Ángel Castro Silva, o 5º da lista electoral

Angel

O meu nome é Ángel Castro Silva. Teño 36 anos e son veciño de Chantada, na parroquia de San Cibrán.

Son graduado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, e completei a miña formación académica co estudo de dous máster. O primeiro deles vencellado ao mundo do Profesorado na rama das Ciencias Sociais e Humanidades (USC), namentres que o segundo, especializoume no ámbito da Comunicación Transmedia (UNED).

Pasei polas redaccións da Radio Galega, a revista Luzes, a Axencia EFE e o Gabinete de Prensa da Deputación da Coruña, entre outras. Ademais, durante estes últimos anos participei en diferentes programas e proxectos que mesturaron as miñas tres grandes paixóns: a información, a cultura e a educación.

Persoalmente, concibo a política como unha das actividades máis nobres e de maior responsabilidade que pode desempeñar unha persoa durante a súa vida, iso sí, sempre e cando se leve a cabo desde a máis estrita honestidade, a transparencia e a procura do ben común.

É por todos estes motivos polos que para as vindeiras eleccións municipais aceptei dar un paso á fronte e incorporarme ao grande proxecto político que representa Compromiso por Galicia para a Baña. Así, fico plenamente convencido de que a formación, o traballo e a ilusión de tódalas persoas que integran CxG A Baña poden garantir un futuro mellor para o noso Concello.

Se contamos co voso apoio e compromiso, A Baña rexurdirá.