 104 anos do seu nacemento, a presentación do documental audiovisual e do libro: “Lembranzas e reflexións de Avelino Pousa Antelo” onde foron citados escritores da entidade de David Otero, Amancio Liñares e Marica Campo. Tamén organizamos unha charla no CPI de S. Vicente para que o alumnado coñecera a vida e obra de Avelino Pousa Antelo na que tamén asistiron o poeta Fernández Abella, Amancio Liñares Giraut, David Otero e a escritora Fina Casalderrey.

IMG-20161021-WA0049Charla celebrada no CPI de S. Vicente sobre Avelino Pousa Antelo

“Exposición fotográfica A Baña, imaxes de onte, lembranzas de hoxe”. A través dunha exposición fotográfica exposta nos bares da capital bañense queixemos poñer en valor o traballo desenvolvido polo fotógrafo Javier Iglesias Ramos ademais de dar a coñecer os nosos costumes, as nosas festas, os nosos persoeiros, as nosas tabernas e as nosas angueiras. A exposición tivo tanto éxito que tamén se abriu ao publico posteriormente na taberna do Barro.

20170303_214721Inauguración da exposición fotográfica de Javier Iglesias Ramos “A Baña, imaxes de onte, lembranzas de hoxe” organizada por CxG

“Historia do noso Concello”, a través do noso perfil de Facebook publicamos diferentes artigos, efemérides e noticias relacionadas coa nosa historia e a nosa cultura.

clone tag: -4684787949882682691

Titular de “El Correo Gallego” sobre as publicacións no Facebook de CxG sobre a “Historia do noso Concello”

“Homenaxe á SD A Baña no seu 40 aniversario”. O pasado 29 de decembro celebramos no Campo de Fútbol Municipal da Baña un partido homenaxe para celebrar o 40 aniversario da S.D A Baña no que foron homenaxeadas todas as directivas da historia do equipo de fútbol da Baña.

 IMG_4586César Ramos, David Gontán e José Manuel Suárez de CxG na entrega dos galardóns aos presidentes da Historia da S.D. A Baña

“Homenaxe á Antonio Martínez, O Cubano”. Na nosa canle de Youtube publicamos unha montaxe de video sobre a homenaxe que lle rendera a S. D. A Baña no ano 2000 por toda unha vida dedicada ao clube. Dende CxG Tamén lle solicitamos ao grupo de goberno que organizara unha homenaxe e que valorara poñerlle o seu nome ao Campo de Fútbol Municipal, proposta que non tivo en conta o grupo de goberno.

“Un pobo que non coñece a súa historia está condenado a repetila” (Confucio).

En varios plenos solicitámoslle ao alcalde da Baña que debería ter máis sensibilidade pola cultura e pola historia do seu Concello pero o certo que é máis común asistir a homenaxes ás nosas personalidades celebrados noutras comarcas que no Concello da Baña. A continuación ofrecemos as palabras do noso concelleiro, César Ramos, no pleno ordinario de marzo de 2018:

“O pasado 21 de febreiro cumpríronse 20 anos do falecemento de Daniel García Ramos (fillo predilecto do Concello da Baña), o 13 de marzo cumpríronse 19 anos do pasamento de José Manuel Pose Antelo, o 14 de marzo cumpríronse 100 anos de que fora concedido á Baña o título de “Villa” e dende o Concello non se fixo ningún tipo de celebración ou homenaxe, nin sequera unha cita na web municipal. Parece que a este grupo de goberno non lle gusta homenaxear aos persoeiros do Concello nin celebrar as datas importantes. Solicitamos dende o noso grupo político que se teña máis en conta poñer en valor e lembrar dalgunha maneira a estes persoeiros importantes da Baña para que sirvan de exemplo e/ou polo menos informar destas efemérides. Consecuentemente con isto, gustaríanos que se homenaxeara a Manuel Pose no vixésimo aniversario do seu pasamento”. VER IMAXES DESA PREGUNTA PLENO

FOTO_POSE__1Publicación en homenaxe a José Manuel Pose Antelo no 19 aniversario do seu pasamento